MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DO COVID-19 EN GALICIA.
ORDE DO 22 DE DECEMBRO DE 2020
Modificación do número 4 do punto segundo da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia
Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo II e, no que sexan compatibles con elas, as previstas no anexo I, no ámbito territorial dos seguintes concellos:
a) A Coruña, Culleredo, Arteixo e Cambre.
b) Lugo.
c) Santiago de Compostela.
d) Soutomaior.
e) Moaña.
Modificación do número 5 do punto segundo da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia
Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo III e, no que sexan compatibles con elas, as previstas no anexo I, no ámbito territorial dos seguintes concellos:
a) Ferrol e Narón.
b) Vigo, Mos, Nigrán, O Porriño e Gondomar.
c) Vilagarcía de Arousa.
d) A Rúa.
e) Pontevedra, Marín e Poio.
f) Cangas.
g) Carnota.
h) Meaño.
i) Dumbría.
j) Vimianzo, Camariñas e Zas.
k) Sarreaus.
l) A Illa de Arousa.
m) Rodeiro.
n) Fisterra.
ñ) Santa Comba, Mazaricos e Negreira.
o) A Guarda, Tomiño e O Rosal.
p) Tui.
q) Ponteareas.
r) Vilalba
Modificación do número 6 do punto segundo da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia
Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo IV e, no que sexan compatibles con elas, as previstas no anexo III, no ámbito territorial dos concellos que se relacionan a continuación. Así mesmo, no que sexa compatible cos dous anexos citados serán de aplicación as medidas recollidas no anexo I:
a) Ribeira.
b) Sanxenxo e O Grove.
c) Bueu.
d) Redondela.
e) Baiona.
f) Cambados.
g) As Pontes de García Rodríguez.
h) Boiro.
i) Rianxo.
Medidas especiais de Nadal
Entre o 23 de decembro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021 non se permitirá a celebración de eventos presenciais con elevada afluencia de público ou que provoquen aglomeracións, salvo que se garanta o cumprimento do establecido no documento de «Recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España»
Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 23 de decembro de 2020.
DECRETO 222/2020, DO 22 DE DECEMBRO
Deben adoptarse unha serie de medidas especiais aplicables no período das festas de Nadal, debido á unha intensificación da interactuación social e mobilidade da poboación nas citadas datas, relativas ás seguintes materias:
a) Limitación temporal da entrada e saída de persoas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 7 de xaneiro de 2021 ás 00.00 horas.
b) Encontros con familiares para celebrar as comidas e ceas de Nadal dos días 24 e 25 de decembro de 2020.
c) Limitación da mobilidade nocturna na noite do 24 ao 25 de decembro de 2020. Así mesmo, recóllese unha medida especial relativa á mobilidade dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 23 de decembro ás 00.00 horas e o día 25 de decembro ás 23.00 horas.
Limitación temporal da entrada e saída de persoas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 7 de xaneiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados.
Así mesmo, excepcionaranse das limitacións de entrada e saída os desprazamentos a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace, entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 30 de decembro de 2020 ás 00.00 horas, sen prexuízo da ulterior revisión desta excepción para os efectos de decidir ou non o seu mantemento, e aínda que estes lugares estean sometidos a limitacións de entrada e saída de acordo con este decreto.
Medidas especiais aplicables no período das festas de Nadal
- Mobilidade dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entre o día 23 de decembro ás 00.00 horas e o día 25 de decembro ás 23.00 horas, para os ámbitos territoriais previstos no punto primeiro deste decreto, quedan exceptuados das limitacións de entrada e saída aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace.
- Encontros con familiares.
En relación coas limitacións da permanencia de grupos de persoas prevista no punto segundo deste decreto, os encontros con familiares para celebrar as comidas e ceas de Nadal dos días 24 e 25 de decembro de 2020 quedarán sometidos aos seguintes condicionantes:
a) En todo caso, recoméndase que os encontros familiares se limiten á unidade de convivencia.
b) No caso de que os encontros familiares se produzan entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes, estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de dez persoas.
c) No caso de que os encontros se produzan entre persoas de máis de dúas unidades de convivencia diferentes estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de seis persoas. Dentro deste número máximo de seis persoas non computarán os nenos e nenas menores de dez anos. En todo caso, os encontros estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de dez persoas.
- Limitación da mobilidade nocturna.
Na noite do 24 ao 25 de decembro de 2020, a hora de comezo da limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno prevista no artigo 5 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, amplíase ata as 1.30 horas, unicamente para permitir o regreso ao domicilio.
Eficacia
Este decreto terá efectos desde as 00.00 horas do día 23 de decembro de 2020.