Tú-y D´Tapas

Durante os venres de Marzo dende as 19:00h ata as 23:00h disfruta dun roteiro polos 19 establecementos hostaleiros participantes e degusta as sabrosas tapas que presentan a un prezo de 1,50€.

Ademais selar en todos os locais a consumición das tapas pode ter premio, xa que se entregas nalgún local participante todo o roteiro selado co teu nome e teléfono entras na participación dun sorteo de 2 vales de 30€ e unha cea valorada en 50€ a consumir nos locais participantes nesta campaña.

Ven a Tuy e disfruta da nosa deliciosa gastronomía a prezo popular co mellor ambiente.

Campaña Día do Pai

Este ano os papás queren comercio local de Tui pola súa cercanía e calidade.

Dende o 1 ata o 19 de marzo en colaboración con máis de 30 comercios asociados presentamos a Campaña do día do Pai na que por compras superiores a 20€ recibirás unha participación para o sorteo de 2 vales de compra de 30€ nos comercios participantes nesta campaña.

O sorteo realizaráse na Radio Municipal de Tui.

San Solterín

Dende ACITUI en colaboración con EMMA TAPAS&BRUNCH, 4 ELEMENTOS, D´CALLE, TAPERIA ÉPOCA E BOCATERÍA BIPER imos organizar unha cea na que poida participar todo o mundo co fin de coñecer xente, compartir bos momentos, relacionarnos, falar e divertirnos.

O primeiro que tes que facer é reservar a túa praza no local e día elixido. A cea celebraráse o 21 e o 22 de febreiro a partir das 21:00h

O segundo, mercar un regalo de amigo invisible (importe máximo 5€) para levar a cea e agasallar a alguén. Podes encontrar artículos especiais en LAS FLORES DE RITA, FOTOGRAFIA CARPER, CONECTA TÉ, MERCA 99, TUI TÉ, GOMINOLAS NITOS, FLORISTERIA LA FLOR, FIADEIRAS E REFLEJOS.

Garda o teu ticket de compra para poder participar no sorteo de 2 vales regalo nos comercios asociados a campaña.

E por último, esperar ata o día reservado, ir o local reservado e disfrutar desta novidosa experiencia. Non olvides depositar tanto o ticket da cea como o do agasallo do amigo invisible no restaurante, deixa o teu número de teléfono e nome no ticket para participar no sorteo, así se es o elixido poderemos poñernos en contacto contigo.

FELIZ DÍA MAMÁ

Este 1 de Maio, as túas compras poden ter premio!!!

Coas compras realizadas dende o 18 de Abril ata o 1 de Maio, recibiredes unha papeleta para entrar no sorteo de 10 vales de 30€.

 

LISTADO GAÑADORES

FELIZ DÍA PAPÁ

Este 19 de Marzo, as túas compras poden ter premio!!!

Coas compras realizadas dende o 7 ao 19 de Marzo, recibiredes unha papeleta para entrar no sorteo de 10 vales de 30€.

LISTADO GAÑADORES:

CAMPAÑA SAN VALENTÍN

A Concellería de Comercio do Concello de Tui lanza a campaña Tui é un amor. Namórate de Tui con motivo da celebración de San Valentín.

 

Este ano ademáis de decorar as rúas coas pezas deseñadas e que foron estreadas con motivo de San Valentín no ano 2020 engadiron un sorteo de 10 vales por valor de 30 euros cada un co obxectivo de premiar as compras no comercio local.

 

A campaña comeza o luns 7 de febreiro e remata o 14 de febreiro, ambos incluidos.

 

Aqueles establecementos que expresamente soliciten participar na campaña entregaran aos seus clientes rifas por aquelas compras superiores a 10 euros no comercio ou a 5 euros de consumo en hostalaría e que sexan realizadas entre as datas que dure a campaña. Para recibir o premio será imprescindible presentar o tiket de compra do establecemento en cuestión.

O venres 25 de febreiro, realizarase o sorteo no que se adxudicaran os 10 vales de 30 euros en directo a través da RMT con todas as papeletas recollidas polos establecementos participantes.

Os vales de agasallo só poderán trocarse na listaxe de establecementos comerciais participantes que será publicado na web municipal tui.gal o martes 15 de febreiro.

 

A campaña Tui é un amor. Namorate de Tui pretende varios obxectivos coa finalidade de dinamizar as compras no comercio local, así por unha banda convida os visitantes a vir coñecer Tui e a namorarse de todo o que esta cidade lle ofrece, doutra banda lanza unha mensaxe directa á cidadanía do importante que é coidar o noso e demostrarlle a Tui que a queremos e por último lembra ao comerciante o importante de esforzarse por namorar e cautivar aos seus clientes cos seus produtos, atención e servizos.

 


LISTADO DE COMERCIOS PARTICIPANTES:

https://tui.gal/gl/novas/listaxe-de-establecementos-participantes-na-campana-tui-e-un-amor

LISTADO DE PAPELETAS PREMIADAS:

SORTEO CESTA DE NADAL

Hoxe realizamos o sorteo da cesta de nadal, na Radio Municipal de Tui que se sorteaba coa lotería de nadal de ACITUI.

O número premiado foi o 1287 e foi mercada en Librería Iris.

O/a agraciado/a deberá pasarse pola oficina coa rifa co nº de participación 1287 para entregarlle a cesta.

Noraboa o/a premiado/a. 🥳🎟🧺

FELIZ DÍA MAMÁ

Este 1 de Maio, as túas compras poden ter premio!!!

Coas compras realizadas dende o 19 de Abril ata o 1 de Maio, recibiredes unha rifa para entrar no sorteo de 2 ceas.

 

LISTADO GAÑADORES

FELIZ DÍA PAPÁ

Este 19 de Marzo, as túas compras poden ter premio!!!

Coas compras realizadas dende o 8 ao 19 de Marzo, recibiredes unha rifa para entrar no sorteo de 2 ceas.

LISTADO GAÑADORES:

Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad