MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19.

DECRETO 40/2021, DO 10 DE MARZO

 

Modificación do anexo do Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2

Modifícase o anexo do Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, que queda redactado da seguinte forma:

A. Concellos de ámbito territorial individualmente determinado:
Boborás.
Mezquita (A).
Paradela
Pobra do Brollón (A).
Pontecesures.
Vilardevós.


B. Ámbito territorial conxuntamente delimitado formado polos seguintes concellos:
(Sen contido)


C. Concellos entre os cales está permitida a mobilidade atendendo á súa similar situación epidemiolóxica:


1. Concellos con nivel alto de restricións:
Arteixo.
Cariño.
Chantada.
Guitiriz.
Lourenzá.
Miño.
Mugardos.
Ponte Caldelas.
Sobrado.
Soutomaior.
Vilanova de Arousa.

 

2. Concellos con nivel medio de restricións:

Abadín.
Abegondo.
Agolada.
Alfoz.
Allariz.
Ames.
Amoeiro.
Antas de Ulla.
Aranga.
Arbo.
Ares.
Arnoia (A).

Arzúa.
Avión.
Baiona.
Baleira.
Baltar.
Bande.
Baña (A).
Baños de Molgas.
Baralla.
Barbadás.
Barco de Valdeorras (O).
Barreiros.
Barro.
Beade.
Beariz.
Becerreá.
Begonte.
Bergondo.
Betanzos.
Blancos (Os).
Boimorto.
Boiro.
Bola (A).
Bolo (O).
Boqueixón.
Bóveda.
Brión.
Bueu.
Burela.
Cabana de Bergantiños.
Cabanas.
Caldas de Reis.

Calvos de Randín.
Camariñas.
Cambados.
Cambre.
Campo Lameiro.
Cangas.
Cañiza (A).
Capela (A).
Carballeda de Avia.
Carballeda de Valdeorras.
Carballedo.
Carballiño (O).
Carballo.
Carnota.
Carral.
Cartelle.
Castrelo de Miño.
Castrelo do Val.
Castro Caldelas.
Castro de Rei.
Castroverde.
Catoira.
Cedeira.
Cee.
Celanova.
Cenlle.
Cerceda.
Cerdedo-Cotobade.
Cerdido.
Cervantes.
Cervo.
Chandrexa de Queixa.

Coirós.
Coles.
Corcubión.
Corgo (O).
Coristanco.
Cortegada.
Coruña (A).
Cospeito.
Covelo.
Crecente.
Cualedro.
Culleredo.
Cuntis.
Curtis.
Dodro.
Dozón.
Dumbría.
Entrimo.
Esgos.
Estrada (A).
Fene.
Ferrol.
Fisterra.
Folgoso do Courel.
Fonsagrada (A).
Forcarei.
Fornelos de Montes.
Foz.
Frades.
Friol.
Gomesende.
Gondomar.

Grove (O).
Guarda (A).
Gudiña (A).
Guntín.
Illa de Arousa (A).
Incio (O).
Irixo (O).
Irixoa.
Lalín.
Lama (A).
Láncara.
Laracha (A).
Larouco.
Laxe.
Laza.
Leiro.
Lobeira.
Lobios.
Lousame.
Lugo.
Maceda.
Malpica de Bergantiños.
Manzaneda.
Mañón.
Marín.
Maside.
Mazaricos.
Meaño.
Meira.
Meis.
Melide.
Melón.

Merca (A).
Mesía.
Moaña.
Moeche.
Mondariz-Balneario.
Mondariz.
Mondoñedo.
Monfero.
Monforte de Lemos.
Montederramo.
Monterrei.
Monterroso.
Moraña.
Mos.
Muíños.
Muras.
Muros.
Muxía.
Narón.
Navia de Suarna.
Neda.
Negreira.
Negueira de Muñiz.
Neves (As).
Nigrán.
Nogais (As).
Nogueira de Ramuín.
Noia.
Oia.
Oímbra.
Oleiros.
Ordes.

Oroso.
Ortigueira.
Ourense.
Ourol.
Outeiro de Rei.
Outes.
Oza-Cesuras.
Paderne de Allariz.
Paderne.
Padrenda.
Padrón.
Palas de Rei.
Pantón.
Parada de Sil.
Páramo (O).
Pastoriza (A).
Pazos de Borbén.
Pedrafita do Cebreiro.
Pereiro de Aguiar (O).
Peroxa (A).
Petín.
Pino (O).
Piñor.
Pobra de Trives (A).
Pobra do Caramiñal (A).
Poio.
Pol.
Ponteareas.
Ponteceso.
Pontedeume.
Pontedeva.
Pontenova (A).

Pontes de García Rodríguez (As).
Pontevedra.
Porqueira.
Porriño (O).
Portas.
Porto do Son.
Portomarín.
Punxín.
Quintela de Leirado.
Quiroga.
Rábade.
Rairiz de Veiga.
Ramirás.
Redondela.
Rianxo.
Ribadavia.
Ribadeo.
Ribadumia.
Ribas de Sil.
Ribeira de Piquín.
Ribeira.
Riós.
Riotorto.
Rodeiro.
Rois.
Rosal (O).
Rúa (A).
Rubiá.
Sada.
Salceda de Caselas.
Salvaterra de Miño.
Samos.

San Amaro.
San Cibrao das Viñas.
San Cristovo de Cea.
San Sadurniño.
San Xoán de Río.
Sandiás.
Santa Comba.
Santiago de Compostela.
Santiso.
Sanxenxo.
Sarreaus.
Sarria.
Saviñao (O).
Silleda.
Sober.
Somozas (As).
Taboada.
Taboadela.
Teixeira (A).
Teo.
Toén.
Tomiño.
Toques.
Tordoia.
Touro.
Trabada.
Trasmiras.
Trazo.
Triacastela.
Tui.
Val do Dubra.
Valadouro (O).

Valga.
Vedra.
Veiga (A).
Verea.
Verín.
Viana do Bolo.
Vicedo (O).
Vigo.
Vila de Cruces.
Vilaboa.
Vilagarcía de Arousa.
Vilalba.
Vilarmaior.
Vilamarín.
Vilamartín de Valdeorras.
Vilar de Barrio.
Vilar de Santos.
Vilariño de Conso.
Vilasantar.
Vimianzo.
Viveiro.
Xermade.
Xinzo de Limia.
Xove.
Xunqueira de Ambía.
Xunqueira de Espadanedo.
Zas.

 

Eficacia, seguimento e avaliación
A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 12 de marzo de 2021.
Non obstante o anterior, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento.

ORDE DO 10 DE MARZO DE 2021

 

Modificación da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modifícase o parágrafo 1 do punto 3.1 do anexo I da Orde do 25 de febreiro, que queda redactado como segue:

3.1. Medidas en materia de control de capacidade.
1. Os establecementos, instalacións e locais deberán expor ao público a capacidade máxima, e asegurar que a dita capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu interior, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e control da capacidade, de forma que esta non sexa superada en ningún momento.
No caso do sector da hostalaría e restauración, aplicarase tamén o que estableza o Plan de hostalaría segura, nomeadamente, no relativo á distribución de espazos, ocupacións, mobiliario e outros elementos de seguridade.

 

Modifícase o punto 3.10 do anexo I da Orde do 25 de febreiro de 2021, que queda redactado como segue:

Hoteis, albergues e aloxamentos turísticos.

Os hoteis, albergues e establecementos turísticos permanecerán abertos, sen prexuízo das limitacións vixentes de entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais. Os albergues poderán manter unha ocupación máxima do 30% das prazas nos espazos de aloxamento compartido.

 

A ocupación das zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos non poderá superar o 50% da súa capacidade. Para iso, cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.

 

Poderán facilitar servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados nos ditos establecementos e, no caso de instalacións deportivas de hoteis, albergues e aloxamentos turísticos, tales como piscinas ou ximnasios, rexeranse polas regras aplicables a este tipo de instalacións.

 

Engádese un novo punto 3.24 ao anexo I da Orde do 25 de febreiro de 2021, coa seguinte redacción:

Especificidades para determinadas actividades turísticas, centros e puntos de información.

Poderán realizarse actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

 

Nos centros de información, casetas e puntos de información e espazos similares non se poderá exceder o 50% da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de catro persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes.

 

Modifícase o punto 4.2 do anexo I da Orde do 25 de febreiro de 2021, que queda redactado como segue:

Manterán o seu funcionamento con actividade lectiva presencial os seguintes centros educativos de réxime especial:

1º) Escolas oficiais de idiomas.
2º) Escolas de arte e superior de deseño.
3º) Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
4º) Escola Superior de Arte Dramática.
5º) Conservatorios de música.
6º) Conservatorios de danza.
7º) Escolas de música.
8º) Escolas de danza.
9º) Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol, centros autorizados de fútbol sala.
10º) Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
11º) Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.
12º) Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

 

Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 12 de marzo de 2021.

Non obstante o anterior, serán obxecto de seguimento e avaliación continua, e poderán ser modificadas ou levantadas por orde da
persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.