Noticias

Festa do Peregrino. NOVA DATA 4 DE XUÑO

Con motivo do mal tempo, a festa do peregrino se trasladou ao sábado 4 de xuño.

A situación e a programación será a mesma.

O lugar elexido é a Avenida de Portugal, a altura da ponte do Río Tripes. Xunto á estatua do peregrino que alí se ergue.

A partir das 12:00 horas e coa inauguración da man do denominado cronista polo Concello de Tui, Ernesto Iglesias, dará comezo a I Festa do Peregrino.

Poderemos difrutar da exposición e venda dunha ampla gama de productos artesáns e gastronómicos así como diferentes actuacións para o noso entretemento.

Ás 17:00 h. actuación do mago Pirú.

Ás 18:30 h. actuación da banda de gaitas do Conservatorio de Música de Tui.

Desde ás 17:00 h. Inchables e pintacaras para os pequenos.

O escultor de madeira Marcos Mariño fará unha mostra en directo do seu traballo.

Achegárvos e votar unha ollada!!

Sobre el autor

Puestos relativos