CURSO ON LINE DE “PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS COVID19”
O Concello de Tui, a través da concellería de Formación, oferta un curso on line de “Prevención de riscos laborais COVID19”.
A inscrición pode realizarse no enderezo electrónico infocovid@tui.gal, enviando o nome e apelidos, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Ofértanse 25 prazas gratuítas que se cubrirán por orde de inscrición.
O curso terá unha duración de tres horas nas que se abordará o coronavirus e a enfermidade COVID-19, como actuar, as medidas de hixiene e illamento, as medidas preventivas e as recomendacións do Ministerio de Sanidade, entre outros contidos.