MEDIDAS COMPLEMENTARIAS ÁMBITO LABORAL
Principais medidas adoptadas polo RD-Lei 9/2020, do 27 de marzo, polo que se adoptan as medidas complementarias, no ámbito laboral, para paliar os efectos derivados do COVID-19.
• Medidas extraordinarias para a protección do emprego. Un dos principais obxectivos do Real Decreto-Lei 8/2020 foi establecer mecanismos para asegurar que os contratos se mantivesen durante a situación de crise sanitaria. Para reforzalo a presente norma establece que non estará xustificado o despido que se realice por causas relacionadas co Covid-19.
• Axilizase o acceso a prestación de desemprego clarificándose o seu alcance. No presente Real Decreto-Lei concreta o mecanismo para que a prestación de desemprego se solicite directamente por parte do empresario que tramitou o ERTE.
Especifícase cal debe ser a documentación e como debe ser a comunicación por parte do empresario o servizo público de emprego estatal para que a prestación poida ser recoñecida o antes posible.
Así mesmo, establecese que a data de inicio da prestación de desemprego será a do momento no que se producise a suspensión por forza maios ou a data na que a empresa comunique a súa decisión a autoridade, co que se garantiza a percepción desde o momento no que se produce a falta de actividade.
• Reforzamento dos mecanismos de control. Establecese que a Inspección de Traballo e Seguridade Social incluirá entre os seus plans de actuación a comprobación das causas alegadas para os ERTE. Así mesmo, establecese que no caso de solicitudes con falsedades e incorreccións, incluído a falta de causa ou a falta de necesidade do ERTE, o empresario poderá ser sancionado e deberá devolver a entidade xestora as contías percibidas en concepto de desemprego polos traballadores.
• Interrupción do cómputo da duración máxima dos contratos temporais. A suspensión dos contratos temporais, incluídos os formativos, de relevo e interinidade, suporán a interrupción do cómputo, tanto da duración destes contratos como dos períodos de referencia equivalentes o período suspendido en cada unha destas modalidades contractuais.
Para información máis detallada, deixámosvos o Real Decreto publicado no BOE: