MODIFICACIÓN PLAN HOSTALARÍA SEGURA

 

Modificación da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia

Un. Modifícase o punto sétimo da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, suprimindo a línea terceira, polo que queda redactado como segue:

«Sétimo. Rastrexabilidade
1. A persoa titular do establecemento obterá un código QR na páxina web:
https://coronavirus.sergas.gal/
2. A través da aplicación da Xunta de Galicia Passcovid, os usuarios do establecemento poderán rexistrar a súa presenza nel mediante a captura do código QR, o cal axudará a detectar posibles concentracións de contaxios con maior rapidez».

 

Dous. Modifícase o número 2 do punto quinto da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

«2. A persoa responsable do establecemento virá obrigada a manter actualizada esta información cada vez que se produza un cambio no nivel de restricións aplicables ao ámbito territorial en que se atope o local, tanto na capacidade interior coma na exterior. Para estes efectos, disporán dun prazo de 3 días contados desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia para actualizar esta información».

 

Eficacia

As medidas previstas nesta orde terán efectos a partir das 00.00 do 19 de marzo de 2021.

En cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nesta orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.