DESESCALADA DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19.

DECRETO 31/ 2021, DO 25 DE FEBREIRO

 

Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais.

A limitación de entrada e saída de persoas no ámbito territorial de cada un dos concellos queda codicionada o nivel de cada concello.

 

Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
j) Coidado de hortas e animais.
k) Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

l) Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.
m) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
n) Adestramentos ou competicións de ámbito federado profesional ou non profesional permitidos.
ñ) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

 

Limitacións á permanencia de persoas en lugares de culto

A asistencia a lugares de culto non poderá superar o terzo da súa capacidade e deberase garantir, en todo caso, o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentes. Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

 

Limitación da mobilidade nocturna

Durante o período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas as persoas
unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para realizar as seguintes actividades:

a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
d) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
e) Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.

f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
i) Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

 

ANEXO

En particular, tendo en conta a incidencia de contaxios en cada un dos concellos galegos, distribúense da seguinte forma:

Concellos en cuxo ámbito territorial quedan restrinxidas a entrada e saída de persoas: 
– Peche perimetral dos concellos
– Non se permiten reunións entre non convivintes
– Hostalaría pechada como ata agora
Os concellos afectados son Corcubión, Curtis, Ponteceso, Moeche, O Corgo, Guitiriz, Gomesende, A Gudiña, A Peroxa, Toques.

 

Ámbito territorial conxuntamente delimitado formado polos seguintes concellos:
– Permítese a movilidade entre concellos coa mesma incidencia
– Reunións de ata 4 persoas non convivintes
– Hostalaría: abren as terrazas ata as 18 horas, cun aforo do 50%
Os concellos afectados son:

A) Área sanitaria da Coruña: Aranga, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Paderne, Sada, Vilasantar, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilarmaior, Vimianzo, Zas.
B) Área sanitaria de Ferrol: Cedeira, Ferrol, Narón, Neda, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cerdido, Fene, Mañón, Monfero, Mugardos, Ortigueira, Pontedeume, As Somozas , Valdoviño.
C) Área sanitaria de Pontevedra: Barro, Cambados, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Ponte Caldelas, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova de Arousa, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Forcarei, O Grove, A Illa de Arousa, Moraña, Poio, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa.

 

Concellos entre os cales está permitida a mobilidade atendendo á súa similar situación epidemiolóxica:
– Permítese a movilidade entre concellos coa mesma incidencia
– Apertura das instalacións deportivas
– Reunións de ata 4 persoas non convivintes
– Hostalaría: 50% no exterior ata as 18 horas
Os concellos que están neste nivel son: Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Rábade, Sober, Bande, Beade, Celanova, A Merca, A Mezquita, Punxín, Sandiás, Taboadela, Viana do Bolo, Verea, Xunqueira de Espadanedo, Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois, Tordoia, Moaña, Oia, Redondela.

 

– Permítese a movilidade entre concellos coa mesma incidencia
– Apertura das instalacións deportivas
– Reunións de ata 4 persoas non convivintes
– Hostalaría: aforo do 30% no interior e do 50% no exterior ata as 18 horas
E ademáis, os das áreas sanitarias de Vigo, Lugo, Ourense e Santiago: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade, Xove, Allariz, Amoeiro, A Arnoia, Avión, Baltar, Baños de Molgas, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Esgos, O Irixo, Larouco, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, Petín, Piñor, A Pobra de Trives, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, A Rúa, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sarreaus, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga, Verín, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio,Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Ames, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Negreira, Noia, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Agolada, Dozón, A Estrada, Lalín, Pontecesures, Rodeiro, Silleda, Valga, Vila de Cruces, Arbo, Baiona, Cangas, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Vigo.

 

Eficacia, seguimento e avaliación
A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 26 de febreiro de 2021.

ORDE DO 25 DE FEBREIRO DE 2021

 

Medidas de prevención aplicables

Mantense en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.

 

Os centros comerciais poden abrir os fins de semana.

 

Hoteis e aloxamentos turísticos.

Os hoteis e establecementos turísticos permanecerán abertos, sen perxuízo das limitacións vixentes de entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais, que deberán respectarse en todo caso. Os clientes procedentes dalgún dos ámbitos territoriais aos cales se lles apliquen as devanditas limitacións soamente poderán terse desprazado aos establecementos situados fóra dese ámbito territorial polos motivos xustificados establecidos na normativa vixente.
A ocupación das zonas comúns non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade.

Poderán facilitar servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados nos ditos establecementos.

 

Plan de hostalaría segura

A Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia sanitaria porá en marcha un «plan de hostalaría segura» baseado nas seguintes liñas fundamentais:

a) Corresponsabilidade dos operadores económicos na aplicación, cumprimento e seguimento do plan e na colaboración no establecemento de medidas e instrumentos que contribúan ao control e seguimento de posibles abrochos, incluíndo a rastrexabilidade dos posibles contactos, co obxecto de garantir unha actividade nas adecuadas condicións de
seguridade.
b) Definición de criterios claros e precisos para a organización e utilización de espazos, condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, e determinación de ocupación para efectos da aplicación das medidas sanitarias de prevención.

c) Colaboración coas entidades representativas do sector para o estudo, deseño e implementación das medidas de prevención aplicables, incluída a promoción da existencia de mecanismos de autocontrol e auditoría de cumprimento.
d) Xeración de confianza nos usuarios, así como información e concienciación deles sobre as medidas de prevención e o seu necesario cumprimento.
e) Establecemento dun plan de control e inspección autonómico e a adecuada colaboración coas entidades locais nas súas competencias de control e inspección, especialmente con aquelas de menor tamaño e medios.
f) Colaboración das forzas e corpos e forzas de seguridade no control e inspección.


 

POSTA EN MARCHA DO PLAN HOSTELERÍA SEGURA

Obxecto
A presente orde ten por obxecto establecer e regular as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Capacidades máximas e responsabilidade

Os establecementos deberán declarar e manter accesible ao público e á autoridade sanitaria a súa capacidade máxima, interior e exterior, sendo responsables das capacidades máximas que declare e de controlar que sexan respectadas.

 

Capacidade interior e porcentaxe máxima de uso

Capacidade interior do establecemento: superficie interior, en metros cadrados (excluíndo os aseos, á barra e zona interior da barra) dividida entre 1,5 (distancia mínima de seguridade por persoa usuaria).


A capacidade interior obtida a través deste cálculo non poderá ser superior á capacidade máxima establecida no correspondente título habilitante de carácter municipal. Nese caso, prevalecerá a capacidade consignada na licenza municipal.


Porcentaxe máxima de uso: A capacidade interior aplicaráselle a porcentaxe máxima de uso que estableza en cada momento a autoridade sanitaria.

 

Capacidade exterior e porcentaxe máxima de uso

Capacidade exterior do establecemento: superficie de terraza establecida no correspondente título habilitante de carácter municipal.

 

A capacidade exterior obtida a través deste cálculo non poderá ser superior á establecida no correspondente título habilitante de carácter municipal. Nese caso, prevalecerá a capacidade consignada no indicado título.


Porcentaxe máxima de uso: a capacidade exterior aplicarase a porcentaxe máxima de uso que estableza en cada momento a autoridade sanitaria.

 

Información para as persoas usuarias

Obriga de dispor nun lugar visible do acceso, preferentemente na porta de entrada, dun cartel que sexa de doada lectura con información actualizada, debéndose utilizar os modelos de cartel postos á disposición para a súa impresión na páxina web https://coronavirus.sergas.gal/.


Información:
Para o interior, debe aparecer a capacidade máxima permitida en condicións normais, a porcentaxe máxima de uso interior establecida pola autoridade sanitaria e capacidade máxima interior permitida en cada momento en función da aplicación da porcentaxe máxima de uso
establecida pola autoridade sanitaria.


Para o exterior, a capacidade máxima exterior permitida en condicións normais, o porcentaxe máxima de uso exterior establecida pola autoridade sanitaria e a capacidade máxima exterior permitida en cada momento en función da aplicación da porcentaxe máxima de uso establecida pola autoridade sanitaria.

 

Regras básicas sobre disposición do mobiliario

Para facilitarlles ás persoas usuarias e traballadoras do establecemento o cumprimento das regras de capacidade e porcentaxe máxima de uso, así como para garantir as distancias mínimas de seguridade persoal, tanto no interior coma no exterior, as mesas e cadeiras montadas deberán corresponderse coas capacidades permitidas en condicións normais e procederase a inutilizar, mediante bandas ou adhesivos, as mesas e cadeiras que sexa necesario.

 

Rastrexabilidade

A persoa titular do establecemento obterá un código QR na páxina web
https://coronavirus.sergas.gal/, para que os usuarios poidan rexistrar a súa presenza nel a través da aplicación da Xunta de Galicia Passcovid. En caso de non dispor da aplicación Passcovid, o local terá QR personalizados para entregarlles aos usuarios e que permitan a súa rastrexabilidade en caso de detección de casos positivos.

 

Seguimento e inspección

Establecemento dun plan de control e inspección autonómico e o desenvolvemento de actuacións de control e inspección municipais, coa colaboración das forzas e corpos e forzas de seguridade no seu control e inspección, impulsando a coordinación entre os distintos corpos existentes que garantan a efectividade da implantación das medidas acordadas.
Para o desenvolvemento das súas competencias de control sanitario, os concellos poderán solicitar o apoio técnico do persoal e os medios das autoridades sanitarias autonómicas.


Establécense os seguintes obxectivos cuxo cumprimento queda condicionado, en todo caso, ás necesidades operativas e á dispoñibilidade de medios das forzas e corpos de seguridade actuantes:
a) Concellos sen Policía local ou con tres ou menos efectivos en activo: preferentemente unha visita semanal por local de hostalaría, pola Policía local ou, de ser o caso, a través da colaboración e do apoio das demais forzas e corpos de seguridade.
b) Concellos con Policía local de ata 20.000 habitantes, con máis de tres efectivos en activo: preferentemente dúas visitas semanais por local de hostalaría, pola Policía local.
c) Concellos con Policía local de máis de 20.000 habitantes: preferentemente dúas visitas semanais por local de hostalaría, pola Policía local. Estableceranse, así mesmo, medidas de especial vixilancia as fins de semana e os días festivos.


O obxecto destas visitas será de control e a comprobación do cumprimento, por parte do establecemento, das seguintes medidas:
a) Que teñen exposta, no exterior do local, a capacidade máxima permitida, nun lugar facilmente visible tanto para clientes como para os órganos inspectores, de acordo cos modelos de cartelaría postos á súa disposición polas autoridades sanitarias.
b) Que se cumpre a porcentaxe máxima de capacidade establecida especificamente en cada momento durante a situación da pandemia, así como as regras establecidas en canto á prohibición de uso de barras e ocupación máxima das mesas.
c) Que a apertura e o peche do establecemento están dentro do horario establecido.
d) Que os clientes e empregados do local cumpren coas medidas de seguridade interpersoal en canto ás distancias e ao uso das máscaras.

 

No suposto de incumprimento das medidas de prevención, os axentes dos corpos e forzas de seguridade poderán adoptar de forma directa, logo de requirimento ás persoas responsables do local e no caso de que este non for atendido, as seguintes medidas e co cumprimento dos requisitos que estas normas establecen:
a) A suspensión inmediata do espectáculo ou actividade e o desaloxo e precintaxe dos establecementos abertos ao público.
b) Aqueloutras medidas que se consideren necesarias, en atención ás circunstancias concorrentes en cada caso, para garantir a seguridade das persoas e os bens e a convivencia entre a cidadanía, e que garden a debida proporción en atención aos bens e dereitos obxecto de protección.


Entenderase que concorre un perigo grave e inminente para as persoas nos casos de incumprimento das seguintes medidas de prevención:
a) Incumprimento xeneralizado no establecemento ou na actividade das distancias de seguridade interpersoal, xa sexa por unha deficiente organización dos espazos ou polo incumprimento da organización existente.
b) Incumprimento da obrigación do uso adecuado das máscaras por parte do persoal, clientes ou público asistente, cando non sexa meramente singular, puntual ou episódico.
c) Presenza no establecemento ou espazo aberto ao público de persoas con sintomatoloxía compatible co COVID-19.
d) Presenza no establecemento ou espazo aberto ao público de traballadores ou público asistente sometidos a obrigas de illamento ou corentena.
e) Incumprimento grave das medidas de limpeza e desinfección.
f) Incumprimento das medidas relativas á capacidade máxima dos establecementos ou espazos.
g) Existencia de aglomeracións de persoas no interior ou no exterior dos establecementos ou espazos.
h) Incumprimento das medidas relativas a agrupacións máximas de persoas nas mesas ou agrupacións de mesas.

 

Eficacia

As medidas previstas nesta orde terán efectos a partir das 00.00 do 26 de febreiro de 2021, excepto as medidas en canto á obriga de dispor dun cartel e obter un código QR ou de dispor dun código QR personalizado que terán efectos a partir das 00.00 horas do día 5 de marzo de 2021, polo que as actuacións de control que con anterioridade se efectúen se limitarán a informar da súa exixibilidade a partir da indicada data.


En cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nesta orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.


 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/55949/xunta-estende-moratoria-para-descarga-carteis-codigos-coa-finalidade-que-hostaleiros?fbclid=IwAR3SRD65CSKc_vM7TBYAzdzuOKgpx5og9jnQdKzNS15MsGvF5SBk1RsVg5I

BASES DO II PLAN DE RESCATE PARA O SECTOR DE HOSTELERIA (TR500C) E OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS (TR500D).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para o mantemento do emprego e da actividade económica das persoas traballadoras autónomas, das microempresas ou pemes de Galicia afectadas pola COVID-19 a través de dous programas:

  • Programa I de apoio ao sector da hostalaría (TR500C).
  • Programa II de apoio a outras actividades pechadas (TR500D).

 

Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I (Hostalaría) e anexo II (Outras activiades pechadas), segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberanse cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ata o 23 de marzo de 2021 ou esgotamento de orzamento.

 

PROGRAMA I. HOSTALARÍA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR500C)

 

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que cumpran estes requisitos:

– Ter domicilio fiscal en Galicia.
– Estar afectada polos supostos de peche do establecemento, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen, ditados pola autoridade sanitaria ou a autoridade competente delegada da Xunta de Galicia nas ordes e decretos.

 

3. Así mesmo, para os efectos destas axudas entenderase que está afectado polo peche, aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o interior do mesmo, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local.

 

* Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:

⇒ Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

⇒ Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

 

Importe das axudas

O importe da axuda por establecemento determinase en función da data de peche do mesmo, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos pola data peche perimetral do concello en que se sitúen do seguinte xeito:

– Peche desde o 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €

– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €

– Peche por dous o máis decretos que establecen o peche sanitario: 2.700 €

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 incrementarase en 1.000 € a cantidade sinalada nas alíneas anteriores.

 

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado podendo ter a persoa beneficiaria máis dun establecemento con dereito á axuda. Deste xeito deberá presentarse unha única solicitude por titular onde figurarán todos os establecementos afectados polo peche.

 

Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Cando se actúe mediante representación deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.

 

 

PROGRAMA II. OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR500C)

 

Persoas ou entidades beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

2. Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.

– Ter domicilio fiscal en Galicia.
– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes.

 

* Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:

⇒ Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

⇒ Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

 

Importes das axudas

– Peche desde 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €

– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €

– Peche por dous o máis decretos que establezan o peche sanitario: 2.700 €

– As actividades de atraccións de feira: 2.700 €

No caso dos establecementos con 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase en 1.000 € a cantidades inalada.

 

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado polo que se deberá presentar unha única solicitude por titular, figurando todos os establecementos afectados polo peche.

 

Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Cando se actúe mediante representación, deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.


 

BASES DO II PLAN DE RESCATE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (TR500A) E MICROEMPRESAS (TR500B).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19 a través de dous programas:

  • Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A).
  • Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B).

 

Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I (persoas traballadoras autónomas) e anexo II (microempresas), segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberanse cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ata o 18 de marzo de 2021 ou esgotamento de orzamento.

 

PROGRAMA I. PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR500A)

 

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o  45 % no ano 2020 comparada coas do 2019.


2. As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e que cumpra os requisitos de baixada de facturación de, polo menos, 45% no ano 2020 compradas coas do 2019.


3. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019.

 

Importe das axudas

1.200 €. quen acredite baixada de facturación entre o 45% e o 60%

2.000 € quen acredite baixada de facturación de máis dun 60% e menos dun 70%

3.000 € quen acredite baixada de facturación igual ou superior ao 70%

Autónomos de tempada: 50% das cantidades anteriormente indicadas.

 

A baixada de facturación calcularase:

De modo xeral comparando os datos de facturación do ano 2020 e 2019

 

Autonomos de tempada: comparando media mensual dos meses que estivo de alta en 2019 coa facturación media dos meses que estivo de alta en 2020, polo que se non estivo de alta en 2020 se considerá actividade especialmente paralizada

 

Empresas creadas en 2019: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade en 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020

 

Empresas creadas entre o 1.1.2020 e 31.3.2020: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro timestre de 2020 con media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020

 

Documentación complementaria

a) Cando se actúe mediante representación, deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.


b) Documentación acreditativa da baixada de facturación, con algúns dos seguintes modelos:

Estimación directa:

– Modelo 390 dos anos 2019 e 2020.

– Modelo 303 dos anos 2019 e 2020.

– Modelo 130 IV trimestre dos anos 2019 e 2020.

 

Módulos:

Libro de compras, libro de facturas recibidas, libro de caixa, extracto de TPV ou caixa rexistradora, ou calquera documentación que xustifique a baixada de facturación.

 

PROGRAMA II. MICROEMPRESAS (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR500B)

 

Persoas ou entidades beneficiarias

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % no ano 2020, e que teñan o domicilio fiscal en Galicia.

 

Empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e volume de facturación non superior a dous millóns de euros no último ano das contas presentadas e acrediten descenso de facturación superior ao 60%. En caso de pemes que pertencen á canle de distribución Horeca, o volume de facturación elévase ata cinco millóns de euros.

 

Actividade especialmente paralizada: descenso de facturación igual ou superior ao 70%

 

Importes das axudas

4.000 € quen acredite baixada de facturación entre o 45% e o 60%

5.000 € quen acredite baixada de facturación de máis dun 60% e menos dun 70%

6.000 € quen acredite baixada de facturación igual ou superior aos 70%

 

A baixada de facturación calcularase:

De modo xeral comparando os datos de facturación do ano 2020 e 2019

 

Empresas creadas en 2019: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade en 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020

 

Empresas creadas entre o 1.1.2020 e 31.3.2020: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro timestre de 2020 con media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.

 

INCREMENTOS:

1.000 € para empresas entre 4 e 9 traballadores a data de publicación da orde

2.000 € para empresas entre 10 e 20 traballadores a data de publicación da orde

3.000 € para empresas entre 21 e 25 traballadores a data de publicación da orde

 

Documentación complementaria

a) Cando se actúe mediante representación, deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.


b) Documentación acreditativa da baixada de facturación, con algúns dos seguintes modelos:

Estimación directa:

– Modelo 390 dos anos 2019 e 2020.

– Modelo 303 dos anos 2019 e 2020.

– Modelo 130 IV trimestre dos anos 2019 e 2020.

 

Módulos:

Libro de compras, libro de facturas recibidas, libro de caixa, extracto de TPV ou caixa rexistradora, ou calquera documentación que xustifique a baixada de facturación dos anos 2019 e 2020.

 


 

PRÓRROGA MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19.

ORDE DO 15 DE FEBREIRO DE 2021

 

Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

• Establecemento retallista: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.

• Actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.

 

Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

• Os centros, parques comerciais e grandes superficies (de mais de 2500 metros cadrados) deberán pechar os sábados, domingos e festivos.
• No caso de establecementos ou locais distribuidos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade total en cada un deles.
• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %

• Establecemento retallista: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior coas excepcións indicadas na lexislación vixente (apartado 3.6.3 do Anexo I da Orde do 26 de xaneiro de 2021).
• Establecemento de actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
• Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
• Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.

 

Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos.

Non federada:
• Ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
Federada:
• Adestramentos e competicións non suxeitas a limitacións de entrada/saída de concellos.

 

Áreas de servizo para profesionais do transporte.

Co obxecto de posibilitar os descansos adecuados en cumprimento da normativa de tempos de condución e descanso, imprescindibles para poder levar a cabo as operacións de transporte, e facilitarlles aos transportistas profesionais un servizo de cátering, aqueles establecementos situados en centros loxísticos e nas áreas de servizo da Rede de estradas do Estado en Galicia, vías de alta capacidade e Rede primaria básica de estradas de Galicia que dispoñan de cociña, servizos de restauración, ou expendedores de comida preparada, poderán permanecer abertos, incluído en horario nocturno de acordo coa súa regulación específica, para os únicos efectos de dar cumprimento a esta finalidade.

 

Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais.

• Bibliotecas e arquivos: 30% da súa capacidade máxima permitida.
• Museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida.

 

Celebración de actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecemento destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 250 persoas en locais pechados e 500 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

 

Medidas especiais para determinadas actividades.

Actividades non esenciais que pechan temporalmente:

I. Espectáculos públicos:
I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.
I.5. Espectáculos deportivos.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:
II.2. Actividades deportivas.
II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

II.7. Actividades de restauración.

II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos para o público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos

III.1.7. Recintos feirais.

III.2. Establecementos de actividades recreativas:

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

III.2.2. Establecementos para actividades deportivas
III.2.2.1. Estadios deportivos.
III.2.2.2. Pavillóns deportivos.
III.2.2.3. Recintos deportivos.
III.2.2.4. Pistas de patinaxe.
III.2.2.5. Ximnasios.
III.2.2.6. Piscinas de competición.
III.2.2.7. Piscinas recreativos de uso colectivo.
III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multiocio.
III.2.5. Establecementos de restauración.
III.2.5.1. Restaurantes.
III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.
III.2.5.2. Cafeterías.
III.2.5.3. Bares.

III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos.

III.2.8. Centros de lecer infantil.

 

Restablécese a actividade lectiva presencial a partir das 00.00 horas do día 22 de febreiro de 2021 nos seguintes centros educativos de réxime especial:

• Escolas oficiais de idiomas.
• Escolas de arte e superior de deseño.
• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
• Escola Superior de Arte Dramática.
• Conservatorios de música.
• Conservatorios de danza.
• Escolas de música.
• Escolas de danza.
• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de futbol; centros autorizados de futbol sala
• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade o alumnado dos ditos centros docentes.
• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.
* As actividades presenciais que impliquen instrumentos e/ou exercicios de canto mantéñense suspendidas.

 

Adóptase a medida de peche temporal ao público dos albergues turísticos durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde.

 

A actividade docente nas ensinanzas universitarias restablecerase en modalidade presencial a partir das 00.00 horas do día 1 de marzo.

 

Suspéndese a actividade ao público dos centros sociais, sociocomunitarios, clubs de xubilados e centros de natureza análoga. Permanecerán abertos, en todo caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os ocupacionais, así como as casas do maior.

 

Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021 e estenderán a súa eficacia ata as 00.00 horas do día 3 de marzo de 2021, sen prexuízo da súa posible prórroga. Non obstante o anterior, serán obxecto de seguimento e avaliación continua, as medidas poderán ser modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

 

DECRETO 26/2021, DO 15 DE FEBREIRO

 

 

Entre o día 17 de febreiro de 2021, ás 00.00 horas, e o día 3 de marzo de 2021, ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos motivos previstos no número 2 do punto primeiro deste decreto.

 

Eficacia, seguimento e avaliación
A eficacia das medidas previstas neste decreto rematará ás 00.00 horas do día 3 de marzo de 2021, sen prexuízo da súa posible prórroga.

 


 

Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad