PREGUNTAS FRECUENTES RELATIVAS OS CONTRATOS TEMPORAIS E O MANTEMENTO DO EMPREGO
A emerxencia sanitaria derivada do COVID-19 e as respostas lexislativas para facer fronte a mesma provocan en moitas ocasións gran incertidumbre e inseguridade xurídica. Por iso, a Dirección Xeneral de Traballo, en data 7 de abril de 2020, procedeu a aclarar as seguintes cuestións.
¿QUE OCORRE COA INTERRUPCIÓN DO CÓMPUTO DA DURACIÓN MÁXIMA DOS CONTRATOS TEMPORAIS?
– O artigo 5 do RD 9/2020 limitase aos contratos temporais suspendidos como consecuencia da aplicación dun ERTE por causa de forza maior ou económica, técnica, organizativa ou produtiva dos artigos 22 e 23 do Real Decreto-lei 8/2020.
– O anterior descarta tanto aos contratos que sexan obxecto de redución, como os contratos que non estivesen incluídos no ERTE, os cales seguirán despregando os seus efectos con total normalidade. Ademais, tamén se descarta a aqueles casos nos que se adoptasen medidas de teletraballo.
– A interrupción do cómputo ten que ver coa duración do contrato de maneira que a mesma se interrompe durante o período de suspensión e se restablece unha vez que dita suspensión acaba.
– Se durante o período de suspensión ou tras a reanudación da actividade e durante o período prorrogado ou ampliado concorrese algunha causa que poña fin o contrato de maneira válida e obxectiva, entenderase plenamente eficaz a extinción deste. Este podería ser o caso dun contrato de interinidade por substitución o un contrato de relevo por cumprimento da idade de xubilación.
¿QUE SE ENTENDE POR “MANTEMENTO DO EMPREGO” DURANTE OS SEIS MESES POSTERIORES A REANUDACIÓN DA ACTIVIDADE?
– A obrigación de manter o emprego durante o prazo de seis meses limitase as beneficiarias da exoneración ou redución das cotizacións previstas no artigo 24 do Real Decreto-lei 8/2020 por haberse acollido aos ERTEs por causa de forza maior do artigo 22 do citado corpo legal.
– A reserva de emprego limitase aos traballadores afectados pola suspensión ou redución de xornada.
– En caso de incumprimento deberán reintegrarse as aportacións empresariais e de recadación conxunta deixadas de ingresar.
– O compromiso de mantemento do emprego deberá cumprirse e verificarse tendo en conta as características da empresa correspondente, atendendo en especial a estacionalidade ou variabilidade do emprego ou outras especificidades do sector. Ademais, o compromiso non se entenderá incumprido cando o contrato de traballo se extinga por despido disciplinario declarado como procedente, dimisión, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez da persoa traballadora, ou por expiración do tempo convido ou a realización da obra ou servizo, no caso de los contratos temporais.
– O prazo dos 6 meses computase dende que finalicen as medidas de redución de xornada ou suspensión de contratos que traen causa no COVID – 19.