INFORMACIÓN ACTUALIZADA IMPORTANTE PARA OS ESTABLECEMENTOS SOBRE A SITUACIÓN DE CRISE “COVID-19”
En relación coa suspensión da actividade comercial retallista ordenada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020, inclúense dentro das excepcións á suspensión e, polo tanto, poderán continuar abertas as actividades e establecementos seguintes por considerárense correspondentes a bens de primeira necesidade:
- Comercio ao retallo de ferraxaría, pintura e vidro en establecementos especializados (correspondentes ao epígrafe 47.52 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009, CNAE-2009), xa que se trata de actividades que deben subministrar ao sector primario, gandeiro, pesqueiro e agrícola elementos necesarios para a continuación da súa actividade.
- Ópticas (incluídas na epígrafe 47.78 da CNAE-2009 ou, se é o caso, en calquera outro).
- Venda ambulante de alimentación a domicilio en camións tenda (incluída na epígrafe 47.81 da CNAE-2009).
- Así mesmo, aclárase que non está incluída na suspensión a actividade das lonxas.
- Aclárase expresamente que a actividade correspondente a talleres de reparación poderá seguir realizándose.
- Así mesmo, e polo mesmo tempo, suspéndense as actividades económicas correspondentes a perrucarías (agás servizos a domicilio por causas debidamente xustificadas).
Todos os establecementos comerciais de primeira necesidade exceptuados da suspensión no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo e neste acordo, e que, polo tanto, poden continuar abertos, terán liberdade horaria para fixaren sen limitacións os horarios dos seus establecementos comerciais.
Ante as consultas formuladas, aclárase expresamente para evitar dúbidas que as seguintes actividades económicas privadas non están afectadas pola suspensión ordenada no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020 e, en consecuencia, poden permanecer abertas:
- Actividades sanitarias e de servizos sociais (entre elas, actividades hospitalarias, médicas e odontolóxicas, asistencia en establecementos residenciais).
- Actividades financeiras e de seguros.
- Actividades profesionais, científicas e técnicas.
- Actividades administrativas e servizos auxiliares.
- Asistencia en establecementos residenciais con coidados sanitarios.
- Actividades de servizos sociais sen aloxamento.
- Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico.
- Lavado e limpeza de pezas téxtiles e de pel.
- Pompas fúnebres e actividades relacionadas.
- Fisioterapeutas.
- Técnicos de reparación e mantemento.
- Servizos veterinarios.
A lista anterior recóllese para efectos meramente aclaratorios e informativos, sen que se poida entender que as actividades que non se citan están suspendidas. As actividades suspendidas son unicamente aquelas que se recollen no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo e as recollidas no Real decreto de declaración do estado de alarma.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200315/AnuncioG0244-150320-1_gl.html
https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/14/pdfs/BOE-A-2020-3692.pdf