BONOS ACTIVA TUI

CARACTERÍSTICAS DA INICIATIVA “ACTIVA TUI”

Facilitarase de forma gratuíta, un bono de compras por persoa solicitante, por valor de 10€, a aquelas persoas que teñan 16 anos ou máis, para a súa utilización en establecementos dos sectores comercio, hostalería e servizos do municipio adheridos previamente a esta iniciativa.

 

Os bonos serán nominativos mediante un código  alfanumérico QR, asociado ao DNI/NIE de cada persoa. Trátase dun cupón cun código QR que poderá adquirir de maneira gratuíta a través da páxina https://activa.tui.gal/activa-tui/#section-client. Estes bonos terán un valor de 10,00€, para utilizar como desconto en compras superiores a 25,00€.

 

Establecese un máximo de 2 bonos por persoa, e cada bono será utilizado integramente nunha soa compra.

 

Non se poderán trocar bonos do propio titular, dos seus familiares de primeiro grao e das persoas traballadoras da empresa no propio establecemento.

 

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS

Os requisitos que deberán cumprir os establecementos para poder adherirse á iniciativa e ser subvencionados a través destes bonos serán os seguintes:

 

a) Que se trate dunha actividade que se estea a desenvolver actualmente nun establecemento aberto ao público e situado en Tui.

b) Que se trate dunha actividade de hostalería ou restauración, concretamente bares, restaurantes e cafeterías, ou ben unha actividade comercial de comercio polo miúdo ou servizos, a excepción das actividades incluídas nos seguintes códigos CNAE:

 – CNAE 472 Comercio ó por menor de produtos alimenticios, bebidas e tabaco en establecementos especializados
– CNAE 473. Comercio polo miúdo de combustible para a automoción en establecementos especializados.
– CNAE 9200. Actividades de xogos de azar e apostas.
– CNAE 4773. Comercio ó por menor de produtos farmacéuticos en establecementos especializados.

 

Os bonos ACTIVA TUI non poderán ser utilizados para o desconto na adquisición ou consumo dos seguintes produtos:

• Produtos de alimentación (sen que por estes se entendan os que se preparen en restaurantes, bares, cafeterías ou similares).
• Tabaco ou produtos para a súa manipulación ou consumo en calquera do seus estados de comercialización.
• Alcol ou combinacións de bebidas con alcol en calquera dos seus estados de comercialización.
• Combustibles en calquera dos seus estados de comercialización.

 

c) Non ser filial de grandes firmas, cadeas comerciais, franquías ou empresas de implantación nacional ou internacional con máis de 10 persoas traballadoras.

 

d) Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias fronte á Seguridade Social, Axencia Tributaria estatal, Axencia Tributaria da Comunidade Autónoma e Concello de Tui.

 

ADHESIÓN DOS ESTABLECEMENTOS Á INICIATIVA E SOLICITUDE DE AXUDA

Para que os establecementos se adhiran a esta iniciativa deberán acceder a páxina https://activa.tui.gal/activa-tui/#section-business e realizar o rexistro a través do formulario habilitado https://activa.tui.gal/activa-tui/business

 

As solicitudes de adhesión poderán presentarse a partir do día 13/01/2021 ata o 28/01/2021.

 

OBLIGACIÓNS DO ESTABLECEMENTO ADHERIDO

Verificar no momento da venta o bono, ben descargado nun dispositivo móvil ou impreso xunto co DNI/NIE do cliente para comprobar que o bono está asociado a ese DNI/NIE.
No momento da venta, e en tempo real o establecemento beneficiario da convocatoria, introducirá o código do bono na plataforma web de xestión para comprobar a súa validez, xunto co número de ticket de venta da operación, fecha e importe da venta, entre outros.

 

No caso de que a plataforma admita ese bono, o establecemento aplicará o desconto ó cliente, gardando copia do ticket de venta xunto co bono, no caso de que fora impreso, entregado polo cliente para a súa xustificación e posterior canxe. No suposto de presentación do bono mediante dispositivo móvil o establecemento deberá gardar copia do ticket ou factura.

 

Recibir e colocar os materiais informativos da campaña “ACTIVA TUI”, nun lugar visible do establecemento. Esta información será facilitada polo Concello. A dita documentación consistirá en:
• Bases da iniciativa.
• Cartel/ adhesivo de identificación da mesma.

 

Os establecementos participantes están obrigados a solicitar o DNI/NIE da persoa consumidora verificando a coincidencia entre o bono e o DNI/NIE.

 

No caso de devolucións de produtos adquiridos con bono desconto, non se procederá ao reintegro do importe en metálico, se non que se deberá entregar un vale a trocar para futuras compras.

 

SOLICITUDE E OBTENCIÓN DOS BONOS “ACTIVA TUI” POR PARTE DAS
PERSOAS INTERESADAS

Os bonos poderanse solicitar do 1 de febreiro ao 30 de marzo de 2021 ou ata que o presuposto se esgote.

 

Poderán solicitar e obter os bonos de maneira gratuíta, as persoas que teñan 16 anos ou máis , a través da páxina https://activa.tui.gal/activa-tui/client

 

Os bonos “ACTIVA TUI”, serán remitidos a persoa solicitante a través do correo electrónico facilitado. O bono enviado deberá presentarse
descargado correctamente nun dispositivo móbil ou debidamente impreso, no establecemento adherido á convocatoria no que se desexe trocar.

Os bonos son persoais e intransferibles xa que van asociados a un DNI.

 

De forma excepcional, para aquelas persoas que por determinadas circunstancias e que non dispoñan de outros medios para obter o bono, descargado nun dispositivo móbil ou impreso, habilitaranse puntos de recollida de bono impreso nas instalacións municipais mediante cita
previa nos teléfonos que se publicarán na plataforma web www.tui.gal.

 

UTILIZACIÓN DOS BONOS “ACTIVA TUI”

As persoas que recibiran os bonos poderán utilizalos dende a súa recepción ata o 30 de marzo de 2021 incluído ou ata rematar o número total de bonos si esta fora anterior.

 

Por cada compra superior a 25,00€ poderase descontar un bono por valor de 10,00 €. Non se poderá trocar máis dun bono por compra.

 

Para alcanzar o máximo número de establecementos, en cada establecemento adherido a esta campaña poderase recibir un máximo de 100 bonos. No momento en que o comercio reciba 100 bonos, retiraranse os materiais de información da campaña e non se poderán recibir máis bonos da cidadanía.

 

XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN E PROCEDEMENTO DE PAGO

Para a xustificación da subvención, os establecementos deberan introducir na aplicación habilitada o código QR do bono aplicado e o ticket de compra sobre o que se aplica o desconto, mediante ordenador, móvil ou por escaneado do código QR no momento da compra.

 

É moi importante que se introduza o código do bono no mesmo momento da compra para que o bono quede asignado a ese establecemento e automaticamente invalidado.
No prazo máximo de 30 días desde a presentación da xustificación e tras a oportuna comprobación dos tickets cos seus correspondentes bonos, realizarase o reintegro dos descontos realizados na conta bancaria facilitada. A data máxima de xustificación será o día 5 de abril de 2021 incluído.

 

A non presentación en prazo da xustificación económica da axuda significará a súa desestimación.

A concesión e o pago da subvención realizaranse previa presentación da documentación xustificativa.

 

O pago ingresarase na conta bancaria facilitada polo establecemento adherido no prazo máximo de 1 mes dende a presentación correcta da xustificación.


 

http://tui.gal/gl/novas/o-concello-de-tui-destina-50-mil-euros-en-bonos-de-compra-para-reactivacion-da-economia-local?fbclid=IwAR39aRCn03bg-lz9jSmhzeZXMFKFWxAYmsacc2LgY4CqKYVFYWbPZ_S5HP0