Asociación de Comerciantes de Tui nace inicialmente con esa denominación en febreiro de 1996 da man de Manuel Solla Comesaña, Mª Pilar Fernández Ferreiro, Alejo Núñez Solleiro e Mª Dolores Martínez Novas como Xunta Directiva provisional.

A motivación inicial era que o conxunto comercial e os consumidores, a su vez, se beneficiasen dunha tarxeta de pago aprazado desenvolta polo Banco de Galicia nese momento e que xa viñan utilizando outras asociacións das zonas colindantes; para as que era obligatorio establecerse como asociación.

Pouco a pouco van xurdindo novas ideas e proxectos, novos plans e actividades dirixidas á dinamización comercial e o número de asociados creceu notablemente. No ano 2001 a Asociación é recoñecida pola Xunta de Galicia como Centro Comercial Aberto.

Co paso do tempo, a Xunta Directiva vaise renovando e os membros fundadores, acusados polo desgaste, pasan o testigo a rostros novos que continúan a labor da Asociación.

Tras un período de baixa actividade debido principalmente á situación económica e á disolución do grupo directivo, á actual Asociación de Comerciantes e Industriales de Tui rexurde con máis forza e motivación.

Dende o 18 de marzo de 2014, data determinante na que se estableceu un punto e aparte entre o antes e o despois da asociación e a partir da cal comenzamos esta nova etapa, na que contamos cunha Xunta Directiva unida e co apoio masivo do comercio local para devolver á estructura comercial de Tui a vitalidade e o fortalecemento que poseía.

Después dunha profunda crisis, que a punto estuvo de disolver a Asociación de Comerciantes de Tui, en septembro de 2015 faise cargo da asociación unha nova executiva, que ten como obxetivo principal, o saneamento do seu pasivo, a dinamización da actividade do comercio con varios eventos que se levan a cabo, a negociación có centro comercial  Outlet Tui, dos temas pendentes de execución, o volver a manter unhas boas relacións coas institucions do Concello de Tui, o abrir as portas a todos os comerciantes da cidade que desexen estar con nos, a transparencia na asociación, a rendición de contas semestralmente en asamblea ordinaria, e a ilusión de futuro de facer un  proxecto en común con todas as asociacions de comerciantes do Baixo Miño.

O engranaxe comercial destas asociacións logrará que podamos traballar xuntos para consolidar e fortalecer  o pequeno comercio, facer proxectos en conxunto para presentalos á Xunta, e ter un grupo de asociacións que rixen o destino comercial de cuatro municipios, unidas nunha mesma sigla.

Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad