EN NADAL TUI QUERETUI

A campaña “En Nadal Tui QuereTui”, consiste en que as empresas que tradicionalmente viñan celebrando as ceas de nadal, e que este ano non van poder celebrar, poidan regalar no seu lugar os/as traballadores/as uns bonos regalo para gastar nos establecementos comerciais e de restauración de Tui.

 

Os bonos serán canxeados nun único establecemento, e se non se gastase o valor total do bono, o establecementos deberá entregar un vale polo importe restante para gastar no seu local. Os bonos serán canxeados ata Xuño de 2021.

 

Os establecementos que queiran adherirse para que o bono se poida consumir no seu local, deberán inscribirse no seguinte formulario antes do 13 de decembro: http://tui.gal/gl/covid-19/formulario-en-nadal-tui-querotui

Noticia Concello de Tui: http://tui.gal/gl/novas/empresarios-tudenses-xunto-co-concello-promoven-unha-campana-de-bonos-agasallo-coma-alternativa-ceas-e-aguinaldos-de-nadal-das-empresas