MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19.

ORDE DO 21 DE ABRIL DE 2021

 

Modificación da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Modificase o número dous do punto segundo da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

Mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares.

 

Modifícase o número primeiro do punto 3.8 do anexo I da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

3.8.Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como feiras, a capacidade virá determinada polo número de postos autorizados do xeito seguinte:

a) Nos mercados con menos de 150 postos autorizados, poderán dispoñer do 100 % dos postos habituais ou autorizados.
b) Nos mercados que teñan entre 150 e 250 postos autorizados, poderán dispoñer do 75 % dos postos habituais ou autorizados.
c) Nos mercados que teñan máis de 250 postos autorizados, poderán dispoñer do 50 % dos postos habituais ou autorizados.

 

Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar as limitacións previstas anteriormente, establecerán requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado. O uso de máscara será obrigatorio.

 

Modifícase o punto 3.21 do anexo I da Orde do 17 de marzo pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado do xeito seguinte

3.21. Celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecemento destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

– A celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderá desenvolverse, sen superar o trinta por cento da capacidade permitida, con público, sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas, se se trata de actividades ao aire libre.

– No obstante, nos concellos enumerados na letra D do anexo II o límite máximo poderá chegar ás 500 persoas para lugares pechados e ás 1.000 persoas, se se trata de actividades ao aire libre.

– Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de, polo menos, 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade. 

– Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

– Deberán intensificarse as medidas de limpeza e desinfección das instalacións con produtos debidamente autorizados e rexistrados.

– No caso de celebración de congresos, encontros, eventos e actos similares, se os asistentes non permanecen sentados en todo momento, solicitarase autorización á Dirección Xeral de Saúde Pública.

 

Engádese un punto 3.29 no anexo I da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, co seguinte contido:
3.29. Atraccións de feira.

– Nos concellos enumerados nas letras A e B do anexo II da presente orde manterase o peche das atraccións de feira.

– No caso dos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II da presente orde, poderán iniciar a súa actividade cumprindo coas seguintes medidas:

a) Capacidade máxima dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie útil do recinto, ata un máximo de 500 persoas para os espazos cunha superficie útil menor ou igual a 8.000 metros cadrados. No caso de que a superficie do recinto sexa superior aos 8.000 metros cadrados, o límite máximo será de 1.000 persoas, sempre que se manteña a capacidade dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie. Para o cálculo da superficie útil do recinto, non se terá en conta a superficie ocupada por todas as estruturas instaladas.

b) Deberase acoutar o espazo destinado ao recinto en que se desenvolvan as atraccións de tal maneira que se facilite o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída do recinto, que deberán estar identificados con claridade.

c) Estableceranse controis da capacidade nas entradas e saídas do recinto, adoptando as medidas necesarias para evitar aglomeracións nestes puntos.

d) Establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior e no exterior do recinto.

e) Tanto os asistentes como o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria.

f) No caso das atraccións que dispoñan de asentos, poderá ocuparse ata un máximo que permita manter a distancia de seguridade interpersoal entre os ocupantes e reducirase ao 50% de asentos de cada fila que se poidan ocupar. Esta limitación non será de aplicación no caso de persoas conviventes. No caso de atraccións que non teñan asentos incorporados, a súa capacidade máxima será do 30% da capacidade máxima da atracción.

g) Disporanse dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados nos puntos de entrada e saída do recinto e de cada unha das atraccións.

 

Modifícase o anexo II da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado segundo o anexo da presente orde.

 

Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 23 de abril de 2021. Non obstante o anterior, serán obxecto de seguimento e avaliación continua. As medidas poderán ser modificadas ou levantadas mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

 

ANEXO II
A) Concellos con nivel de restrición máxima.
Carballeda de Valdeorras
Cualedro
Grove (O)
Pobra do Caramiñal (A)

 

B) Concellos con nivel de restrición alta.
Barco de Valdeorras (O)
Cambre
Cortegada
Lobeira
Marín
Meaño
Meira
Muíños
Padrenda
Petín
Ribadumia
Ribeira
Rubiá
Vilanova de Arousa

 

C) Concellos con nivel de restrición media.
Barreiros
Boiro
Cambados
Cangas
Carral
Cartelle
Catoira
Gondomar
Illa de Arousa (A)
Lobios
Meis
Muxía
Ortigueira
Ponteareas
Pontes de García Rodríguez (As)
Rianxo
Sanxenxo
Trabada

Vigo
Vilagarcía de Arousa

 

D) Concellos con nivel de restrición media baixa.
Abadín
Abegondo
Agolada
Alfoz
Allariz
Ames
Amoeiro
Antas de Ulla
Aranga
Arbo
Ares
Arnoia (A)
Arteixo
Arzúa
Avión
Baiona
Baleira
Baltar
Bande
Baña (A)
Baños de Molgas
Baralla
Barbadás
Barro
Beade
Beariz
Becerreá
Begonte
Bergondo
Betanzos
Blancos (Os)
Boborás

Bola (A)
Bolo (O)
Boqueixón
Bóveda
Boimorto
Brión
Bueu
Burela
Cabana de Bergantiños
Cabanas
Caldas de Reis
Calvos de Randín
Camariñas
Campo Lameiro
Cañiza (A)
Capela (A)
Carballeda de Avia
Carballedo
Carballiño (O)
Carballo
Cariño
Carnota
Castrelo de Miño
Castrelo do Val
Castro Caldelas
Castro de Rei
Castroverde
Cedeira
Cee
Celanova
Cenlle
Cerceda
Cerdedo-Cotobade
Cerdido
Cervantes
Cervo
Chandrexa de Queixa

Chantada
Coirós
Coles
Corcubión
Corgo (O)
Coristanco
Coruña (A)
Cospeito
Covelo
Crecente
Culleredo
Cuntis
Curtis
Dodro
Dozón
Dumbría
Entrimo
Esgos
Estrada (A)
Fene
Ferrol
Fisterra
Folgoso do Courel
Fonsagrada (A)
Forcarei
Fornelos de Montes
Foz
Frades
Friol
Gomesende
Guarda (A)
Gudiña (A)
Guitiriz
Guntín
Incio (O)
Irixo (O)
Irixoa

Lalín
Lama (A)
Láncara
Laracha (A)
Larouco
Laxe
Laza
Leiro
Lourenzá
Lousame
Lugo
Maceda
Malpica de Bergantiños
Manzaneda
Mañón
Maside
Mazaricos
Melide
Melón
Merca (A)
Mesía
Mezquita (A)
Miño
Moaña
Moeche
Mondariz-Balneario
Mondariz
Mondoñedo
Monfero
Monforte de Lemos
Montederramo
Monterrei
Monterroso
Moraña
Mos
Mugardos
Muras

Muros
Narón
Navia de Suarna
Neda
Negreira
Negueira de Muñiz
Neves (As)
Nigrán
Nogais (As)
Nogueira de Ramuín
Noia
Oia
Oímbra
Oleiros
Ordes
Oroso
Ourense
Ourol
Outeiro de Rei
Outes
Oza-Cesuras
Paderne de Allariz
Paderne
Padrón
Palas de Rei
Pantón
Parada de Sil
Paradela
Páramo (O)
Pastoriza (A)
Pazos de Borbén
Pedrafita do Cebreiro
Pereiro de Aguiar (O)
Peroxa (A)
Pino (O)
Piñor
Pobra de Trives (A)

Pobra do Brollón (A)
Poio
Pol
Ponte Caldelas
Pontecesures
Ponteceso
Pontedeume
Pontedeva
Pontenova (A)
Pontevedra
Porqueira
Porriño (O)
Portas
Porto do Son
Portomarín
Punxín
Quintela de Leirado
Quiroga
Rábade
Rairiz de Veiga
Ramirás
Redondela
Ribadavia
Ribadeo
Ribas de Sil
Ribeira de Piquín
Riós
Riotorto
Rodeiro
Rois
Rosal (O)
Rúa (A)
Sada
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Samos
San Amaro

San Cibrao das Viñas
San Cristovo de Cea
San Sadurniño
San Xoán de Río
Sandiás
Santa Comba
Santiago de Compostela
Santiso
Sarreaus
Sarria
Saviñao (O)
Silleda
Sober
Sobrado
Somozas (As)
Soutomaior
Taboada
Taboadela
Teixeira (A)
Teo
Toén
Tomiño
Toques
Tordoia
Touro
Trasmiras
Trazo
Triacastela
Tui
Val do Dubra
Valadouro (O)
Valdoviño
Valga
Vedra
Veiga (A)
Verea
Verín

Viana do Bolo
Vicedo (O)
Vilaboa
Vila de Cruces
Vilalba
Vilamarín
Vilamartín de Valdeorras
Vilar de Barrio
Vilar de Santos
Vilardevós
Vilariño de Conso
Vilarmaior
Vilasantar
Vimianzo
Viveiro
Xermade
Xinzo de Limia
Xove
Xunqueira de Ambía
Xunqueira de Espadanedo
Zas