FERIA DE OPORTUNIDADES

O Sábado 21 e Domingo 22 de Marzo, dende as 11:00 ata as 20:00 horas, no paseo da Corredoira en Tui, unha véntena de comercios de Tui e da contorna, ofertaran os seus produtos.

Achegarán variedades de produtos de téxtil, calzado, complementos, deporte, tallas grandes, … tamén haberá un posto de alimentación vegana e estará presente a Protectora de Animais Aloia.

Haberá actividades como actuacións musicais, animación infantil, inchables, exposición de coches antigos e a visita de Mickey e Minnie.