ORDE DO 3 DE DECEMBRO POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

Mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.

 

Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo II e, no que sexan compatibles con elas, as previstas no anexo I, no ámbito territorial dos seguintes concellos:

a) A Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre.

b) Burela.

c) Laxe.

d) Silleda.

e) Soutomaior.

f) Ponte Caldelas.

g) Barro.

h) Cerdedo-Cotobade

 

Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo III e, no que sexan compatibles con elas, as previstas no anexo I, no ámbito territorial dos seguintes concellos:

a) Ferrol, Fene e Neda.

b) Vigo, Mos, Nigrán e Gondomar.

c) Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

d) Lugo.

e) Lalín.

f) Cangas.

g) Coristanco, Cabana de Bergantiños, Malpica e Ponteceso.

h) Meis, Meaño e Ribadumia.

i) Cee, Dumbría e Muxía.

j) Oroso.

k) Vimianzo.

l) Ribadavia.

m) Xinzo de Limia.

n) Vilaboa.

o) A Guarda.

 

Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo IV e, no que sexan compatibles con elas, as previstas no anexo III, no ámbito territorial dos concellos que se relacionan a continuación. Así mesmo, no que sexa compatible cos dous anexos citados serán de aplicación as medidas recollidas no anexo I.

a) Pontevedra, Marín e Poio.

b) Sanxenxo e O Grove.

c) Carballo e A Laracha.

d) Tui.

e) Ponteareas.

f) Moaña.

g) Vilalba.

h) Narón.

i) Redondela.

j) O Porriño.

k) Cambados.

l) As Pontes de García Rodríguez.

 

EFICACIA

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 4 de decembro de 2020.

Non obstante o anterior serán obxecto de seguimento e avaliación continua. Como consecuencia as medidas poderán ser modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

 

ANEXO I: NIVEL BÁSICO

1. Obrigas xerais.

1.1. Obrigas de cautela e protección.

Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación e exposición.

1.2. Persoas con sintomatoloxía.

Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario o antes posible. Igualmente, se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles.

1.3. Distancia de seguridade interpersoal.

Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuada e etiqueta respiratoria

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

Será obrigatorio o uso da máscara. Os titulares dos establecementos, espazos ou locais deberán garantir o cumprimento desta obriga neles.

1.5. Medidas específicas para casos e contactos estreitos.

As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso.

2. Medidas xerais de hixiene e prevención.

Sen prexuízo das normas ou protocolos específicos que se establezan, serán aplicables a todos os establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público e actividades de carácter público, as medidas xerais de hixiene e prevención.

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.1. Velorios e enterros.

Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, cun límite máximo, de 25 persoas en espazos ao aire libre ou de 10 persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.

3.2. Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civís.

1.As celebracións que poidan ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hostalaría e restauración axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos.

2.En calquera caso, nestas celebracións posteriores á cerimonia propiamente dita deberase respectar un máximo de 100 persoas en espazos ao aire libre ou de 50 persoas en espazos pechados.

3.3. Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

1.Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o 50% da súa capacidade total. Deberán manterse a distancia de seguridade e o uso da máscara será obrigatorio.

2.Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos e deberá sinalarse.

3.4. Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

1.Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o 50% da súa capacidade total.

2.Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns excepto para o tránsito entre os establecementos. A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 33 %.

3.Deberán manterse a distancia de seguridade e o uso da máscara será obrigatorio.

4.Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos e deberá sinalarse.

3.5. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre, non poderán superar o 50% dos postos habituais ou autorizados e limitarán a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal. O concello poderá dar prioridade a aqueles que comercializan produtos alimenticios e de primeira necesidade

3.6. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación.

A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.

3.7. Establecementos de hostalaría e restauración.

1.Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 50% da súa capacidade para consumo no interior do local.

2.O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Non está permitido o consumo na barra.

3.As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao 75% das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Considerarase terraza ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

4.En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

5.Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas. No caso de que estea en vigor unha limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno, os clientes deberán abandonar o establecemento antes da hora de comezo da limitación.

3.8. Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

1.A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o 50% da súa capacidade.

2.As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de 6 persoas, sexan ou non conviventes, e excluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3.9. Albergues turísticos.

Na modalidade de aloxamento turístico de albergue permitirase unha capacidade máxima do 50% da máxima permitida.

3.10. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e otros equipamentos culturais.

1.Nas bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e otros equipamentos culturais, tanto de titularidade pública como privada, poderán realizarse actividades presenciais sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.

2.Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata 6 persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, e excluído o monitor ou guía

3.11. Centros de lecer infantil.

Os centros de lecer infantil poderán levar a cabo a súa actividade cumprindo o Protocolo en materia de lecer infantil. Para as actividades, a ocupación máxima será do 50% da capacidade máxima deste. Os grupos deben ser dun máximo de 6 persoas, excluídos os monitores.

3.12. Actividades e instalacións deportivas.

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de 6 persoas de forma simultánea, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata 6 persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o 50% da capacidade máxima permitida.

Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao remate de cada clase ou actividade de grupo. No caso de utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

3.13. Celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 500 persoas para lugares pechados e de mil persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de polo menos 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodiar este durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

3.14. Praias e piscinas.

1.O concello respectivo deberá establecer limitacións tanto de acceso como de capacidade das praias co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios.

2.As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do 50% da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa, e sen que poidan exceder o límite de 100 persoas de ocupación.

3.15. Especificidades para determinadas actividades turísticas.

Poderán realizarse actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de 6 persoas.

3.16. Centros de información, casetas e puntos de información.

Nos centros de información, casetas e puntos de información e espazos similares non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de 6 persoas nas actividades de grupos

3.17. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

1.Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao 50 % da súa capacidade, cun máximo de 100 participantes, excluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 50 participantes, excluídos os monitores.

2.As actividades deberán realizarse en grupos de ata seis persoas participantes, sexan ou non conviventes, e excluídos os monitores correspondentes

3.18. Uso de espazos públicos.

1.Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao 50% e que se extremen as medidas de protección

2.Recoméndase o peche dos parques públicos e espazos similares a partir das 22.00 horas ata as 6.00 horas.

3.19. Centros recreativos turísticos ou similares.

1.Os centros recreativos turísticos ou similares poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao 50%.

2.As visitas de grupos serán dun máximo de seis persoas.

3.20. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

3.21. Establecementos e locais de xogo e apostas.

Os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.

Os establecementos e locais deberán pechar non máis tarde das 00.30 horas, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde esa hora, e cun período máximo de desaloxo de 30 minutos. No caso de que estea en vigor unha limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno, os clientes deberán abandonar o establecemento antes da hora de comezo da limitación.

3.22. Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1.Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade nesta orde, nin en protocolos ou normativa específica que lle sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas para lugares pechados e de duascentas persoas se se trata de actividades ao aire libre.

2.As actividades en grupo deberán realizarse cun máximo de seis persoas participantes, sexan ou non conviventes e excluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3.23. Transportes.

1.As condicións de capacidade dos vehículos e embarcacións que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros en transporte en autobús ou transporte marítimo en augas interiores:

a)Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos, poderase ocupar a totalidade dos asentos. Deberase manter a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.

b) Nos vehículos e embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé, procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establécese como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé.

2.Como medidas adicionais:

a) Durante toda a duración do traxecto, cando esta sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos no interior dos vehículos ou embarcacións e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo ou embarcación.

b) Na prestación de servizos colectivos regulares de transporte de viaxeiros de carácter interurbano, de uso xeral, cando non estean autorizadas prazas de pé, e na prestación de calquera servizo de transporte marítimo en augas interiores será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto de transporte de que se trate e do vehículo ou embarcación que o preste.

 

ANEXO II: NIVEL MEDIO

1.Establecementos de hostalaría e restauración.

1.Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 40% da súa capacidade para consumo no interior do local.

2.As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao 50% das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

2.Establecementos e locais de xogo e apostas.

Os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o corenta por cento da capacidade permitida.

ANEXO III: NIVEL MEDIO-ALTO

1.Establecementos de hostalaría e restauración.

1.Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 30% da súa capacidade para consumo no interior do local.

2.As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao 50% das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

3.En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

4.O horario de peche ao público será ás 17.00 horas. No obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria.

5.Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios, tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

2.Establecementos e locais de xogo e apostas.

Os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o trinta por cento da capacidade permitida.

3.Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

4.Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outras infraestruturas culturais.

No caso de realizarse actividades culturais nestes espazos en grupos, so poderán ter como máximo catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.

5.Celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e de cincocentas persoas se se trata de actividades ao aire libre.

6.Actividades e instalacións deportivas.

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, excluído, o monitor. Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluido o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

7.Especificidades para determinadas actividades turísticas.

Poderán realizarse actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.

8.Centros de información, casetas e puntos de información.

Nos centros de información, casetas e puntos de información e espazos similares non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de catro persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes e excluído o monitor ou guía. Ademais, deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

9.Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

1.Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa capacidade máxima, cun máximo de cincuenta participantes, excluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de vinte e cinco participantes, excluídos os monitores.

2.As actividades deberán realizarse en grupos de ata catro persoas participantes, sexan ou non conviventes e excluíndo os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

10.Uso de espazos públicos.

Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao 50% e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles cun máximo de catro persoas.

11.Centros recreativos turísticos ou similares.

As visitas de grupos serán dun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes e excluído o monitor ou guía.

12.Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1.Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade nesta orde, nin en protocolos ou normativa específica que lle sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cincuenta persoas para lugares pechados e de cen persoas se se trata de actividades ao aire libre.

2.As actividades en grupos deberán realizarse cun máximo de catro persoas participantes, sexan ou non conviventes, e excluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

 

ANEXO IV: NIVEL DE MÁXIMAS RESTRICIÓNS

Nos concellos a que se refire adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estenda a eficacia da medida, das seguintes actividades:

Nos concellos a que se refire adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estenda a eficacia da medida, das seguintes actividades:

I.Espectáculos públicos:

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II.Actividades recreativas:

II.1. Actividades culturais e sociais.

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

II.7. Actividades de restauración.

II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos.

III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.1.7. Recintos feirais.

III.2. Establecementos de actividades recreativas.

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

III.2.2. Establecementos para actividades deportivas.

III.2.2.4. Pistas de patinaxe.

III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multiocio.

III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais.

III.2.4.5. Salas de concertos.

III.2.5. Establecementos de restauración.

III.2.5.1. Restaurantes.

III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.

III.2.5.2. Cafetarías.

III.2.5.3. Bares.

O interior dos establecementos de restauración permanecerá pechado ao público e só poderán abrir as terrazas ata un máximo do 50 % ata as 17.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.

Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios, tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas.

III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III.2.7. Establecementos de lecer e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos.

III.2.8. Centros de lecer infantil.

Quedan, por tanto, exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e establecementos, que poderán continuar abertos:

I.Espectáculos públicos:

I.1. Espectáculos cinematográficos.

I.2. Espectáculos teatrais e musicais.

I.5. Espectáculos deportivos.

II.Actividades recreativas:

II.2. Actividades deportivas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1.1. Cine.

III.1.2. Teatro.

III.1.3. Auditorios.

III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos.

III.2.2.1. Estadios deportivos.

III.2.2.2. Pavillóns deportivos.

III.2.2.3. Recintos deportivos.

III.2.2.5. Ximnasios.

III.2.2.6. Piscinas de competición.

III.2.4.1. Museos.

III.2.4.2. Bibliotecas.

III.2.4.3. Salas de conferencias.

III.2.4.4. Salas polivalentes.