III PLAN DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, PROFESIONAIS E EMPRESAS PARTICULARMENTE AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19 MEDIANTE AXUDAS DIRECTAS PARA O APOIO Á SOLVENCIA E REDUCIÓN DO ENDEBEDAMENTO DO SECTOR PRIVADO. (TR600A) (TR600B) (TR600C).
Disposicións xerais
Obxecto
Este III Plan de rescate consta de tres programas:
– Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A).
– Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 mill de € (TR600B).
– Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C).
Estas axudas directas deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos en que se incorrese, sempre e cando estes fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores á 12 de marzo. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a provedores, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das axudas directas previstas nesta orde:
a) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva e que exerzan unha actividade económica das incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo.
b) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva que exerzan unha actividade económica que non estean incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, e teñan unha caída do volume de operacións anual, declarado ou comprobado, dun 40 %, ou máis, no ano 2020 respecto do ano 2019.
c) Todas aquelas persoas traballadoras autónomas, profesionais, empresas e entidades que exerzan unha actividade económica das incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, que teñan unha caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no imposto sobre o valor engadido ou tributo indirecto equivalente de máis dun 30 % no ano 2020 respecto do ano 2019.
d) Todas aquelas persoas traballadoras autónomas, profesionais, empresas e entidades que exerzan unha actividade económica que non estea incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, cuxa caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no IVE ou tributo indirecto equivalente sexa dun 40 % ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.
e) Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que continúan coa súa actividade, aínda que non estean de alta no momento de presentación da solicitude e estean de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses nalgún dos anos 2019 ou 2020.
f) Poderán seren beneficiarias as persoas traballadoras autónomas e empresas dadas de alta ou creadas entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas que teñan realizado unha modificación estrutural da sociedade mercantil entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.
Non terán a condición de beneficiarias, quedando excluídas do ámbito de aplicación desta orde:
a) As persoas traballadoras autónomas colaboradoras ou societarias.
b) As empresas financeiras.
c) As empresas en crise, salvo nos supostos a que se refiren os arts. 3.2 e 10.3 desta orde.
d) Os comuneiros, herdeiros ou partícipes de sociedades civís. Neste caso a beneficiaria directa da axuda será a entidade solicitante.
e) As persoas traballadoras autónomas, entidades e grupos consolidados que na declaración do imposto sobre a renda de persoas físicas correspondente a 2019 teñan declarado un resultado neto negativo polas actividades económicas en que se tiver aplicado o método de estimación directa para a súa determinación ou, se for o caso, teñan un resultado negativo no dito exercicio na base impoñible do imposto de sociedades ou do imposto da renda de non residentes antes da aplicación da reserva de capitalización e compensación das bases impoñibles negativas.
Requisitos das persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias establecidas no artigo anterior deberán cumprir, no momento de presentación da solicitude, os seguintes requisitos:
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
b) Ter cantidades pendentes de pagamento a provedores, acredores, financeiros e non financeiros ou débeda bancaria, ou outros custos fixos que fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021, e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021, e que as ditas cantidades sexan de importe igual ou superior á axuda solicitada.
c) Non ter sido condenado mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas ou por delitos de prevaricación, suborno, malversación de caudais públicos, tráfico de influencia, fraudes e exaccións ilegais ou delitos urbanísticos.
d) Non ter dado lugar, por causa de que fose declarada culpable, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración.
e) Atoparse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvención ou axudas públicas.
f) Atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social.
g) Non ter solicitado declaración de concurso voluntario, non ter sido declarados insolventes en calquera procedemento e non atoparse en declaración de concurso, salvo que neste teña adquirido eficacia un convenio, non estar suxeitos a intervención xudicial nin ter sido inhabilitados conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que teña concluído o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
h) Non ter residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
i) Autorizar a Consellería de Emprego e Igualdade a cesión dos seus datos ao Ministerio de Facenda.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles como anexo I (Persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva), anexo II (De apoio ás persoas traballadoras autónomas, empresas de dez persoas traballadoras ou menos e empresas de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros) e anexo III (Persoas traballadoras autónomas, empresas con máis de dez persoas traballadoras e cun volume de facturación de más de 2 millóns de euros, e empresas de máis de vinte cinco persoas traballadoras) segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Documentación que se presenta ou xa presentada con anterioridade
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Cando se actúe mediante representación deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente ou calquera outro válido en dereito.
b) No caso de persoas traballadoras autónomas e empresas que desenvolvan unha actividade económica non incluída no anexo I do Real decreto 5/2021- cos códigos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE), deberá achegar coa solicitude, segundo o caso, a seguinte documentación:
– Modelo 390 dos anos 2019 e 2020 (declaración anual do IVE).
– Modelo 303 dos anos 2019 e 2020 (declaración trimestral do IVE).
– Modelo 130 IV trimestre dos anos 2019 e 2020 (declaración trimestral IRPF).
– Modelo 131 dos anos 2019 e 2020.
– Modelo 111 (Retención IRPF nóminas das persoas traballadoras).
– Modelo 190 (Remesa anual de retencións e ingresos á conta).
– Modelo 322 IVA para o caso de grupos, anos 2019 e 2020.
– Modelo 184 para entidades en réxime de atribución de rendas, exercicios 2019 e 2020.
– Modelo 100 do ano 2019.
– Modelo 200 do año 2019 e 220 para o caso de grupos.
– Modelo 202 Pagamentos fraccionados 2019 e 2020.
– Modelo 222 Pagamentos fraccionados 2019 e 2020 para o caso de grupos.
– Outros documentos.
c) No caso de ter resultado negativo no exercicio 2019, e para acreditar a solvencia económica, deberá presentar o imposto de sociedades do ano 2019 ou, de ser o caso, o imposto do IRPF dos anos 2017 e 2018.
d) Certificado de alta na mutua correspondente, se ser o caso.
Compromisos das persoas ou entidades beneficiarias
As persoas beneficiarias das axudas, comprométense a:
a) Manter a actividade ata o 30 de xuño de 2022.
b) Non repartir dividendos durante os anos 2021 e 2022.
c) Non aprobar incrementos nas retribucións da alta dirección durante un período de 2 anos.
Para comprobación do cumprimento do compromiso establecido na línea c), a persoa beneficiaria deberá achegar a certificación correspondente.
A documentación xustificativa a que se refiren os números anteriores deberá achegarse antes do 30 de decembro de 2022.
Incompatibilidades e concorrencia
As axudas desta orde reguladas nos distintos programas son incompatibles entre si e pódese ser beneficiario dun só dos programas.
Forma de pagamento e xustificación
Resolta a concesión da axuda, procederase ao pagamento, con carácter anticipado, do 100 % da axuda, no número de conta indicado na solicitude.
A persoa beneficiaria deberá xustificar, telematicamente, no prazo máximo de 3 meses desde a recepción da axuda, a aplicación desta a satisfacer a débeda e a realizar os pagamentos a provedores e outros acredores financeiros e non financeiros, así como os custos fixos en que se incorreu, nos termos establecidos na letra a) do artigo 20 desta orde.
A conta xustificativa simplificada presentarase no modelo do anexo IV, que incluirá:
Memoria do cumprimento das condicións da axuda, establecidas na letra a) do artigo 20.
– Unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación do acredor e da factura, o seu importe, data de emisión e data de pagamento, que deberá efectuarse mediante transferencia ou ingreso bancario. Cando as facturas e obrigacións de pagamento sexan posteriores ao 13 de marzo de 2021 deberá indicarse tamén a data do contrato orixe dos gastos.
– Detalle doutros ingresos ou subvencións que financiaron a actividade da axuda, con indicación do importe e a súa procedencia.
– Se for o caso, carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como os intereses derivados deles.
Programa I. De apoio as persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (código de procedemento TR600A)
Obxecto do Programa I e gastos subvencionables
Persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva.
Serán subvencionables os gastos realizados para:
– O pagamento da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
– O pagamento da débeda dos custos fixos en que se incorreu.
Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude. Xustificaranse coa data que se sinale no contrato de referencia e/ou factura correspondente.
Persoas beneficiarias
As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e profesionais (de ser o caso, mutualistas) en réxime de estimación obxectiva que teñan o domicilio fiscal en Galicia e cumpran os seguintes requisitos:
Desenvolver unha actividade económica correspondente a un CNAE do anexo I
No caso de desenvolver una actividade económica nun CNAE non incluído no anexo I, deberá acreditar unha caída de volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no IVE ou tributo indirecto equivalente dun 40 % ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.
Importe das axudas
A axuda concederase por un importe máximo de 3.000 euros cando se trate de empresarios ou profesionais que apliquen no réxime de estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas no ano 2019.
As cantidades pendentes de pagamento deberán ser de importe igual ou superior á axuda solicitada, de tal xeito que o importe da axuda nunca poderá ser superior a aquelas.
Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán do 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I en https://sede.xunta.gal.
Programa II. De apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de € (TR600B)
Obxecto do Programa II e gastos subvencionables
O obxecto deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas con dez ou menos persoas traballadoras ou empresas de ata vinte e cinco persoas traballadoras que teñan un volume de facturación de ata dous millóns de euros, no exercicio 2020.
Serán subvencionables os gastos realizados para:
– O pagamento da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
– O pagamento da débeda derivada dos custos fixos.
Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019 de mais dun 30 % para actividades incluídas no anexo I; ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, dun 40 % ou mais, para unha actividade económica que non se atope incluída no anexo I.
Importe das axudas
a) 6.000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30 % e ata un 60 % .
b) 7.000 euros se a caída do volume de operacións é mais dun 60 % e menos dun 70 %.
c) 8.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70 % ou máis.
A dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a escala seguinte:
a) 1.000 euros se teñen de 4 a 9 persoas traballadoras.
b) 2.000 euros se teñen de 10 a 20 persoas traballadoras.
c) 3.000 euros se teñen de 21 a 25 persoas traballadoras.
Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo II en https://sede.xunta.gal.
Programa III. De apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C)
Obxecto do Programa III e gastos subvencionables
Persoas traballadoras autónomas con más de dez persoas traballadoras e cun volume de facturación e máis de 2.000.000 de euros no exercicio 2020, ou empresas con máis de vinte e cinco persoas traballadoras para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
Serán subvencionables os gastos realizados para:
– O pagamento da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
– O pagamento da débeda derivada dos custos fixos.
Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.
Persoas beneficiarias
As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas que reúnan as condicións establecidas no artigo anterior e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que acrediten unha caída do volume de operacións no ano 2020 respecto ao ano 2019 de mais dun 30 % para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións no ano 2020 respecto ao ano 2019 dun 40 % ou mais, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no anexo I.
Importe das axudas
a) 10.000 euros se a caída do volume de operacións está entre mais dun 30 % e ata un 60 % .
b) 12.000 euros se a caída do volume de operacións é mais dun 60 % e menos dun 70 %.
c) 15.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70 % ou máis.
A dita cantidade incrementarase ata 15.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a escala seguinte:
a) 5.000 euros se teñen de 26 a 50 persoas traballadoras.
b) 10.000 euros se teñen de 51 a 100 persoas traballadoras.
c) 15.000 euros se teñen máis de 100 persoas traballadoras.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo III en https://sede.xunta.gal.
ANEXO I DO REAL DECRETO LEI 5/2021 , DO 12 DE MARZO.