DECRETO 202/2020, DO 3 DE DECEMBRO, POLO QUE SE ADOPTAN MEDIDAS NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA FACER FRONTE A CRISE SANITARIA.

Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais

1.Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais delimitados de forma conxunta:

a) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos da Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre.

b) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín e Poio.

c) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vigo, Mos, Nigrán

d) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ferrol, Neda e Fene.

e) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

f) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Sanxenxo e O Grove.

g) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Carballo e A Laracha.

h) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

i) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Cee, Dumbría e Muxía.

j) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Meaño, Meis e Ribadumia.

 

2.Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais:

a) Do ámbito territorial do concello de Lugo.

b) Do ámbito territorial do concello de Narón.

c) Do ámbito territorial do concello de Redondela.

d) Do ámbito territorial do concello de Cangas.

e) Do ámbito territorial do concello de Ponteareas.

f) Do ámbito territorial do concello de Lalín.

g) Do ámbito territorial do concello do Porriño.

h) Do ámbito territorial do concello de Moaña.

i) Do ámbito territorial do concello de Tui.

j) Do ámbito territorial do concello de Vilalba.

k) Do ámbito territorial do concello de Cambados.

l) Do ámbito territorial do concello das Pontes de García Rodríguez.

m) Do ámbito territorial do concello da Guarda.

n) Do ámbito territorial do concello de Xinzo de Limia.

ñ) Do ámbito territorial do concello de Burela.

o) Do ámbito territorial do concello de Silleda.

p) Do ámbito territorial do concello de Oroso.

q) Do ámbito territorial do concello de Soutomaior.

r) Do ámbito territorial do concello de Vimianzo.

s) Do ámbito territorial do concello de Vilaboa.

t) Do ámbito territorial do concello de Cerdedo-Cotobade.

u) Do ámbito territorial do concello de Ponte Caldelas.

v) Do ámbito territorial do concello de Ribadavia.

w) Do ámbito territorial do concello de Barro.

x) Do ámbito territorial do concello de Laxe.

 

3.Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.

c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.

g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

 

Limitación temporal da entrada e saída de persoas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa finalidade de evitar desprazamentos de  poboación nas vindeiras festividades, por razóns derivadas das grandes diferenzas na situación epidemiolóxica entre o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e outros territorios que a rodean, restrínxese de forma temporal a entrada e saída de persoas do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia desde as 00.00 horas do día 4 de decembro de 2020 ata as 00.00 horas do día 9 de decembro de 2020, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos motivos previstos no número 3 do punto primeiro deste decreto, e sen prexuízo da circulación en tránsito prevista no numero 4 do punto primeiro.

 

Limitación da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados.

Limítanse os grupos para o desenvovemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de seis persoas, excepto no caso de persoas conviventes.

Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas; actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Tampouco será aplicable naqueles ámbitos territoriais concretos con medidas máis estritas.

 

Persoas procedentes de fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas procedentes de fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán cumprir as disposicións establecidas neste decreto, polo que, en particular, só poderán entrar nos ámbitos territoriais delimitados no punto primeiro nos supostos nel previstos.

 

 

Limitación temporal da entrada e saída de persoas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

Coa finalidade de evitar desprazamentos de poboación nas vindeiras festividades, por razóns derivadas das grandes diferenzas na situación epidemiolóxica entre o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e outros territorios que a rodean, restrínxese de forma temporal a entrada e saída de persoas do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia  desde as 00.00 horas do día 4 de decembro de 2020 ata as 00.00 horas do día 9 de decembro de 2020, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos motivos previstos no número 3 do punto primeiro deste decreto, e sen prexuízo da circulación en tránsito prevista no numero 4 do punto primeiro.

 

Limitación da libertade de circulación das persoas en horario nocturno.

Entre as 23:00 e as 6:00 horas, as persoas únicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:

– Adquisición de medicamentos, productos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

– Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

– Asistencia a centros de atención veterinaria por motivo de urxencia.

– Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresarais, institucionais ou legais.

– Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

– Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou personas especialmente vulnerables.

– Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

– Calquera outra actividade de anaáloga natureza, debidamente acreditada.

– Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos puntos anteriores.