SORTEO CESTA DE NADAL

Hoxe realizamos o sorteo da cesta de nadal, na Radio Municipal de Tui que se sorteaba coa lotería de nadal de ACITUI.

O número premiado foi o 1287 e foi mercada en Librería Iris.

O/a agraciado/a deberá pasarse pola oficina coa rifa co nº de participación 1287 para entregarlle a cesta.

Noraboa o/a premiado/a. 🥳🎟🧺

TARXETA REGALO ACITUI

Queremos dar un ano máis, as grazas a Utingal por pórse en contacto coa asociación para mercar novamente tarxetas regalo para entregar aos seus traballadores como agasallo de Nadal e contribuír novamente a apoiar ao comercio local asociado.

Dar as grazas por esta iniciativa solidaria e por apostar polo comercio de cercania…polo comercio de Tui. 🎟🎁🛍

Xestos que chegan cando é máis necesario que nunca apoiar aos nosos comerciantes. 😍

Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad