LOTERÍA DE NADAL

Un ano máis chega con Acitui a Lotería de Nadal o comercio local.

O igual co ano pasado, son participacións de 5€ nas que se xogará 2 números de lotaría (o 56181 e o 92343) . Con cada papeleta xoganse 2€ a cada número e 1€ para o sorteo das 3 grandes cestas navideñas valoradas en 120€ cada unha.

O sorteo da lotería é o Sorteo Extraordinario de Nadal do 22 de decembro e o sorteo das cestas o realizaremos o 23 de decembro na Radio Municipal de Tui.

Os comercios que queiran participar poden apuntarse no 604 488 890 ou enviando un email a acitui@acitui.es

SORTEO 30 ANIVERSARIO

Onte demos por finalizada a campaña do 30 aniversario co sorteo no Mercado de San Antonio.

Os gañadores dos 15 vales «Merca con ACITUI» son:

– Sabela por unha compra en Espazo Do Lector Nobel Tui

– Rocío por unha compra en Ferre Tui Cortegoso

– Clemen por unha compra en @electrotui

– Conchi por unha compra en Ideas Tui

– Merchi por unha compra en Carniceria Marit

– Mónica por unha compra en @portela tui

– Loli por unha compra en @polisport Tui

– Paula por unha compra en Peluqueria Km Km Peluqueria

– Rosa por unha compra en Peluquería Naldo Costas

– Celia por unha compra en @electrotui

– Neena por unha compra en Mila estevez peluqueria unisex

– Pablo por unha compra en Porta da Pía artesanía

– Natalia por unha compra en @verive

– Itziar por unha compra en Peluquería Naldo Costas

– Dorio por unha compra en Verissimo Peluqueria Estetica

Os gañadores dos 4 vales «Profesionalidade Tudense» son:

– María por unha compra en Almacén Urbano Vinos

– Marisa por unha compra en Reflejos Tui

– Natalia por unha compra en @myr lanas

– Andry por unha compra en Dequip Tui

Os gañadores dos 4 vales «Brinda con ACITUI» son:

– Eva por unha compra en Volvoreta Tui

– Begoña por unha compra en Yutmovil

– Antonio por unha compra en Arqxé / Estudio de arquitectura

– Sonia por unha compra en Doce Ópticos Tui

Os gañadores dos 3 vales «Saborea con ACITUI» son:

– David por unha compra en La Peluquería de Marta

– Eva por unha compra en Cucapuntoes Bysalomefernandez

– Rosi por unha compra en Opticalia Tui

Os gañadores dos 3 vales «Mímate con ACITUI» son:

– Emilio por unha compra en Espazo Do Lector Nobel Tui

– Lucía por unha compra en Peluquería Naldo Costas

– Sandra por unha compra en @elarmariocurvy

A gañadora do vale «Benestar con ACITUI» é:

– Bego por unha compra en Carlos Joyero Joyeria- Relojeria

Un total de 30 vales que acadan os 900€ en premios repartidos entre os nosos 120 comercios asociados, para premiar con consumidores do noso comercio local.

Queremos agradecer a todos os comercios participantes, así como os consumidores por seguir mercando no comercio local tudense e mantendo viva a vila.

Tamén queremos agradecer a colaboración de Ana Nuñez Alvarez, Concelleira de Comercio, no sorteo actuando de mano inocente que deixou os 30 premios moi ben repartidos.

E así damos por finalizado o 30 aniversario da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui.

30 anos de historia e de comercio local. 30 premios.

Comercio galego

Campaña cofinanciada pola @XUNTA DE GALICIA

ESPAZO COMERCIO 20 OUTUBRO

Este xoves ACITUI celebra o sorteo da súa campaña especial do 30 aniversario.

Será nun acto aberto á cidadanía no Mercado de San Antonio, dende as 10 h ata ás 13 h.

Todos os que teñan un ticket de compra, realizada no mes de outubro, en calquera dos nosos comercios asociados, poderá achegarse o noso stand e recibirá un agasallo promocional.

As 12h SORTEAREMOS os 30 vales gañadores de 30 euros cada un a consumir nos comercios participantes na campaña.

Así o contou Pepe Míguez no Espazo Comercio da Radio Municipal de Tui.

https://go.ivoox.com/rf/182474281

SORTEO 30 ANIVERSARIO

O vindeiro xoves 22 de outubro, dende as 10h ata ás 13h, no exterior do Mercado de San Antonio, teremos o peche da campaña do 30 aniversario de ACITUI.

Por un lado, por cada ticket de compra que presenten os consumidores, realizada entre durante o mes de outubro nos comercios asociados, recibirán un agasallo publicitario da Asociación de Comerciantes.

E ás 12h faremos oficialmente o sorteo dos 30 vales de 30€ da campaña.

Agardámosvos a tod@s!!!

30 anos de historia, 30 anos de comercio local, 30 premios.

@comerciogalego

Campaña cofinanciada pola @xuntadegalicia.

BASES DA CAMPAÑA DO 30.º ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN

1. Entidade organizadora

A campaña está organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, con motivo da celebración do seu 30.º aniversario, co obxectivo de agradecer a confianza dos clientes e fomentar as compras nos comercios asociados.

2. Obxecto da campaña

Con motivo desta celebración, a Asociación pon en marcha unha campaña de dinamización comercial dirixida aos clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados durante o mes de outubro.

A campaña contempla dúas accións:

  • Entrega de agasallos publicitarios: os clientes que presenten un tícket de compra realizada durante o mes de outubro nos comercios asociados, poderán levar un agasallo publicitario conmemorativo da Asociación, ata esgotar existencias.
  • Sorteo de 30 vales de 30 €: ademais, celebrarase o sorteo de 30 vales por valor de 30 € cada un, para premiar a confianza dos clientes no comercio local e conmemorar os 30 anos de traxectoria da Asociación. Este sorteo realizarase coas papeletas recollidas nos comercios asociados que entregaron os comerciantes os seus clientes, por compras superiores a 20€ realizadas entre o 1 e o 15 de outubro.

3. Ámbito temporal

Poderán participar na campaña os clientes que realicen compras nos comercios asociados entre o 1 e o 22 de outubro do 2026, ambos os dous incluídos.

Os tíckets deberán presentarse no Mercado de San Antonio o día 22 de outubro de 10 a 13h.

4. Requisitos e forma de participación

Poderán participar todas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter realizado unha compra nalgún dos establecementos asociados adheridos á campaña durante o período promocional.
  • Presentar o tícket de compra orixinal, no que figure a data da operación dentro do mes de outubro.
  • Cumprir as condicións de participación establecidas pola organización.

A presentación dun tícket válido permitirá ao cliente acceder á entrega do agasallo publicitario, suxeita á dispoñibilidade de existencias.

Non se admitirán tíckets duplicados, manipulados ou que non correspondan a compras reais realizadas durante o período promocional.

5. Premios do sorteo

Sortearanse 30 vales de compra por valor de 30 € cada un, o que supón un valor total de 900 € en premios.

Os vales poderán trocarse segundo as condicións e nos establecementos asociados que determine a organización, dentro do prazo de validez indicado en cada vale.

Os vales non poderán trocarse por diñeiro en efectivo nin darán dereito a recibir o seu importe en metálico.

Dispoñemos de máis de 300 regalos publicitarios para premiar os tíckets dos consumidores.

6. Celebración do sorteo e comunicación das persoas gañadoras

O sorteo dos 30 vales de 30 € celebrarase o día 22 de outubro ás 12h, mediante o procedemento de selección establecido pola Asociación.

A relación de persoas gañadoras comunicarase a través da nosa páxina web e redes sociais, ademais contactaremos directamente coas persoas agraciadas.

A entrega dos vales realizarase nas oficinas da Asociación de comerciantes, ubicadas na rúa Colón nº 2, 1ª planta (edificio Francisco Sánchez-Antigua Área Panorámica) logo de acreditar a identificación do gañador.

No caso de que non sexa posible contactar con algunha das persoas gañadoras ou esta non reclame o premio dentro do prazo establecido, a organización poderá recorrer ás persoas suplentes, se as houbese, conforme ao procedemento previsto.

7. Agasallos publicitarios

Os agasallos publicitarios conmemorativos do 30.º aniversario entregaranse aos clientes que presenten un tícket válido, ata esgotar existencias.

A entrega do agasallo publicitario é independente do sorteo dos 30 vales de 30 €, polo que ambas as accións promocionais se desenvolven de forma complementaria.

8. Condicións xerais

A participación na campaña implica a aceptación íntegra destas bases.

A Asociación resérvase o dereito de resolver calquera incidencia relacionada coa interpretación e aplicación destas bases, respectando en todo momento a normativa vixente.

Calquera modificación ou cancelación por causa xustificada será comunicada a través das canles oficiais da Asociación.

9. Protección de datos persoais

Os datos persoais que, se é o caso, se soliciten para xestionar a participación, contactar coas persoas gañadoras ou entregar os premios serán tratados pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos e exclusivamente para as finalidades correspondentes, segundo a información facilitada ás persoas participantes.

10. Aceptación das bases

A participación na campaña supón a aceptación destas bases.

ESPAZO COMERCIO 13 OUTUBRO

No tempo do Espazo Comercio de cada martes na Radio Municipal de Tui, recibimos a Eduardo Dacuña de Ferretui.

Nesta céntrica ferretería tudense contan con maquinaria, ferramentas e produtos para distintos labores que chegan co outono como é a poda ou a invernaxe das piscinas, entre outros.

Podes escoitar toda a entrevista no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/182094846

CAMPAÑA 30 ANIVERSARIO

Derradeiros días para participar no sorteo de 30 vales de compra de 30€!!!

Fai a túa compra, superior a 20€, antes deste xoves, nos comercios asociados a Acitui Tui e poderás cubrir unha participación para gañar un dos 30 vales de 30€ que sortearemos o xoves 22!

Anímate e participa!!!!!

Comercio galego

Campaña cofinanciada pola |Xunta de Galicia

ESPAZO COMERCIO 6 DE OUTUBRO

Onte no Espazo Comercio, en colaboración coa Radio Municipal de Tui, coñecemos a transformación que están a preparar os nosos asociados do Disom Tui. Eduardo Méndez Sanjurjo, director, xerente e propietario do centro; e Laura Míguez, dietista-nutricionista deron conta do cambio que presentan neste mes.

No seu 40 aniversario, DiSom Tui inicia unha evolución e transformación. Dende mediados deste mes será MS Medical Sport, un centro que integra exercicio, prevención, fisioterapia, osteopatía, nutrición, podoloxía, psicoloxía e outras áreas do benestar.

Podes escoitar toda a entrevista no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/181736763

ESPAZO COMERCIO 29 DE SETEMBRO

Onte no espazo comercio na Radio Municipal de Tui acudiu o presidente Pepe Miguez, a facer o sorteo da campaña «REMATA AS VACACIÓNS CUN SORRISO».

Os gañadores do sorteo da campaña REMATA AS VACACIÓNS CUN SORRISO son:

Victoria por unha compra en Portela Tui
Lola por unha compra en Porta da Pía artesanía
Adela por unha compra en Porta da Pía artesanía
Laura por unha compra en @Botánica herbolario
Emiliano por unha compra en @Carniceria Mari T

Queremos agradecer a todos os consumidores que participaron nesta campaña cubrindo máis de 2300 papeletas, así como, os comerciantes asociados polo seu apoio.

Podes escoitar a entrevista no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/181345659

ACTO CONMEMORATIVO 30 ANIVERSARIO

En 1996 un grupo de comerciantes decidiu formar a ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E INDUSTRIAIS DE TUI, e neste 2026, 30 anos despois, gustaríanos invitarvos o acto conmemorativo que imos preparar para celebrar 30 anos de historia.

Agardámosvos o vindeiro 3 de outubro, ás 20:00h, no Espacio sociocultural da Rúa Camilo José Cela.

CAMPAÑA 30 ANIVERSARIO

Este año la ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES cumple 30 años desde que se constituyó y queremos celebrarlo con una campaña conmemorativa.

La campaña comenzará el 1 de octubre hasta el 15 de octubre.

Por compras superiores a 20€ se entregará al consumidor una papeleta para que cubra con nombre y teléfono para participar en el sorteo.

Los premios serán 30 vales de compra de 30€ cada uno, que se distribuirán de la siguiente manera:

       VALE MERCA CON ACITUI: 15 vales de compra de 30€ para consumir en los 63 comercios asociados.
       VALE PROFESIONALIDADE TUDENSE: 4 vales de compra de 30€ para consumir en los 15 locales de profesionales asociados (gestorías, talleres, servicios…)
       VALE BRINDA CON ACITUI: 4 vales de compra de 30€ para consumir en las 14 cafeterías asociadas
       VALE SABOREA CON ACITUI:3 vales de compra de 30€ para consumir en los 7 restaurantes asociados
       VALE MÍMATE CON ACITUI:3 vales de compra de 30€ para consumir en los 11 establecimientos de peluquería y centros de estética asociados
       VALE BIENESTAR CON ACITUI:1 vale de compra de 30€ para consumir en los 5 establecimientos de alojamiento y bienestar asociados 

El sorteo se realizará el 22 de octubre .

Si eres comerciantes asociado y quieres participar en la campaña puedes apuntarte enviando un whatsapp al 604 488 890 o un email a acitui@acitui.es

Puedes consultar las bases de la campaña a continuación:

BASES DO SORTEO DA CAMPAÑA DO 30.º ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E INDUSTRIAIS DE TUI

1. Entidade organizadora

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui con CIF G 36272003  e domicilio social en rúa Colón nº 2, 1ª planta, organiza o presente sorteo con motivo da celebración do seu 30.º aniversario, no marco da campaña comercial desenvolvida durante o mes de outubro.

2. Obxecto do sorteo

O obxectivo deste sorteo é celebrar e poñer o broche final á campaña do 30.º aniversario da Asociación de Comerciantes, agradecendo a participación e fidelidade da clientela e poñendo en valor o comercio local.

3. Participantes

Poderán participar no sorteo todas as persoas maiores de 18 anos que realicen unha compra por un importe igual ou superior a 20,00 € en calquera dos establecementos adheridos á campaña.

Para participar, a compra deberá realizarse entre o día 1 e o día 15 de outubro de 2026, ambos inclusive.

Por cada compra que cumpra as condicións establecidas, o establecemento participante entregará ao cliente unha papeleta de participación para o sorteo, de acordo co sistema establecido pola Asociación, que este deberá cubrir co seu nome e teléfono.

4. Forma de participación

Para participar será necesario realizar unha compra superior a 20,00 €, entre os días 1 e 15 de outubro de 2026, nalgún dos establecementos adheridos á campaña.

Unha vez realizada a compra, o establecemento entregará a correspondente papeleta de participación.

As papeletas deberán estar correctamente cubertas co nome e teléfono e depositarse nos comercios adheridos a campaña antes da data límite establecida.

Cada compra que cumpra os requisitos dará dereito a unha papeleta de participación, independentemente do importe total da compra.

A participación no sorteo implica a aceptación íntegra das presentes bases.

5. Premios

O sorteo estará composto polos seguintes premios:

  • VALE MERCA CON ACITUI: 15 vales de compra por valor de 30€ cada un para consumir nun total de 62 comercios retallistas asociados.
  • VALE PROFESIONALIDADE TUDENSE: 4 vales de compra por valor de 30€ cada un para consumir nun total de 15 locais profesionais asociados, como asesorías, talleres, empresas de enerxía, seguros, publicidade ou arquitectos.
  • VALE BRINDA CON ACITUI: 4 vales de compra por valor de 30€ cada un para consumir nas 14 cafeterías asociadas.
  • VALE SABOREA CON ACITUI: 3 vales de compra por valor de 30€ cada un para consumir nos 7 restaurantes asociados.
  • VALE MÍMATE CON ACITUI: 3 vales de compra por valor de 30€ cada un para consumir nos 11 espazos de perruquería e centros de estética asociados.
  • VALE BIENESTAR CON ACITUI: 1 vale de compra por valor de 30€ para consumir nos 5 espazos de saúde e descanso asociados, como balneario, hoteis e centros deportivos.

O valor total dos premios ascende a 900 euros.

Os premios non poderán ser trocados polo seu importe en metálico nin substituídos por outros produtos ou servizos, salvo que, por causas xustificadas e alleas á organización, fose necesario realizar algunha modificación.

6. Data e lugar do sorteo

O sorteo celebrarase o día 22 de outubro ás 12h , no exterior do Mercado de San Antonio, podendo realizarse publicamente ante as persoas asistentes. En caso de predicción meteorolóxicas adversas o lugar do sorteo pode verse modificado, sendo notificado os usuarios a través das redes sociais da asociación.

O procedemento de extracción das papeletas gañadoras realizarase de forma aleatoria.

Ademais das papeletas gañadoras, poderán extraerse 6 papeletas suplentes para o caso de que algunha das persoas premiadas non cumpra os requisitos establecidos ou non poida ser localizada dentro do prazo previsto.

7. Comunicación ás persoas gañadoras

As persoas gañadoras serán contactadas a través dos datos facilitados na papeleta de participación.

Se unha persoa gañadora non puidese ser localizada ou non aceptase o premio dentro do prazo de 7 días, procederase a contactar coa persoa que corresponda segundo a orde das papeletas suplentes extraídas.

8. Entrega dos premios

A entrega dos premios realizarase o día 22 de outubro ás 12h , no exterior do Mercado de San Antonio, o unas oficinas da asociación ubicadas na rúa Colón nº 2, 1ª planta no horario de luns a venres de 9:30 a 13:30h.

Para recoller o premio será necesario acreditar a identidade mediante documento oficial.

9. Publicidade das persoas gañadoras

Co fin de dar a coñecer o resultado do sorteo, a Asociación poderá publicar o nome de pila e/ou as iniciais dos apelidos das persoas gañadoras, así como fotografías da entrega dos premios, nas súas canles de comunicación e medios vinculados á campaña, de acordo coa normativa aplicable en materia de protección de datos e coas autorizacións que, de ser o caso, sexan necesarias.

10. Protección de datos persoais

Os datos persoais facilitados polas persoas participantes serán tratados pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui coa finalidade de xestionar a participación no sorteo, realizar o sorteo, contactar coas persoas gañadoras e xestionar a entrega dos premios.

Os datos serán tratados de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos persoais.

As persoas participantes poderán exercer os dereitos que lles correspondan en materia de protección de datos mediante comunicación dirixida a acitui@acitui.es  ou o enderezo rúa Colón nº 2, 1ª planta.

11. Aceptación das bases

A participación no sorteo supón a aceptación íntegra das presentes bases.

A organización resérvase o dereito a resolver calquera circunstancia non prevista expresamente nestas bases, sempre de conformidade coa normativa aplicable.

12. Modificación ou suspensión do sorteo

A Asociación poderá modificar, aprazar ou suspender o sorteo cando concorran circunstancias que o fagan necesario, especialmente cando existan causas de forza maior ou circunstancias alleas á vontade da organización.

Calquera modificación será comunicada, na medida do posible, a través das mesmas canles utilizadas para a difusión da campaña.

13. Consulta das bases

As presentes bases estarán dispoñibles para a súa consulta durante o período de vixencia da campaña na páxina web www.acitui.es e nas oficinas da Asociación ubicadas na rúa Colón nº 2, 1ª planta.

Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad