BASES DO II PLAN DE RESCATE PARA O SECTOR DE HOSTELERIA (TR500C) E OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS (TR500D).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para o mantemento do emprego e da actividade económica das persoas traballadoras autónomas, das microempresas ou pemes de Galicia afectadas pola COVID-19 a través de dous programas:

  • Programa I de apoio ao sector da hostalaría (TR500C).
  • Programa II de apoio a outras actividades pechadas (TR500D).

 

Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I (Hostalaría) e anexo II (Outras activiades pechadas), segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberanse cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ata o 23 de marzo de 2021 ou esgotamento de orzamento.

 

PROGRAMA I. HOSTALARÍA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR500C)

 

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que cumpran estes requisitos:

– Ter domicilio fiscal en Galicia.
– Estar afectada polos supostos de peche do establecemento, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen, ditados pola autoridade sanitaria ou a autoridade competente delegada da Xunta de Galicia nas ordes e decretos.

 

3. Así mesmo, para os efectos destas axudas entenderase que está afectado polo peche, aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o interior do mesmo, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local.

 

* Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:

⇒ Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

⇒ Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

 

Importe das axudas

O importe da axuda por establecemento determinase en función da data de peche do mesmo, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos pola data peche perimetral do concello en que se sitúen do seguinte xeito:

– Peche desde o 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €

– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €

– Peche por dous o máis decretos que establecen o peche sanitario: 2.700 €

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 incrementarase en 1.000 € a cantidade sinalada nas alíneas anteriores.

 

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado podendo ter a persoa beneficiaria máis dun establecemento con dereito á axuda. Deste xeito deberá presentarse unha única solicitude por titular onde figurarán todos os establecementos afectados polo peche.

 

Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Cando se actúe mediante representación deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.

 

 

PROGRAMA II. OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR500C)

 

Persoas ou entidades beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

2. Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.

– Ter domicilio fiscal en Galicia.
– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes.

 

* Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:

⇒ Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

⇒ Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

 

Importes das axudas

– Peche desde 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €

– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €

– Peche por dous o máis decretos que establezan o peche sanitario: 2.700 €

– As actividades de atraccións de feira: 2.700 €

No caso dos establecementos con 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase en 1.000 € a cantidades inalada.

 

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado polo que se deberá presentar unha única solicitude por titular, figurando todos os establecementos afectados polo peche.

 

Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Cando se actúe mediante representación, deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.