SORTEO 30 ANIVERSARIO
O vindeiro xoves 22 de outubro, dende as 10h ata ás 13h, no exterior do Mercado de San Antonio, teremos o peche da campaña do 30 aniversario de ACITUI.
Por un lado, por cada ticket de compra que presenten os consumidores, realizada entre durante o mes de outubro nos comercios asociados, recibirán un agasallo publicitario da Asociación de Comerciantes.
E ás 12h faremos oficialmente o sorteo dos 30 vales de 30€ da campaña.
Agardámosvos a tod@s!!!
30 anos de historia, 30 anos de comercio local, 30 premios.
@comerciogalego
Campaña cofinanciada pola @xuntadegalicia.

BASES DA CAMPAÑA DO 30.º ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN
1. Entidade organizadora
A campaña está organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, con motivo da celebración do seu 30.º aniversario, co obxectivo de agradecer a confianza dos clientes e fomentar as compras nos comercios asociados.
2. Obxecto da campaña
Con motivo desta celebración, a Asociación pon en marcha unha campaña de dinamización comercial dirixida aos clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados durante o mes de outubro.
A campaña contempla dúas accións:
- Entrega de agasallos publicitarios: os clientes que presenten un tícket de compra realizada durante o mes de outubro nos comercios asociados, poderán levar un agasallo publicitario conmemorativo da Asociación, ata esgotar existencias.
- Sorteo de 30 vales de 30 €: ademais, celebrarase o sorteo de 30 vales por valor de 30 € cada un, para premiar a confianza dos clientes no comercio local e conmemorar os 30 anos de traxectoria da Asociación. Este sorteo realizarase coas papeletas recollidas nos comercios asociados que entregaron os comerciantes os seus clientes, por compras superiores a 20€ realizadas entre o 1 e o 15 de outubro.
3. Ámbito temporal
Poderán participar na campaña os clientes que realicen compras nos comercios asociados entre o 1 e o 22 de outubro do 2026, ambos os dous incluídos.
Os tíckets deberán presentarse no Mercado de San Antonio o día 22 de outubro de 10 a 13h.
4. Requisitos e forma de participación
Poderán participar todas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter realizado unha compra nalgún dos establecementos asociados adheridos á campaña durante o período promocional.
- Presentar o tícket de compra orixinal, no que figure a data da operación dentro do mes de outubro.
- Cumprir as condicións de participación establecidas pola organización.
A presentación dun tícket válido permitirá ao cliente acceder á entrega do agasallo publicitario, suxeita á dispoñibilidade de existencias.
Non se admitirán tíckets duplicados, manipulados ou que non correspondan a compras reais realizadas durante o período promocional.
5. Premios do sorteo
Sortearanse 30 vales de compra por valor de 30 € cada un, o que supón un valor total de 900 € en premios.
Os vales poderán trocarse segundo as condicións e nos establecementos asociados que determine a organización, dentro do prazo de validez indicado en cada vale.
Os vales non poderán trocarse por diñeiro en efectivo nin darán dereito a recibir o seu importe en metálico.
Dispoñemos de máis de 300 regalos publicitarios para premiar os tíckets dos consumidores.
6. Celebración do sorteo e comunicación das persoas gañadoras
O sorteo dos 30 vales de 30 € celebrarase o día 22 de outubro ás 12h, mediante o procedemento de selección establecido pola Asociación.
A relación de persoas gañadoras comunicarase a través da nosa páxina web e redes sociais, ademais contactaremos directamente coas persoas agraciadas.
A entrega dos vales realizarase nas oficinas da Asociación de comerciantes, ubicadas na rúa Colón nº 2, 1ª planta (edificio Francisco Sánchez-Antigua Área Panorámica) logo de acreditar a identificación do gañador.
No caso de que non sexa posible contactar con algunha das persoas gañadoras ou esta non reclame o premio dentro do prazo establecido, a organización poderá recorrer ás persoas suplentes, se as houbese, conforme ao procedemento previsto.
7. Agasallos publicitarios
Os agasallos publicitarios conmemorativos do 30.º aniversario entregaranse aos clientes que presenten un tícket válido, ata esgotar existencias.
A entrega do agasallo publicitario é independente do sorteo dos 30 vales de 30 €, polo que ambas as accións promocionais se desenvolven de forma complementaria.
8. Condicións xerais
A participación na campaña implica a aceptación íntegra destas bases.
A Asociación resérvase o dereito de resolver calquera incidencia relacionada coa interpretación e aplicación destas bases, respectando en todo momento a normativa vixente.
Calquera modificación ou cancelación por causa xustificada será comunicada a través das canles oficiais da Asociación.
9. Protección de datos persoais
Os datos persoais que, se é o caso, se soliciten para xestionar a participación, contactar coas persoas gañadoras ou entregar os premios serán tratados pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos e exclusivamente para as finalidades correspondentes, segundo a información facilitada ás persoas participantes.
10. Aceptación das bases
A participación na campaña supón a aceptación destas bases.
