ADIANTO PRESTACIÓN DOS ERTES

Informámosvos que a Xunta de Galicia acaba de activar unha  linea de apoios para que cada persoa traballadora galega acollida a un  ERTE autorizado e que aínda non cobrase as prestacións por desemprego do Goberno Central poida recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750 Euros.

O convenio, acordado coas entidades financeiras, permitiralles solicitar un adianto ata que a Administración Estatal realice os pagos correspondentes.