REMATA AS VACACIÓNS CUN SORRISO
Presentamos a campaña do mes de septembro “Remata as vacacións cun sorriso”.
Con esta campaña queremos dinamizar as compras correspondientes á volta á rutina, polo que todas as compras superiores a 20€ realizadas nos comercios asociados entre o 1 e o 15 de setembro recibirán unha papeleta onde cubrirán o seu nome e teléfono para participar no sorteo de 5 vales de 30€ que se realizará na Radio Municipal de Tui o 22 de septiembro.
Os comercios que querades participar na campaña podedes apuntaros no 604 488 890, no grupo de Whatsapp de asociados ou enviando un email a acitui@acitui.es antes do luns 24 de agosto.

















