ESPAZO COMERCIO 22 DE SETEMBRO

Cucapuntoes cambia a súa ubicación a partir do 3 de outubro. Despois de tres anos na rúa Camilo José Cela, abrirá as súas portas na rúa Rosa Bahamonde Nº7.

Así nolo contou Salomé Fernández, no Espazo Comercio, en colaboración coa Radio Municipal de Tui

Podes escoitar a súa entrevista no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/180975916

ESPAZO COMERCIO 15 DE SETEMBRO

Onte acudiu o espazo comercio da Radio Municipal de Tui o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, que deu conta da última campaña realizada no mes de setembro e adiantou a próxima campaña que presentaremos en outubro do 30 aniversario da Asociación.

Resumiu que na campaña REMATA AS VACACIÓNS CUN SORRISO participaron un total de 55 establecementos que concliu onte e na que se teñen distribuídas máis de 3000 papeletas para o sorteo de 5 vales de 30 € a consumir nos establecementos participantes.

Tamén anunciou que o sorteo realizarase o martes 29 na Radio Municipal de TUI.

ESPACIO COMERCIO 8 DE SEPTIEMBRE

Onte acudiu o espacio comercio a nosa asociada María Lamas, de Dequip Tui que nos comentou que xa teñen todo preparado para a volta ás clases e a rutina en Dequip Tui. Este establecemento, situado na súa Casal Aboy, ofrece todo tipo de produtos de cara a este novo comezo: zapatillas, roupa deportiva, complementos… Ademais de ofrecer descontos a persoas socias de diferentes ANPAS.

Podes escoitar a entrevista no seguiente enlace:

https://go.ivoox.com/rf/180218822

ESPAZO COMERCIO 1 DE SETEMBRO

Onte no Espazo Comercio, en colaboración coa Radio Municipal de Tui coñecemos os detalles dos descontos que ofrece Quina González no Armario Curvy que estende a súa temporada de rebaixas até o 15 de setembro, con liquidación ao 50%.

Podes escoitar toda a entrevista no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/179813759

ESPAZO COMERCIO 25 DE AGOSTO

Onte acudiu o espazo comercio o noso presidente Pepe Miguez, para dar conta da campaña que comeza a vindeira semana.

Co mes de setembro chega a nova campaña «Remata as vacacións cun sorriso», que estará activa dende o 1 ao 15 do próximo mes.

Podes escoitar a entrevista no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/179454079

ESPAZO COMERCIO 18 DE AGOSTO

Hoxe no Espazo Comercio, que realizamos cada martes en colaboración coa Radio Municipal de Tui, Lucía Nogueira, vicepresidenta da asociación, deunos conta do que debemos ter en conta na campaña de Volta ao Cole, se nos queremos beneficiar da bonificación no IRPF.

Tamén destacou a existencia das follas de reclamación con código QR.

Podes escoitar a entrevista no seguiente enlace:

https://go.ivoox.com/rf/179078726

ESPACIO COMERCIO 11 DE AGOSTO

Cales son as vantaxes que ofrece Acitui Asociación de Comerciantes e industriais Tui aos establecementos asociados, e cales son as vantaxes de ser socio foron comentados polo presidente da asociación, Pepe Míguez. Fomentar o comercio local, darlle visibilidade e ofertar actividades de formación son algúns dos obxectivos de ACITUI.

As persoas interesadas poden contactar con calquera membro da directiva, ou dirixirse á nosa oficina situada no 1º piso da parte traseira do edificio Francisco Sánchez.

Neste momemento son 116 asociados.

Podes escoitar a súa entrevista no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/178727620

ESPAZO COMERCIO 4 AGOSTO

Os comercios e establecementos que venden produtos a través de internet deben cumprir unha serie de obrigas de cara a garantir un comercio seguro e fiable. Por exemplo, ofrecer información sobre cambios e devolucións, sobre a composición dos produtos ou sobre como contactar coa marca.

Hoxe Lucía Nogueira, vicepresidenta de Acitui Asociación de Comerciantes e industriais Tui , ofreceu no Espazo Comercio consellos e recomendacións para cumprir con estas normas.

Podes escoitar a súa entrevista no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/178378566

ESPAZO COMERCIO 28 DE XULLO

No tempo do Espazo Comercio que realizamos en colaboración coa Radio Municipal de Tui hoxe participou Mónica Giráldez, da Administración de Loterías nº1 de Tui, que conta cunha longa traxectoria. Ofrecer un trato próximo, asesorar ao cliente e que mercar lotaría sexa unha experiencia agradable son parte dos obxectivos deste establecemento.

Podes escoitar a entrevista no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/177998248

📣📣📣AVISO!!

Nuestra oficina estará cerrada desde el próximo lunes 27 hasta el 16 de agosto.

Pero seguimos activos en el 604 488 890 o en acitui@acitui.es

Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad