XORNADA RISCOS ASOCIADOS Á SAÚDE ACTIVIDADES FÍSICAS E HÁBITOS POSTURAIS
A Federación Galega de Comercio organiza catro xornadas gratuitas en modalidade de formación on line (aulas virtuais) os vindeiros días 3,4,10 e 11 de novembro.
A temática, relacionada coa sensibilidade no comercio de proximidade en materia de PRL, céntrase nestas xornadas nos “Riscos asociados á saúde: Actividades físicas e hábitos posturais”.
As xornadas están dirixidas tanto a comerciantes como traballadores do noso sector, e só é necesario a previa inscripción para a data elexida por cada participante.