BASES «AXUDA REACTIVA II»
CONCORRENCIA
A subvención é en réxime de concorrencia non competitiva, e dicir, terase en conta a orde temporal de entrada da solicitude ata terminar o crédito orzamentario destinado a esta finalidade.
PUBLICACIÓN
Unha vez publicadas as bases reguladoras no BOPPO, posteriormente publicarase o extracto da convocatoria no BOPPO, cuxa publicación iniciará o prazo de presentación de solicitudes a partir do primeiro día hábil seguinte.
REQUISITOS
Poderán solicitar a subvención previstas nas presentes Bases aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:
1. Que se trate dunha actividade empresarial, excepto aquelas actividades incluídas no epígrafe CNAE 9200.
2. Que a actividade sexa desenvolvida por unha persoa física (traballador autónomo), unha micro empresa ou pequena empresa.
3. Que sufriran unha baixada de facturación igual ou superior o 30%, no último trimestre do ano 2020 con respecto ao mesmo periodo do ano 2019. No caso de non poder realizarse a comparativa anterior por tratarse dunha empresa creada no ano 2020, terase en conta o anterior trimestre do ano 2020 ou aquel de maior facturación aos efectos de acreditar este extremo.
4. Que teña o seu domicilio fiscal no termo municipal de Tui.
5. Que a actividade empresarial exérzase nun local comercial ou negocio, específico e aberto ao público, situado no termo municipal de Tui.
6. Que o suxeito solicitante estea exento do Imposto de Actividades Económicas no exercicio fiscal de 2020.
7. Que estea dado de alta no réxime da Seguridade Social ou na Mutua profesional correspondente e na Axencia Estatal de Administración Tributaria no momento da presentación da solicitude.
8. Que estea ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias coa AEAT, TXSS, ATRIGA e o Concello de Tui.
CRITERIOS E CUANTIA DA SUBVENCIÓN
Establécese un límite máximo de subvención do 100% do total de gasto subvencionable cos límites seguintes por empresa/beneficiario:
- Persoa traballadora autónoma sen traballadores a cargo: ata un máximo de 1.000 Euros.
- Autónomos e microempresas con ata 5 traballadores a cargo: ata un máximo 1.200 Euros.
- Autónomos e microempresas, con entre 6 e 10 traballadores a cargo: ata un máximo 1.500 Euros.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Liña 1: Gastos correntes
– Gastos de alugueiro do local ou instalación.
– Gastos de arrendamento de maquinaria e/ou vehículos.
– Servizos profesionais independentes; xestoría, asesoría e consultoría.
– Gastos de suministro de auga, luz, gas e teléfono.
– Primas de seguros; seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Vinculados co exercicio da actividade económica.
– Mantemento de comunicacións: teléfono, internet, correos, mensaxería.
Liña 2: Axudas para financiar inversión
– Cotas de préstamos hipotecarios para compra do local comercial, (únicamente é subvencionable a amortización do capital financieiro).
– Axudas para financiar investimentos para acondicionamento de locais comerciais polos efectos do COVID-19 e para lograr espazos máis seguros.
– Compra de Equipos de purificación de aire con filtro HEPA
O periodo de imputación de gastos a esta subvención será dende o 07/11/2020 ata a data límite otourgada polo Concello de Tui para solicitar as axudas que rixen estas bases.
A solicitude poderá realizarse a unha soa liña ou as dúas, non debendo superar, en ningún caso a cantidade total que corresponda.
PRESENTACIÓN
As solicitudes para participar no presente procedemento haberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles, a contar desde o día hábil seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As solicitudes deberán formularse no MODELO DE SOLICITUDE NORMALIZADO, acompañado da DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA a través da sede electrónica de acceso ao Rexistro Electrónico do Concello de Tui.
Documentación para a presentación:
Solicitude (segundo modelo normalizado) que deberá estar asinada pola persoa interesada ou o seu representante legal e que inclua o esixido nas bases.
É obrigatorio presentar, no momento da solicitude, a xustificación dos gastos subvencionados e o resto da documentación esixida nestas bases.
Documentación complementaria (acompañando á solicitude):
En caso de persoa física:
a) DNI polas dúas caras ou NIE acompañado do pasaporte.
b) Certificado actualizado de Situación Censual Actualizado.
c) Resolución/certificación da alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou a Mutua profesional correspondente.
d) Informe de Vida Laboral da Empresa expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social a data 07/11/2020.
e) Informe da media de traballadores da empresa expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social a data 07/11/2020.
f) Documento acreditativo da titularidade da conta bancaria na que se deba facer o ingreso do importe da subvención e cuxo titular sexa o mesmo solicitante.
g) Facturas que acrediten os gastos imputados a esta convocatoria de axudas e os xustificantes bancarios do pagamento correspondentes.
h) Se o gasto subvencionado corresponde a alugueiro, terase que presentar o contrato de alugueiro do local e se corresponde a préstamo hipotecario o contrato do mésmo; ademais deberán presentar as facturas correspondentes ao período subvencionable e xustificantes bancarios do seu pagamento.
No caso de préstamos hipotecarios, deberán presentar documentación no que se demostre a desagregación da amortización do capital financiero, dos intereses e/ou comisión bancarias.
i) Xustificante da redución igual ou superior ao 30% da facturación do cuarto trimestre do ano 2020.
A baixada de facturación acreditarase con calquera das seguintes modalidades:
1) Estimación directa: mediante a declaración de IVE anual (modelo 390) dos anos 2019 e 2020 ou declaracións trimestrais de IVE (modelos 303), declaración trimestral do IRPF (modelo 130) do IV trimestre do ano 2019 co IV trimestre do ano 2020.
2) No caso de que as persoas ou entidades solicitantes tributen no réxime de estimación obxectiva ou módulos, a diminución de facturación establecida no artigo 18 deberase acreditar coas copias, referidas aos períodos de comparación, do libro de facturas emitidas e recibidas, ou libro diario de ingresos e gastos, ou libro de rexistro de vendas e ingresos, ou o libro de
compras e gastos, ou calquera outra forma admitida en dereito para acreditar a diminución na facturación, como poden ser, entre outros e tendo en conta a actividade económica, a presentación de descenso de consumo de enerxía eléctrica, copia do rexistro de caixa ou cobros
e pagos por TPV, ou calquera outro medio, dos anos 2019 e 2020.
En caso de persoas xurídicas, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica:
a) CIF da persoa xurídica, sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica.
b) Certificado actualizado de Situación Censual actualizado.
c) Escritura de constitución e os estatutos da persoa xurídica actualizados, inscritos no correspondente Rexistro. No seu caso, contrato de constitución da sociedade civil, comunidade de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica.
d) Acreditación de poderes da persoa administradora e da que presenta a solicitude en caso de non ser a mesma persoa.
e) DNI polas dúas caras ou NIE da persoa administradora e da persoa que presenta a solicitude en caso de non ser a mesma.
f) Informe de vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social de todas as persoas autónomas adscritas á entidade solicitante.
g) Informe da media de traballadores da empresa emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social a data 07/11/2020. En caso de non poder presentar este documento, habería que presentar a inexistencia de Código de Conta de Cotización da empresa.
h) Informe de Vida Laboral da Empresa expedido pola Tesouraría xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores a data de 1 de decembro de 2020. En caso de non ter informe de Vida Laboral da Empresa, o xustificante acreditativo de non posuílo.
i) Documento acreditativo da titularidade da conta bancaria na que se deba facer o ingreso do importe da subvención e cuxo titular sexa o mesmo solicitante.
j) Facturas que acrediten os gastos imputados a esta convocatoria de axudas e os xustificantes bancarios de pago correspondentes.
k) Se o gasto subvencionado corresponde a alugueiro, terase que presentar o contrato de alugueiro do local e se corresponde a préstamo hipotecario, o contrato do mésmo; ademais deberán presentar as facturas correspondentes ao período subvencionable e xustificantes bancarios do seu pagamento.
No caso de préstamos hipotecarios, deberán presentar documentación no que se demostre a desagregación da amortización do capital financiero, dos intereses e/ou comisión bancarias.
l) Xustificante da redución igual ou superior ó 30% da facturación do cuarto trimestre do ano 2020.
A baixada de facturación acreditarase con calquera das seguintes modalidades:
1) Estimación directa: mediante a declaración de IVE anual (modelo 390) dos anos 2019 e 2020 ou declaracións trimestrais de IVE (modelos 303), declaración trimestral do IRPF (modelo 130) do IV trimestre do ano 2019 co IV trimestre do ano 2020.
2) No caso de que as persoas ou entidades solicitantes tributen no réxime de estimación obxectiva ou módulos, a diminución de facturación establecida no artigo 18 deberase acreditar coas copias, referidas aos períodos de comparación, do libro de facturas emitidas e recibidas, ou libro diario de ingresos e gastos, ou libro de rexistro de vendas e ingresos, ou o libro de compras e gastos, ou calquera outra forma admitida en dereito para acreditar a diminución na facturación, como poden ser, entre outros e tendo en conta a actividade económica, a presentación de descenso de consumo de enerxía eléctrica, copia do rexistro de caixa ou cobros e pagos por TPV, ou calquera outro medio, dos anos 2019 e 2020.
Declaración responsable asinada pola persoa interesada ou representante legal ou apoderado da persoa ou entidade solicitante que conterá o pronunciamento expreso sobre as cuestións das bases.
PROCEDEMENTO DE RESOLUCIÓN
Recibidas as solicitudes, comprobarase que os solicitantes cumpren
coa totalidade dos requisitos establecidos e tamén coa documentación recollida nas bases reguladoras, tramitándose a súa concesión por estrito orde de rexistro de entrada (data e hora) das solicitudes completas e correctas. No caso de non presentar nunha solicitude a documentación completa, considerarase como data de Rexistro de Entrada a data e hora da última presentación relativa á devandita solicitude.
Unha vez analizadas todas as solicitudes, emitirase un listado provisional de Admitidos e Excluídos. Este listado publicarase para os efectos de notificación as persoas interesadas na páxina Web municipal e a través do taboleiro de anuncios electrónico do Concello, e contemplará o motivo da exclusión de cada unha das solicitudes non admitidas.
Unha vez que se publique este listado, as persoas ou entidades excluídas disporán dun prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno, ou de ser o caso, emenden a súa solicitude e presenten a documentación requirida.
Trascorrido o prazo de presentación de alegacións, procederase a emitir listado definitivo de admitidos e excluídos desta convocatoria de axudas e á súa posterior publicación.
O prazo máximo para a resolución do procedemento será de seis meses, dende a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
PAGO DAS AXUDAS
O pagamento destas subvencións realizarase nun pago único pola totalidade do importe concedido, mediante transferencia bancaria, a partir da data da resolución definitiva de concesión.
Descarga dos modelos, ou tramitación electrónica:
Documentación que teredes que recopilar para a presentación: