DECLARACIÓN EMERXENCIA SANITARIA EN GALICIA
Entre as medidas de protección referidas á poboación, establece as seguintes:
- Avisos á poboación afectada
- Confinamento en lugares seguros
- Evacuación e asistencia social
- Seguridade cidadá
- Control de accesos
Tendo en conta a evolución da situación, disponse a suspensión da actividade durante 14 días naturais, contados desde a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de todos os establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro:
– Cines
– Teatros
– Auditorios
– Circos
– Establecementos de espectáculos deportivos
– Recintos feirais
– Casinos
– Salas de bingo
– Salóns de xogo
– Tendas de apostas
– Estadios deportivos
– Pavillóns deportivos
– Recintos deportivos
– Pistas de patinaxe
– Ximnasios
– Piscinas de competición
– Piscinas recreativas de uso colectivo
– Parques acuáticos
– Salóns recreativos
– Parques multiocio
– Museos
– Bibliotecas
– Salas de conferencias
– Salas polivalentes
– Salas de concertos
– Restaurantes
– Salóns de banquetes
– Cafetarías
– Bares
– Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas
– Salas de festas
– Discotecas
– Pubs
– Cafés-espectáculo
– Furanchos
– Centros de ocio infantil
Os establecementos de restauración, como cafetarías, bares e restaurantes, permanecerán cerrados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.
Suspéndese, polo mesmo prazo establecido anteriormente, a actividade comercial retallista en todo o territorio da Comunidade Autónoma, a excepción dos establecementos comerciais retallistas de alimentación e produtos e bens de primeira necesidade recollidos a continuación segundo a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009):
47 Comercio ao retallo, agás de vehículos de motor e motocicletas
47.1 Comercio ao retallo en establecementos non especializados.
47.11 Comercio ao retallo en establecementos non especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco.
47.2 Comercio ao retallo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco en establecementos especializados.
47.21 Comercio ao retallo de froitas e hortalizas en establecementos especializados.
47.22 Comercio ao retallo de carne e produtos cárnicos en establecementos especializados.
47.23 Comercio ao retallo de peixe e mariscos en establecementos especializados.
47.24 Comercio ao retallo de pan e produtos de panadaría, confeitaría e pastelaría en establecementos especializados.
47.25 Comercio ao retallo de bebidas en establecementos especializados.
47.26 Comercio ao retallo de produtos de tabaco en establecementos especializados.
47.29 Outro comercio ao retallo de produtos alimenticios en establecementos especializados.
47.3 Comercio ao retallo de combustible para a automoción en establecementos especializados.
47.30 Comercio ao retallo de combustible para a automoción en establecementos especializados.
47.4 Comercio ao retallo de equipamentos para as tecnoloxías da información e as comunicacións en establecementos especializados.
47.41 Comercio ao retallo de ordenadores, equipamentos periféricos e programas informáticos en establecementos especializados
47.42 Comercio ao retallo de equipamentos de telecomunicacións en establecementos especializados
47.43 Comercio ao retallo de equipamentos de audio e vídeo en establecementos especializados
47.6 Comercio ao retallo de artigos culturais e recreativos en establecementos especializados.
47.62 Comercio ao retallo de xornais e artigos de papelaría en establecementos especializados
47.7 Comercio ao retallo doutros artigos en establecementos especializados.
47.73 Comercio ao retallo de produtos farmacéuticos en establecementos especializados
47.74 Comercio ao retallo de artigos médicos e ortopédicos en establecementos especializados.
47.75 Comercio ao retallo de produtos cosméticos e hixiénicos en establecementos especializados.
47.76 Comercio ao retallo de flores, plantas, sementes, fertilizantes, animais de compañía e alimentos para estes en establecementos especializados.
47.9 Comercio ao retallo non realizado nin en establecementos, nin en postos de venda nin en mercados.
47.91 Comercio ao retallo por correspondencia ou internet.
No caso de equipamentos comerciais colectivos, tales como mercados municipais, centros, parques e/ou galerías comerciais, suspenderase a actividade comercial daqueles establecementos integrados nestes e non incluídos na lista anterior.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200313/2256/AnuncioG0244-130320-1_gl.pdf