FEIRA DE OPORTUNIDADES ACITUI

O Sábado 5 e Domingo 6 de Setembro, dende as 11:00 ata as 21:00 horas, no paseo da Corredoira en Tui, unha véntena de comercios de Tui e da contorna, ofertaran os seus produtos.

Achegarán variedades de produtos de téxtil,moda infantil, calzado, complementos, deporte, tallas grandes, xoguetes, mercerias e estará presente a Protectora de Animais Aloia.

Ademais en ambas xornadas contarase con diversas actuacións musicais. O sábado actuará a banda Lembranzas da Terra e Carmen Penin na Praza da Fromista. Pola noite as Lagharteiras, serán as protagonistas, no Palco da Música. O domingo haberá pasarrúas da mán do Grupo Xuntanza de Randufe e a visita de Mickey e Minnie.

Esta feira celebrarase cumprindo os protocolos sanitarios. Haberá control de aforo e de temperatura, os postos estarán delimitados e diferenciarase os accesos e as saídas, para evitar aglomeracións. Ademais, os asistentes deberán levar a máscara e terán a súa disposición xel desinfectante.

Feria Oportunidades

Deixámosvos un pequeniño resumo, do ben que o pasamos esta fin de semana, na Feira de Oportunidades ACITUI. 🥳🥳Grazas a todos/as!! 🤩👏#FeiraDeOportunidadesAcitui #ApoioComercioLocal #MercaTui #ApostaPoloComercioDeCercania #Tui #Acitui

Publiée par Acitui Asociación de Comerciantes e industriais Tui sur Mercredi 9 septembre 2020
Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad