BASES DO PROGRAMA I MICROEMPRESAS (TR400B) E PROGRAMA II HOSTALARÍA (TR400C).

Esta convocatoria de axudas ten dous programas:

  • Programa I de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR400B).
  • Programa II de apoio ao sector da hostalaría (TR400C).

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I (microempresas) e anexo III (hostalaría), segundo o procedemento escollido na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberá cubrir, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

PROGRAMA I. MICROEMPRESAS (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR400B)

 

BENEFICIARIAS

1. As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica e, excepcionalmente, as pemes sempre desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados. As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.

Que teñan ou tivesen autorizado un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.

– Que a facturación baixase polo menos o 45 % no ano 2020, realizándose unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019 e os tres primeiros trimestres do ano 2020.

 

2. Entenderase como actividade especialmente paralizada:

a) En todo caso o lecer nocturno. (discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, establecemento de salas de concertos, os establecementos de café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco, os establecementos de cafés categoría especial e karaokes)

b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades en que non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:

CNAE 4932: transporte por taxi.

CNAE 5010: transporte marítimo de pasaxeiros.

CNAE 5030: transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.

CNAE 5621: provisión de comidas preparadas para eventos.

CNAE 5914: actividades de exhibición cinematográfica.

CNAE 7911: actividades das axencias de viaxes.

CNAE 7912: actividades dos operadores turísticos.

CNAE 7990: outros servizos de reservas e actividades relacionadas con eles.

CNAE 8230: organización de convencións e feiras de mostras.

CNAE 9001: artes escénicas.

CNAE 9002: actividades auxiliares ás artes escénicas.

CNAE 9004: xestión de salas de espectáculos.

CNAE 9321: actividades dos parques de atraccións e dos parques temáticos.

CNAE 9329: outras actividades recreativas e de entretemento.

Para maior información poden chamar ao teléfono 900 81 56 00 ou na web www.oficinadoautonomo.gal.

 

IMPORTES DAS AXUDAS

a) A axuda será de 4.000 €, que se aboará en dous pagamentos de 2.000 € na anualidade 2020 e de 2.000 € na anualidade 2021. (Traballadores autónomos con traballadores ao seu cargo e microempresas)

 

b) A axuda será de 5.000 € para as persoas ou entidades beneficiarias que pertenzan aos sectores especialmente paralizados Esta axuda aboarase en dous pagamentos de 2.500 € cada un deles, o primeiro pagamento realizarase xunto coa concesión da axuda na anualidade 2020 e o segundo farase na anualidade 2021. (Traballadores autónomos con traballadores ao seu cargo, microempresas e pemes que formen parte da actividade especialmente paralizada).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 28 de novembro ata o 28 de decembro, salvo agotamento de crédito.

 

SOLICITUDES DE SUBVENCIÓN DO PROGRAMA I

As solicitudes de subvención reguladas neste programa deberán presentarse no modelo de solicitude que figuran como anexo I, xunto coa documentación e no prazo establecido. Na solicitude vén recollida unha declaración responsable de obrigatorio cumprimento onde se declare:

– Que teño persoal contratado por conta allea.

– Que ten o domicilio fiscal en Galicia.

– Que cumpre todos os requisitos sinalados para ser beneficiaria da axuda establecida nesta orde no artigo 18.

– No caso de ser peme, que pertence a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada como consecuencia da COVID-19.

– Que non está incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de beneficiaria segundo o establecido nesta orde.

– Que está ao día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social e non ten pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Que a beneficiaria non está afectada polo réxime de minimis a que se acolle esta orde.

– Que son veraces todos os datos reflectidos nesta declaración responsable.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: Cando se actúe mediante representación deberá achegarse poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada.

 

OBRIGAS ESPECÍFICAS DAS PERSOAS OU ENTIDADES BENEFICIARIAS DESTE PROGRAMA

1. As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde de axudas.

 

2. Para a xustificación da redución de facturación sinalada no artigo 18 deberá cubrirse o anexo II, declaración de baixada de facturación. E deberán presentarse as xustificacións conforme a situación de cada empresa beneficiaria:

– Declaracións do IVE trimestral (modelos 303) dos catro trimestres de 2019 e dos tres primeiros trimestres de 2020 ou declaracións trimestral do IRPF (modelo 130) dos catro trimestres de 2019 e dos tres primeiros trimestres de 2020.

– No caso de que as persoas ou entidades solicitantes tributen no réxime de estimación obxectiva ou módulos, a diminución de facturación establecida no artigo 18 deberase demostrar coas copias, referidas aos períodos de comparación, do libro de facturas emitidas e recibidas ou libro diario de ingresos e gastos ou libro rexistro de vendas e ingresos ou o libro de compras e gastos ou calquera outra forma admitida en dereito para acreditar a diminución na facturación.

 

Esta documentación deberá achegarse antes de que transcorra un mes desde a concesión da axuda e, en todo caso, antes do 31 de xaneiro para, de ser o caso, proceder ao segundo pagamento.

 

3. Para a xustificación do mantemento de emprego da obriga do artigo 29.1 desta orde, a persoa ou entidade solicitante debera entregar o informe de vida laboral de código conta cotización que comprenda o período do mes da solicitude e dos seis meses de mantemento do emprego, unha vez cumprido este.

 

PROGRAMA II. HOSTALARÍA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR400C)

 

BENEFICIARIAS

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes do sector de hostalaría; tamén se consideran dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos que cumpran estes requisitos:

Ter domicilio fiscal en Galicia.

Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ou de peche perimetral do concello en que se sitúen os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes que se relacionan: (DOG núm. 203-bis, do 7 de outubro), (DOG núm. 223-bis, do 4 de novembro), (DOG núm. 230-bis, do 13 de novembro), (DOG núm. 230-bis, do 13 de novembro), ou en calquera outra orde ou disposición ditada pola autoridade sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia ata o remate do prazo de solicitudes.

Ter pechada a actividade durante un mínimo de dúas semanas. Entenderase que está afectado polo peche aquela actividade económica que non permita o consumo dos clientes dentro do establecemento ou nas súas terrazas.

 

IMPORTES DAS AXUDAS

A axuda por establecemento será de 1.500 € por mes de paralización da actividade, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional por períodos de dúas semanas. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 750 €.

 

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 (pemes) percibirán a cantidade de 2.000 € por mes paralizado, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 1.000 €.

 

As axudas serán por establecemento paralizado, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda.

Para o cálculo das semanas pechadas terase en conta o tempo que estivo nesa situación ata o momento da presentación da solicitude de axuda.

 

Para maior información poden chamar ao teléfono 900 81 56 00 ou na web www.oficinadoautonomo.gal.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 28 de novembro ata o 28 de decembro, salvo agotamento de crédito.

 

SOLICITUDES DE SUBVENCIÓN DO PROGRAMA II

As solicitudes de subvención reguladas neste programa deberán presentarse no modelo de solicitude que figura como anexo III. Na solicitude vén recollida unha declaración responsable de obrigatoria formalización onde se declare:

– Que ten o domicilio fiscal en Galicia.

– Que os establecementos están nalgún concello afectado pola normativa de peche ditada pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia.

– Que cumpre todos os requisitos sinalados para ser beneficiaria da axuda establecida nesta orde no artigo 32.

– Que non está incursa en ningunha das  circunstancias que prohiben obter a condición de beneficiaria segundo o establecido nesta orde.

– Que está ao día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Que a persoa ou entidade beneficiaria non está afectada polo réxime de minimis a que se acolle esta orde.

– Que son veraces todos os datos reflectidos nesta declaración responsable.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: Cando se actúe mediante representación deberá achegarse poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada.

 

FORMA DE PAGAMENTO

O aboamento das subvencións reguladas neste programa realizarase polo 100% no ano 2020.

XUSTIFICACIÓN «AXUDA REACTIVA TUI»

Antes do 15 de decembro, aquelas persoas que solicitaron a axuda Reactiva Tui, deberan achegar a documentación solicitada na fase de xustificación.

 

Prazo: antes do 15 de Decembro.

Presentarase:

  • ANEXO IV.
  • Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicacións das actividades realizadas e dos resultados obtidos. (EXTENSIÓN MÁXIMA 1 FOLIO).
  • Facturas orixinais e xustificantes de pago bancario que acrediten a realización dos gastos das liñas 2, 3 e 4.
  • ANEXO V.

No caso de incluír as facturas e xustificantes de pago coa presentación do anexo III, esta fase só implicará a presentación do ANEXO IV, a Memoria, e o ANEXO V.

 

Documentación relacionada:

PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS – TR400A

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.

 

Para as axudas previstas no artigo 7.1.b), as persoas traballadoras autónomas que ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior deberán estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

 

Entenderase como actividade especialmente paralizada:

a) Lecer nocturno (establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, establecemento de salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga punto anteriores, os establecementos que aínda teñan a consideración de café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco, os establecementos que aínda teñan a consideración de cafés categoría especial e karaokes).

 

b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

 

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:

CNAE 4932. Transporte por taxi.

CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros.

CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.

CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos.

CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica.

CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes.

CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos.

CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles.

CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.

CNAE 9001. Artes escénicas.

CNAE 9002. Actividades auxiliares ás artes escénicas.

CNAE 9004. Xestión de salas de espectáculos.

CNAE 9321. Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.

CNAE 9329. Outras actividades recreativas e de entretemento.

 

REQUISITOS E OBLIGACIÓNS

– Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a
proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención o que se acreditará coa declaración responsable.

– As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manter a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia durante un tempo mínimo de dous meses desde o 18/11/2020.

 

AXUDAS

As axudas serán:

a) 1.200 € para as persoas traballadora autónoma que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 6.1.

b) 2.000 € para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada tal e como vén definido no artigo 6.2.

As axudas previstas de 1.200 € ou de 2.000 € non son acumulables.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (18 de decembro de 2020).

 

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberá cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

 

COMPROMISO

Manter a actividade económica de alta durante 2 meses desde a publicación da orde de axudas.


 

DESCONTOS EN LA PETITE FLEUR.

Non podes deixar escapar esta oportunidade, pásate por La Petite FLEUR, na Praza de Galicia, 20, Tui.
 
¡¡ PRENDAS A 9,99€ ; 19,99€ ; 39,99€ ; e -50% !! Ata fin de existencias.
 
A que agardas ??

LIQUIDACIÓN DE STOCK EN EL ARMARIO CURVY

¡¡ PRENDAS A 9,90€ – 14,90€ – 19,90€ – 24,90€ – 29,90€ !!

Non deixes escapar esta oportunidade, pásate pola tenda na Rúa Augusto González Besada, 8, Tui.

Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad