PLAN DE TRANSICIÓN

A transición deberá ser gradual, asimétrica, de forma coordinada coas comunidades autónomas, e adaptativa.

 

As fases de desescalada irán determinadas pola situación de cada un dos territorios.

 

FASE 0 OU DE PREPARACIÓN DA DESESCALADA.

     E a situación a data de hoxe, caracterizada polo establecemento de medidas de alivio comúns para todo o país unha vez dobregada a curva de contaxios, permitindo a mobilidade fora do domicilio, fundamentalmente no ámbito privado, e medidas cun risco asociado de contaxio moi baixo  ou nulo, sempre que se cumpran as indicacións de seguridade, en base a responsabilidade e auto protección dos cidadáns (actividade deportiva individual sen contacto e paseos, atención de hortos familiares, algunhas actividades económicas con control de aforo, etc.). 

 

     Durante esta fase poderanse adoptar medidas que afecten exclusivamente a determinados territorios. En particular, illas sen mobilidade exterior e con taxas de contaxio practicamente nulas.

 

FASE I OU INICIAL

     En función do cumprimento dos indicadores do panel de indicadores nos diferentes territorios, permitirase a apertura parcial de actividades, en particular, actividades económicas como puideran ser a apertura do pequeno comercio con cita previa ou servicio en mostrador, restaurantes e cafeterías con entrega para levar, actividades no ámbito agrario, actividades deportivas profesionais, aloxamentos turísticos sen utilización de zonas comúns e con restricións, entre outras actividades. 

 

FASE II OU INTERMEDIA

     Nesta fase plantease a apertura parcial de actividades que se manteñen restrinxidas na fase I, con limitacións de aforo, como restaurantes con servizo de mesa e terrazas, zonas comúns de aloxamentos turísticos, grandes superficies comerciais, etc. 

 

FASE III OU AVANZADA

     Nesta fase prevese a apertura de todas as actividades, pero sempre mantendo as medidas oportunas de seguridade e distancia. Entre as medidas a contemplar nesta fase, a apertura do comercio minorista que non abrise con anterioridade, con limitación de aforo, bares e discotecas con aforo moi limitado, museos e espectáculos culturais, tamén con asistencia limitada, etc. 

 

NOVA NORMALIDADE

     Terminan as restricións sociais e económicas, pero se mantén a vixilancia epidemiolóxica, a capacidade reforzada do sistema sanitario e a auto protección da cidadanía.

https://www.mscbs.gob.es/gabinete/notasPrensa.do?id=4884