ORDEN SND/257/2020, SUSPENSIÓN DE APERTURA AO PÚBLICO DE ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURÍSTICO.
SUSPENSIÓN DE APERTURA AO PÚBLICO DE ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURÍSTICO.
Establecer a suspensión de apertura ao público de todos os hoteis e aloxamentos similares, aloxamentos turísticos e outros aloxamentos de corta distancia, cámpings, aparcamentos de caravanas e outros establecementos similares, ubicados en calquera parte do territorio nacional.
Con carácter excepcional, queda permitida a prestación dos servizos de vixilancia, seguridade e mantemento destes establecementos.
ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURÍSTICO DE LONGA ESTANCIA E DE TEMPORADA.
Queda permitida a apertura ao público de aqueles establecementos turísticos previstos no apartado anterior que alberguen clientes que, no momento da declaración do estado de alarma, se atopasen hospedados de maneira estable e de temporada, sempre que os seus ocupantes conten coas infraestruturas, nos seus propios espazos habitacionais, para poder levar a cabo as actividades de primeira necesidade.
De todas formas, estes establecementos non poderán admitir a novos clientes ata que finalice a suspensión.
PROCESO DE PECHE.
O peche recollido no primeiro apartado, producirase no momento no que o establecemento non dispoña de clientes aos que deba atender e, en todo caso, no prazo máximo de sete dias naturais dende a entrada en vigor da presente norma.
DESAROLLO E EXECUCIÓN.
Corresponde as autoridades competentes de cada comunidade autónoma ditar as resolucións, disposicións e instrucións que sexan necesarias para garantir a eficacia do disposto nesta orde.
ENTRADA EN VIGOR.
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.
VIXENCIA
Esta orde será de aplicación dende a súa publicación no BOE ata finalizar a declaración do período do estado de alarma ou prórrogas do mesmo.