BASES DO II PLAN DE RESCATE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (TR500A) E MICROEMPRESAS (TR500B).
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19 a través de dous programas:
- Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A).
- Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B).
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I (persoas traballadoras autónomas) e anexo II (microempresas), segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberanse cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Ata o 18 de marzo de 2021 ou esgotamento de orzamento.
PROGRAMA I. PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR500A)
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % no ano 2020 comparada coas do 2019.
2. As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e que cumpra os requisitos de baixada de facturación de, polo menos, 45% no ano 2020 compradas coas do 2019.
3. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019.
Importe das axudas
1.200 €. quen acredite baixada de facturación entre o 45% e o 60%
2.000 € quen acredite baixada de facturación de máis dun 60% e menos dun 70%
3.000 € quen acredite baixada de facturación igual ou superior ao 70%
Autónomos de tempada: 50% das cantidades anteriormente indicadas.
A baixada de facturación calcularase:
De modo xeral comparando os datos de facturación do ano 2020 e 2019
Autonomos de tempada: comparando media mensual dos meses que estivo de alta en 2019 coa facturación media dos meses que estivo de alta en 2020, polo que se non estivo de alta en 2020 se considerá actividade especialmente paralizada
Empresas creadas en 2019: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade en 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020
Empresas creadas entre o 1.1.2020 e 31.3.2020: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro timestre de 2020 con media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020
Documentación complementaria
a) Cando se actúe mediante representación, deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.
b) Documentación acreditativa da baixada de facturación, con algúns dos seguintes modelos:
Estimación directa:
– Modelo 390 dos anos 2019 e 2020.
– Modelo 303 dos anos 2019 e 2020.
– Modelo 130 IV trimestre dos anos 2019 e 2020.
Módulos:
Libro de compras, libro de facturas recibidas, libro de caixa, extracto de TPV ou caixa rexistradora, ou calquera documentación que xustifique a baixada de facturación.
PROGRAMA II. MICROEMPRESAS (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO TR500B)
Persoas ou entidades beneficiarias
As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % no ano 2020, e que teñan o domicilio fiscal en Galicia.
Empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e volume de facturación non superior a dous millóns de euros no último ano das contas presentadas e acrediten descenso de facturación superior ao 60%. En caso de pemes que pertencen á canle de distribución Horeca, o volume de facturación elévase ata cinco millóns de euros.
Actividade especialmente paralizada: descenso de facturación igual ou superior ao 70%
Importes das axudas
4.000 € quen acredite baixada de facturación entre o 45% e o 60%
5.000 € quen acredite baixada de facturación de máis dun 60% e menos dun 70%
6.000 € quen acredite baixada de facturación igual ou superior aos 70%
A baixada de facturación calcularase:
De modo xeral comparando os datos de facturación do ano 2020 e 2019
Empresas creadas en 2019: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade en 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020
Empresas creadas entre o 1.1.2020 e 31.3.2020: comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro timestre de 2020 con media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.
INCREMENTOS:
1.000 € para empresas entre 4 e 9 traballadores a data de publicación da orde
2.000 € para empresas entre 10 e 20 traballadores a data de publicación da orde
3.000 € para empresas entre 21 e 25 traballadores a data de publicación da orde
Documentación complementaria
a) Cando se actúe mediante representación, deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.
b) Documentación acreditativa da baixada de facturación, con algúns dos seguintes modelos:
Estimación directa:
– Modelo 390 dos anos 2019 e 2020.
– Modelo 303 dos anos 2019 e 2020.
– Modelo 130 IV trimestre dos anos 2019 e 2020.
Módulos:
Libro de compras, libro de facturas recibidas, libro de caixa, extracto de TPV ou caixa rexistradora, ou calquera documentación que xustifique a baixada de facturación dos anos 2019 e 2020.