BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA A INSTALACIÓN, REFORMA E ADAPTACIÓN DAS TERRAZAS DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN E A ADQUISICIÓN DE ELEMENTOS DE ENVASADO E EMPAQUETADO PARA O SERVIZO DE CONSUMO NO DOMICILIO – IG524E
OBXECTO
Estas axudas teñen por obxecto subvencionar as seguintes actividades na hostalería:
1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalería e restauración, sitas en espazos públicos ou privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.
PROCEDEMENTO E RÉXIME DE APLICACIÓN
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
BENEFICIARIOS
Pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
REQUISITOS
* Que desenvolvan a súa actividade en Galicia, a lo menos nun centro de traballo dentro do sector da hostalería e restauración.
* Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I.
* Exímese do requisito de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma.
* Menos de 50 traballadores.
* Investimento subvencionable mínimo por solicitude de 1.500 euros.
ANEXO I
Agrupación 67. Servizo de alimentación.
– GRUPO 671. SERVIZOS EN RESTAURANTES.
Epígrafe 671.1. De cinco garfos.
Epígrafe 671.2. De catro garfos.
Epígrafe 671.3. De tres garfos.
Epígrafe 671.4. De dous garfos.
Epígrafe 671.5. Dun garfo.
– GRUPO 672. EN CAFETARÍAS.
Epígrafe 672.1. De tres cuncas.
Epígrafe 672.2. De dúas cuncas.
Epígrafe 672.3. Dunha cunca.
– GRUPO 673. DE CAFÉS E BARES, CON E SEN COMIDA.
Epígrafe 673.1. De categoría especial.
Epígrafe 673.2. Outros cafés e bares.
– GRUPO 675. SERVIZOS EN QUIOSCOS, CAIXÓNS, BARRACAS OU OUTROS LOCAIS ANÁLOGOS, SITUADOS EN MERCADOS OU PRAZAS DE ABASTOS, AO AIRE LIBRE NA VÍA PÚBLICA OU XARDÍNS.
– GRUPO 676. SERVIZOS EN CHOCOLATARÍAS, XEADARÍAS E HORCHATARÍAS.
Epígrafe 677.9. Outros servizos de alimentación propios da restauración.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
Os gastos e investimentos, realizados entre o 1 de outubro de 2020 e a data límite de execución establecida na resolución de convocatoria das axudas.
CONDICIÓNS DOS PROXECTOS
Considéranse actuacións subvencionables:
a) A instalación de pechamentos estables ou instalación de elementos desmontables e móbiles que sirvan de illamento, acoutamento do perímetro ou protección, así como otros elementos móbiles que cumpran esta función nos laterais, cuberta e/ou chan, tales como toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles.
b) A adecuación estética e mellora da imaxe e funcionalidade da terraza con criterios de homoxeneización estética e integración no seu contorno, mediante a renovación do mobiliario (mesas, cadeiras e xardineiras), instalación de sistemas de iluminación e de aparellos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. Para seren subvencionables, os aparellos calefactores deberán ser eléctricos ou baseados noutras opcións que non impliquen combustibles fósiles e permitan dar o servizo con enerxía de fontes renovables.
c) A adquisición de elementos sustentables de envasado e empaquetado de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio establecemento. Todos os elementos do packaging deberán ser 100 % biodegradables. No caso de ser de plástico, deberán ser compostable, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000
CONTÍA DA AXUDA
A contía da axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable mínimo por solicitude de 1.500 €.
Según as actuacións previstas, o investimento máximo pode ser de 14.000 € (a), 7.000 € (b) e 4.000 € (c).
A natureza desta subvención xustifica realizar pagamentos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes a ela de ata un 50 % da subvención concedida.
SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 4 de decembro ata o 1 de marzo de 2021.
Para presentar a solicitude deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto, a través de http://www.tramita.igape.es
Na solicitude vén recollida unha declaración responsable de cumprimento obrigatorio para recibir a axuda.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Entidades non inscritas no rexistro mercantil: escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificación posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa.
b) Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica: documento onde consten expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. No documento constará unha persoa representante única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación.
c) Memoria detallada das actuacións para as cales se solicita subvención, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude. Para as actuacións previstas nas letras a) e b), a memoria incluirá unha descrición pormenorizada de cada un dos elementos que se pretenden instalar, a superficie de metros cadrados que se ocupará e a súa distribución no correspondente plano.
d) Solicitude de licenza ou autorización municipal para a instalación, renovación ou acondicionamento da terraza, no caso de solicitar as actuacións previstas nas letras a) e b).
OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
– Manter os investimentos, vinculados á actividade económica subvencionable, no centro de traballo, durante tres anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.
– Xustificar a execución do proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión.
XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN.
– Para o cobramento da subvención concedida, o beneficiario, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es. O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo III)
– Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.A memoria incluirá, de ser o caso, fotografías das zonas reformadas que amosen as obras realizadas obxecto da subvención, así como de todos elementos e demais actuacións de mellora de imaxe, e do material de envasado e empaquetado obxecto da subvención.
– Unha relación de facturas na que se deberá indicar: Data e número da factura; Importe, IVE excluído.; Provedor: nome ou razón social e CIF ou NIF; Descrición dos bens ou servizos proporcionados; Forma de pagamento; Data de pagamento.
– Declaración responsable de non ter solicitado ningunha outra axuda para as actuacións recollidas na solicitude de axuda.
MÁIS INFORMACIÓN
Teléfono: Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
Páxina web: www.igape.es
Correo electrónico: informa@igape.es