CAMPAÑA SAN VALENTÍN

A Concellería de Comercio do Concello de Tui lanza a campaña Tui é un amor. Namórate de Tui con motivo da celebración de San Valentín.

 

Este ano ademáis de decorar as rúas coas pezas deseñadas e que foron estreadas con motivo de San Valentín no ano 2020 engadiron un sorteo de 10 vales por valor de 30 euros cada un co obxectivo de premiar as compras no comercio local.

 

A campaña comeza o luns 7 de febreiro e remata o 14 de febreiro, ambos incluidos.

 

Aqueles establecementos que expresamente soliciten participar na campaña entregaran aos seus clientes rifas por aquelas compras superiores a 10 euros no comercio ou a 5 euros de consumo en hostalaría e que sexan realizadas entre as datas que dure a campaña. Para recibir o premio será imprescindible presentar o tiket de compra do establecemento en cuestión.

O venres 25 de febreiro, realizarase o sorteo no que se adxudicaran os 10 vales de 30 euros en directo a través da RMT con todas as papeletas recollidas polos establecementos participantes.

Os vales de agasallo só poderán trocarse na listaxe de establecementos comerciais participantes que será publicado na web municipal tui.gal o martes 15 de febreiro.

 

A campaña Tui é un amor. Namorate de Tui pretende varios obxectivos coa finalidade de dinamizar as compras no comercio local, así por unha banda convida os visitantes a vir coñecer Tui e a namorarse de todo o que esta cidade lle ofrece, doutra banda lanza unha mensaxe directa á cidadanía do importante que é coidar o noso e demostrarlle a Tui que a queremos e por último lembra ao comerciante o importante de esforzarse por namorar e cautivar aos seus clientes cos seus produtos, atención e servizos.

 


LISTADO DE COMERCIOS PARTICIPANTES:

https://tui.gal/gl/novas/listaxe-de-establecementos-participantes-na-campana-tui-e-un-amor

LISTADO DE PAPELETAS PREMIADAS: