GALICIA, DESTINO SEGURO.

No camiño de reactivación do sector turístico ante a crise sanitaria da COVID-19, a Xunta e o sector turístico traballan no programa Galicia, destino seguro.


 

Inclúese unha batería de accións para mellorar a información a través dunha serie de manuais por sectores que recompilan os requisitos hixiénico-sanitarios obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidade e recomendacións adaptadas ás especificidades do noso territorio.

 

Manuais:

 

Carteis:


 

Tamén se conta cun Plan de formación específico, con 500 accións formativas previstas que se coordinarán en colaboración co sector, a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) así como das asociacións provinciais e organismos sectoriais. Esta formación é gratuíta de carácter voluntario, e pretende que o sector do turismo de Galicia estea formado en materia de seguridade e prevención libre de COVID-19 para facer de Galicia un destino seguro.


 

As accións da Xunta inclúen asesoramento e financiamento das empresas e profesionais turísticos galegos en materia de seguridade sanitaria para adecuarse á situación actual, no marco do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico.


 

Para resolver dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria a Xunta habilitou:

  • O teléfono gratuíto 900 815 334, dispoñible en horario de luns a venres de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas
  • O enderezo electrónico: info-galiciadestinoseguro@xunta.gal

 

https://www.turismo.gal/galiciadestinoseguro?langId=gl_ES