Se convoca a la Asamblea General Ordinaria el próximo 17 de marzo de 2025 a las 20:30h en primera convocatoria y a las 21:00h en segunda convocatoria en la Sala Félix con la siguiente Orden del día:
Lectura y aprobación del acta anterior.
Presentación de las cuentas anuales del año 2024
Aprobación de donación de la furgoneta al Concello de Tui.
Presentación del proyecto del programa de actividades de dinamización comercial y formación para la solicitud de la subvención (CO300A)
Durante os venres de Marzo dende as 19:00h ata as 23:00h disfruta dun roteiro polos 19 establecementos hostaleiros participantes e degusta as sabrosas tapas que presentan a un prezo de 1,50€.
Ademais selar en todos os locais a consumición das tapas pode ter premio, xa que se entregas nalgún local participante todo o roteiro selado co teu nome e teléfono entras na participación dun sorteo de 2 vales de 30€ e unha cea valorada en 50€ a consumir nos locais participantes nesta campaña.
Ven a Tuy e disfruta da nosa deliciosa gastronomía a prezo popular co mellor ambiente.
Este ano os papás queren comercio local de Tui pola súa cercanía e calidade.
Dende o 1 ata o 19 de marzo en colaboración con máis de 30 comercios asociados presentamos a Campaña do día do Pai na que por compras superiores a 20€ recibirás unha participación para o sorteo de 2 vales de compra de 30€ nos comercios participantes nesta campaña.
Dende ACITUI en colaboración con EMMA TAPAS&BRUNCH, 4 ELEMENTOS, D´CALLE, TAPERIA ÉPOCA E BOCATERÍA BIPER imos organizar unha cea na que poida participar todo o mundo co fin de coñecer xente, compartir bos momentos, relacionarnos, falar e divertirnos.
O primeiro que tes que facer é reservar a túa praza no local e día elixido. A cea celebraráse o 21 e o 22 de febreiro a partir das 21:00h
O segundo, mercar un regalo de amigo invisible (importe máximo 5€) para levar a cea e agasallar a alguén. Podes encontrar artículos especiais en LAS FLORES DE RITA, FOTOGRAFIA CARPER, CONECTA TÉ, MERCA 99, TUI TÉ, GOMINOLAS NITOS, FLORISTERIA LA FLOR, FIADEIRAS E REFLEJOS.
Garda o teu ticket de compra para poder participar no sorteo de 2 vales regalo nos comercios asociados a campaña.
E por último, esperar ata o día reservado, ir o local reservado e disfrutar desta novidosa experiencia. Non olvides depositar tanto o ticket da cea como o do agasallo do amigo invisible no restaurante, deixa o teu número de teléfono e nome no ticket para participar no sorteo, así se es o elixido poderemos poñernos en contacto contigo.
O Domingo 4 de Setembro, dende as 11:00 ata as 21:00 horas, no paseo da Corredoira en Tui, os comercios de Tui e da contorna, ofertaran os seus produtos.
Achegarán variedades de produtos de téxtil, moda infantil, calzado, complementos, deporte, tallas grandes, xoguetes, mercerias, xoias, gafas, segunda man, etc.
#MODIFICACIÓN XVI FEIRA DE OPORTUNIDADES ACITUI. Debido á previsión de mal tempo para este domingo , trasládase a data da XVI Feira de Oportunidades, para o vindeiro domingo 18 de setembro.
Gran éxito da XVI Feira de Oportunidades ACITUI celebrada este domingo 18, no paseo da Corredoira de Tui.
Parabéns a todos os comercios que se implicaron e participaron nesta 16ª edición, e agradecer aos/as veciños/as visitantes que acudiron a este evento e que dan vida as nosas rúas.
Un ano máis, o Paseo da Corredoira, encheuse de xente, música, movemento, diversión… polo que estamos sumamente ilusionados.
ACITUI, convoca la 6ª edición del concurso de pintura “Pinta Tui”, que se celebrará el domingo 7 de noviembre de 2021, a partir de las 09:00 horas, en las calles de nuestra ciudad, con la intención de promover y allegar el arte y la cultura a los visitantes e incentivar la dinamización turística y las actividades de nuestro Concello.
O Domingo 19 de Setembro, dende as 11:00 ata as 21:00 horas, no paseo da Corredoira en Tui, unha véntena de comercios de Tui e da contorna, ofertaran os seus produtos.
Achegarán variedades de produtos de téxtil, moda infantil, calzado, complementos, deporte, tallas grandes, xoguetes, mercerias, xoias, gafas, segunda man, etc. e estará presente a Protectora de Animais Aloia.
Ademais contaremos ca visita do Pato Donald e Goofy !!!!!
Esta feira celebrarase cumprindo os protocolos sanitarios. Haberá control de aforo , os postos estarán delimitados e diferenciarase os accesos e as saídas, para evitar aglomeracións. Ademais, os asistentes deberán levar a máscara e terán a súa disposición xel desinfectante.
Gran éxito da XV Feira de Oportunidades ACITUI celebrada este domingo 19, no paseo da Corredoira de Tui.
Estamos sumamente ilusionados pola valoración tan positiva por parte dos comercios participantes, e por poder ver tanta afluencia de xente ao longo de todo o día.
Queremos agradecer a todos os comercios participantes e aos/as veciños/as visitantes que acudiron a esta 15º edición e que sen todos eles non acadaríamos este éxito.
Agradecer tamén ao Concello de Tui e a Policía Local de Tui, pola súa colaboración.
Por último agradecer tamén a XQuatro Espectáculos polo seu magnifico traballo e por facer desfrutar aos máis pequenos… e non tan pequenos…
E sen máis dilatación, deixámosvos un pequeniño resumo do ben que o puidemos pasar onte.
Grazas a todos/as.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Ver Política de cookies