MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19.
ORDE DO 26 DE XANEIRO DE 2021
Obxecto e alcance.
Aplicables en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021, e estenderán a súa eficacia ata o 17 de febreiro de 2021.
ANEXO – Medidas de prevención específicas aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Obrigas xerais.
1.1. Obrigas de cautela e protección.
Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19.
1.2. Persoas con sintomatoloxía.
Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario o antes posible. Se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles.
1.3. Distancia de seguridade interpersoal.
Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros.
1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.
⇒ A obriga de uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.
⇒ No caso do uso de calquer dispositivo de inhalación de tabaco, cigarrillos electrónicos, alimentos e bebidas, na vía pública ou espazos ao aire libre, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e unicamente durante o consumo, sempre que a persoa o efectúe parada e fora dos lugares de circulación de viandantes, sempre e cando se poida garantir en todo momento unha distancia de dous metros con outras persoas.
⇒ Na prestación de asistencia ou axuda no fogar a persoas dependentes, será obrigatorio o uso de máscara tanto por parte do persoal prestador do servizo coma por parte das persoas dependentes e daquelas que se atopen no seu domicilio.
1.5. Medidas específicas para casos e contactos estreitos.
As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas, sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso.
2. Medidas xerais de hixiene e prevención.
Serán aplicables a todos os establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público e actividades de carácter público, as medidas xerais de hixiene e prevención establecidas.
3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.
3.1. Medidas en materia de control de capacidade.
⇒ Os establecementos, instalacións e locais deberán expor ao público a capacidade máxima, que deberá incluír os propios traballadores e asegurar que a dita capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu interior, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e control da capacidade.
⇒ A organización da circulación de persoas e a distribución de espazos deberá procurar a posibilidade de manter a distancia de seguridade interpersoal.
3.2. Control de capacidade en centros e parques comerciais e grandes superficies.
Deberán dispoñer de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer en todo momento o número de persoas usuarias existente no seu interior, así
como o control da capacidade máxima permitida.
3.6. Establecementos e locais comerciais retallista e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.
⇒ Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público,non poderán superar o 50% da súa capacidade total.
⇒ Os establecementos e locais comerciais retallistas abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais pecharán ata máximo ás 18:00 horas.
⇒ Exceptúanse do disposto no punto anterior as seguintes actividades comerciais, que poderán pechar ata máximo ás 21:30 horas.
a) Comercio polo miúdo en establecementos non especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco.
b) Comercio polo miúdo de froitas e hortalizas en establecementos especializados.
c) Comercio polo miúdo de carne e produtos cárnicos en establecementos especializados.
d) Comercio polo miúdo de peixes e mariscos en establecementos especializados.
e) Comercio polo miúdo de pan e produtos de panadería, confeitaría e pastelaría en establecementos especializados.
f) Comercio polo miúdo de bebidas en establecementos especializados.
g) Outro comercio polo miúdo de produtos alimenticios en establecementos especializados.
h) Comercio polo miúdo de combustible para a automoción en establecementos especializados.
i) Comercio polo miúdo de artigos médicos e ortopédicos en establecementos especializados.
j) Comercio polo miúdo de produtos farmacéuticos en establecementos especializados.
k) Comercio polo miúdo de alimentos para animais de compañía en establecementos especializados.
⇒ Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal e o uso de máscara será obrigatorio.
⇒ Deberá prestarse un servizo de atención preferente a maiores de 65 anos.
3.7. Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles e grandes superficies.
⇒ Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público, non poderán superar o 30% da súa capacidade total.
⇒ A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %. Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns e queda prohibida a utilización de zonas recreativas.
⇒ Os establecementos e locais comerciais retallistas abertos ao público, deberán pechar ao público ás 18:00 horas, excepto as actividades comerciais mencionadas anteriormente.
⇒ Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal e o uso de máscara será obrigatorio.
⇒ Deberán dispoñer de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer en todo momento o número de persoas usuarias existente no seu interior, así
como o control da capacidade máxima permitida.
⇒ Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas como control de accesos ou caixas de pagamento específicos, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.
3.9. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.
⇒ A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación, poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido.
Nestes centros priorizarase a realización da actividade lectiva non presencial, por medios telemáticos (en liña) sempre que sexa posible.
⇒ Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións, e o uso de máscara será obrigatorio.
⇒ No caso de utilización de vehículos será obrigatorio o uso de máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado ou o resto de ocupantes do vehículo.
3.10. Hoteis e aloxamentos turísticos.
⇒ Estes establecementos poderán manter a súa actividade para clientes que se teñan desprazado por motivos xustificados segundo a normativa vixente.
⇒ A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o 50% da súa capacidade.
⇒ Poderán facilitar unicamente servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados nos ditos establecementos.
3.14. Realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais.
Poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Non se poderá superar o 30% da capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase respectar un máximo de 30 persoas para lugares pechados e de 75 persoas se se trata de actividades ao aire libre.
3.15. Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos.
⇒ A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
3.16. Centros, servizos e establecementos sanitarios.
⇒ Só se permitirá a presenza dunha persoa acompañante por usuario/a no caso de menores, maiores dependentes ou mulleres xestantes.
4. Medidas especiais para determinadas actividades.
4.1. Adóptase a medida de peche temporal:
Os establecementos de hostalaría e restauración, permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.
4.3. Adóptase a medida de peche temporal ao público dos albergues turísticos.
4.6. Suspéndese a actividade ao público dos centros sociais, sociocomunitarios, clubs de xubilados e centros de natureza análoga.
DECRETO 8/2021, DO 26 DE XANEIRO
Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais
Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente.
Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:
a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
j) Coidado de hortas e animais.
k) Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.
l) Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.
m) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
n) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
Limitación da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados.
A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
Exceptúanse nos seguintes supostos e situacións:
a) As persoas que viven soas, que poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada. Cada unidade de convivencia pode integrar soamente unha única persoa que viva soa.
b) A reunión de persoas menores de idade cos seus proxenitores, no caso de que estes non convivan no mesmo domicilio.
c) A reunión de persoas con vínculo matrimonial ou de parella cando estes vivan en domicilios diferentes.
d) A reunión para o coidado, a atención, a asistencia ou o acompañamento a persoas menores de idade, persoas maiores ou dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables.
e) No caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
Limitación da mobilidade nocturna
Durante o período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:
a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
d) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
e) Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.
f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
i) Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
Eficacia, seguimento e avaliación
A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021 e terminará ás 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021.