DESPRAZAMENTOS

BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO

 

MODIFICACIÓN DA ORDE TMA/254/2020, DO 18 DE MARZO, POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS EN MATERIA DE TRANSPORTE POR ESTRADA E AÉREO.

Se modifica o artigo 3.4. da orde TMA/254/2020, e queda redactado da seguinte forma:

 

«El transporte público, privado complementario y particular de personas en vehículos de hasta nueve plazas, incluido el conductor, llevado a cabo en el marco de los supuestos de desplazamiento autorizados en el artículo 7 del Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, en los que deba viajar más de una persona en el vehículo, respetará que vaya como máximo una persona por cada fila de asientos, manteniéndose la mayor distancia posible entre los ocupantes.»

 

O artigo 7 do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declaraba:

«LIMITACIÓN DE LA LIBERTAD DE CIRCULACIÓN DE LAS PERSONAS.

Durante la vigencia del estado de alarma las personas únicamente podrán circular por las vías de uso público para la realización de las siguientes actividades:

a) Adquisición de alimentos, productos farmacéuticos y de primera necesidad.

b) Asistencia a centros, servicios y establecimientos sanitarios.

c) Desplazamiento al lugar de trabajo para efectuar su prestación laboral, profesional o empresarial.

d) Retorno al lugar de residencia habitual.

e) Asistencia y cuidado a mayores, menores, dependientes, personas con discapacidad o personas especialmente vulnerables.

f) Desplazamiento a entidades financieras y de seguros.

g) Por causa de fuerza mayor o situación de necesidad.

h) Cualquier otra actividad de análoga naturaleza que habrá de hacerse individualmente, salvo que se acompañe a personas con discapacidad o por otra causa justificada.

i) El repostaje en gasolineras o estaciones de servicio.»

 

https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/14/pdfs/BOE-A-2020-3692.pdf


 

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

 

ACLARACIÓN SOBRE DESPRAZAMENTOS DESDE OU AO LUGAR DE TRABALLO.

Aclárase expresamente que concorre causa xustificada que permite a excepción á regra do carácter individual dos desprazamentos nos seguintes casos:

 

Os desprazamentos desde e ao lugar de traballo en vehículo compartido por máis dun traballador, en sectores críticos para o mantemento dos servizos esenciais e de empresas que son esenciais para asegurar o abastecemento da poboación e os propios servizos esenciais (como, por exemplo, traballadores das compañías enerxéticas para a resolución de avarías, por seren imprescindibles para o mantemento da subministración enerxética, moi especialmente nos hospitais e resto de centros sanitarios, así como tamén ao resto da cidadanía e á industria; traballadores do sector primario –agricultores, gandeiros, sector forestal, conserveiras…–, por estaren vinculados á garantía do mantemento da cadea alimentaria, así como traballadores de transporte, recollida e tratamento de residuos).

 

O número de persoas que compartan vehículo nos casos antes expresados non poderá superar o número seguinte:

– 2 persoas para vehículos cunha ocupación máxima de 5 persoas.

– 3 persoas para vehículos cunha ocupación máxima de 7 persoas.

– 4 persoas para vehículos cunha ocupación máxima de 9 persoas.

– 30 % da súa ocupación para vehículos cunha ocupación superior a 9 persoas.