O uso xeneralizado da máscara está a demostrarse como unha das medidas máis eficaces para previr a transmisión da enfermidade, polo que resulta necesario reforzar a súa utilización, ampliando os supostos en que o seu uso resulta obrigatorio, co fin de evitar, especialmente, que as persoas asintomáticas que non coñecen a súa condición de portadoras da infección procedan á súa transmisión.
De acordo co exposto, procede modificar o anexo do acordo en relación coas medidas de prevención sobre o uso de máscaras, ante a importancia que o seu uso reviste para controlar os eventuais abrochos.
Ademais, resulta necesario establecer unha prohibición expresa da actividade habitualmente coñecida como “botellón”, tendo en conta os riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas e coa ausencia ou relaxación de medidas de seguridade e de distanciamento persoal.
Distancia de seguridade interpersoal.
Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuadas e etiqueta respiratoria
Obrigatoriedade do uso de máscaras
Obriga xeral.
Para as persoas de 6 anos ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
Tamén será obrigatorio o seu uso nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús ou por ferrocarril, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor.
Regras específicas.
Na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica, aplicarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no protocolo das federacións deportivas respectivas.
No caso de colectivos artísticos que desenvolvan actos e espectáculos culturais, aplicaranse as regras específicas do número 2.9 e, respecto da produción e rodaxe de obras audiovisuais, aplicaranse as medidas previstas no número 2.10.
No caso dos coros e agrupacións vocais de canto, das orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, da celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares e da actividade formativa en conservatorios, escolas de música e danza, observarase o indicado especificamente nas medidas recollidas nos números 2.11, 2.12, 3.33 e 3.41, respectivamente.
Nos centros docentes observarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no correspondente protocolo.
Condicións de uso da máscara.
Esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído.
Ademais, a máscara que se debe empregar non deberá estar provista de válvula exhalatoria, agás nos usos profesionais para os cales este tipo de máscara poida estar recomendada.
Excepcións á obriga de uso da máscara.
Cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.
Nas praias e piscinas, durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas.
Nos establecementos de hostalaría e restauración, por parte dos clientes do establecemento exclusivamente no momento específico do consumo.
No interior dos cuartos de establecementos de aloxamento turístico e outros espazos similares, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen no cuarto.
Nos buques e embarcacións de transporte de competencia autonómica, no interior dos camarotes, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen no camarote.
No caso de exercicio de deporte individual ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva e sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento da distancia de dous metros con outras persoas non conviventes.
No caso de actividade física e deportiva en instalacións e centros deportivos, sempre que se poida garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal en todo momento, exclusivamente durante a realización das ditas actividades e tendo en conta o protocolo publicado para a dita instalación.
En supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.
Recomendación.
Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, aínda que se poida garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.
O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal:
– Entre traballadores e público.
– En instalacións.
– En locais e establecementos.
– No interior dos locais e establecementos e nas zonas comúns e recreativas, como as zonas infantís ou áreas de descanso.
– Mercados.
– As actividades de animación ou clases grupais.
– Guías.
– Actividade cinexética.
– Pesca fluvial e marítima.
– Turismo activo e de natureza organizadas por empresas habilitadas.
– Lonxas.
Máis información: