MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DO COVID-19 EN GALICIA.

ORDE DO 29 DE DECEMBRO DE 2020

Modificación do número 4 do punto segundo da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo II, e no que sexan compatibles con elas as previstas no anexo I, no ámbito territorial dos seguintes concellos:
a) A Coruña, Culleredo, Arteixo e Cambre.
b) Santiago de Compostela.
c) Soutomaior.
d) Moaña.

 

Modificación do número 5 do punto segundo da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo III, e no que sexan compatibles con elas as previstas no anexo I, no ámbito territorial dos  seguintes concellos:

a) Ferrol e Narón.
b) Vigo, Mos, Nigrán, O Porriño, Gondomar e Redondela.
c) Vilagarcía de Arousa.
d) A Rúa.
e) Pontevedra, Marín e Poio.
f) Cangas.
g) Carnota.
h) Meaño.
i) Dumbría.
j) Vimianzo, Camariñas e Zas.
k) Sarreaus.
l) A Illa de Arousa.
m) Porto do Son.
n) Fisterra.
ñ) Santa Comba, Mazaricos e Negreira

o) A Guarda, Tomiño e O Rosal.
p) Tui.

q) Vilalba.
r) A Pobra do Caramiñal.
s) Barro.
t) Xinzo de Limia.
u) Carral.
v) Xove.
w) Muros.
x) Outes.

 

Modificación do número 6 do punto segundo da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Serán de aplicación as medidas máis restritivas do anexo IV, e no que sexan compatibles con elas as previstas no anexo III, no ámbito territorial dos concellos que se relacionan a continuación. Así mesmo, no que sexa compatible cos dous anexos citados serán de aplicación as medidas recollidas no anexo I:

a) Ribeira.
b) Sanxenxo e O Grove.
c) Bueu.
d) Baiona.
e) Cambados.

f) As Pontes de García Rodríguez.
g) Boiro.
h) Rianxo.
i) Viveiro.
j) Noia e Lousame.
k) Verín, Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val.

 

Modificación do número 4 do punto 1 do anexo III da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

O horario de peche ao público será ás 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e  controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios

 

Modificación do punto 1 do anexo IV da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Nos concellos a que se refire o número 6 do punto segundo desta orde adóptase a medida de peche temporal de certas actividades. 

O interior dos establecementos de restauración permanecerá pechado ao público e só poderán abrir as terrazas ata un máximo do 50 % ata as 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas.

 

Medidas especiais para a hostalaría e os establecementos e locais de xogo e apostas os días 31 de decembro de 2020 e 1 de xaneiro de 2021

O día 31 de decembro de 2020, nos ámbitos territoriais en que resulten de aplicación as medidas previstas nos anexos I (nivel básico) e II (nivel medio), os clientes dos establecementos de hostalaría e restauración
deberán abandonar os citados establecementos antes das 23.00 horas.

O día 1 de xaneiro os establecementos de hostalaría e restauración non  poderán abrir antes das 11.00 horas.

 

O día 31 de decembro de 2020, nos ámbitos territoriais en que resulten de aplicación as medidas previstas nos anexos I (nivel básico) II (nivel medio) e III (nivel medio-alto), os clientes dos establecementos e locais de xogo e apostas deberán abandonar os citados establecementos antes das 23.00 horas.

 

Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 30 de decembro de 2020.

DECRETO 226/2020, DO 29 DE DECEMBRO

 

Modificación do Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2

 

Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais:

g) Do ámbito territorial do concello de Tui.

 

A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto  pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará  condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes, nos concellos seguintes:

s) Tui.

 

Limitación temporal da entrada e saída de persoas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 7 de xaneiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados.Así mesmo, exceptuaranse das limitacións de entrada e saída os desprazamentos a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace, entre o día 30 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 5 de xaneiro de 2021 ás 00.00 horas

 

Medidas especiais aplicables no período das festas de Nadal

Entre o día 30 de decembro ás 00.00 horas e o día 1 de xaneiro ás 23.00 horas, para os ámbitos territoriais previstos no punto primeiro deste decreto, quedan exceptuados das limitacións de entrada e saída aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace.

 

En relación coas limitacións da permanencia de grupos de persoas prevista no punto segundo deste decreto, os encontros con familiares para celebrar as comidas e ceas do 31 de decembro de 2020 e o 1 de xaneiro de 2021 quedarán sometidos aos seguintes condicionantes:

a) En todo caso, recoméndase que os encontros familiares se limiten á unidade de convivencia.

b) No caso de que os encontros familiares se produzan entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes, estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de dez persoas.

c) No caso de que os encontros se produzan entre persoas de máis de dúas unidades de convivencia diferentes, estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de seis persoas. Dentro deste número máximo de seis persoas non computarán os nenos e nenas menores de dez anos. En todo caso, os encontros estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de dez persoas.

 

Na noite do 31 de decembro de 2020 ao 1 de xaneiro de 2021, a hora de comezo da limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno, amplíase ata as 1.30 horas, unicamente para permitir o regreso ao domicilio. En ningún caso se utilizará esta ampliación horaria para desprazarse a diferentes encontros sociais.

 

As medidas especiais aplicables para o período comprendido entre os días 5 e 6 de xaneiro de 2021 serán establecidas á vista da evolución da situación epidemiolóxica.

 

Eficacia
Este decreto terá efectos desde as 00.00 horas do día 30 de decembro de 2020.