MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS CONTRA O COVID19

PRÓRROGA DA ORDE DO 21 DE MAIO DE 2021 E MODIFICACIÓN DA ORDE DO 7 DE MAIO DE 2021

Prórroga da eficacia das medidas previstas na Orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.

Atendida a evolución da situación epidemiolóxica, prorrógase ata as 00.00 horas do día 29 de maio de 2021 a eficacia das medidas de prevención previstas na Orde do 7 de maio de 2021, sen prexuízo do indicado no punto segundo desta orde.

 

Modificación da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.

 

Modifícase a letra b) do punto 1.4 do anexo I da Orde do 7 de maio de 2021, engadindo unha regra 6ª, co seguinte contido:

6ª) Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as ou traballadores/as e/ou clientes será obrigatorio o uso da máscara.

 

Modifícase o número 2 do punto 3.16 do anexo I da Orde do 7 de maio de 2021,que queda redactado como segue:

Estas medidas deberán aplicarse na xestión dos espazos do centro, accesos, zonas de espera e na xestión das citas dos pacientes, así como na regulación de acompañantes ou visitas, tendo en conta a situación e actividade de cada centro. Para tal efecto, só se permitirá a presenza dunha persoa acompañante por usuario/a. Tamén se permitirá unha visita por paciente en UCI non COVID.

 

Modifícase o número 1 do punto 3.22 do anexo I da Orde do 7 de maio de 2021, que queda redactado como segue:

3.22. Hostalaría e restauración.

A prestación de servizos de hostalaría e restauración en bares, cafetarías e restaurantes axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:

 

a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, os citados establecementos permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 22.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. 


b) Nos concellos enumerados na letra B do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar unicamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio e, así mesmo, de terraza co cincuenta por cento (50 %) da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas deberán cumprir os requisitos e sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas.
Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 1.00 horas. 

 

c) Nos concellos enumerados na letra C do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co cincuenta por centro (50 %) da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén servizo no interior cunha ocupación do 30 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas deberán cumprir os requisitos e sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas.
Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 1.00 horas. 

 

d) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co setenta e cinco por cento (75 %) da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén servizo no interior cunha ocupación do 50 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas deberán cumprir os requisitos e sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas.
Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 1.00 horas. 

 

Modifícase o punto 3.29 do anexo I da Orde do 7 de maio de 2021 , que queda redactado como segue:

3.29. Atraccións de feira

Nos concellos enumerados nas letras A e B do anexo II da presente orde manterase o peche das atraccións de feira.
No caso dos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II da presente orde, poderán iniciar a súa actividade cumprindo coas medidas impostas por esta orde.

 

Modificase o anexo II da Orde do 7 de maio de 2021, que queda redactado segundo o anexo desta orde.

 

Modificación da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Modifícase o punto sétimo bis da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

Sétimo bis. Requisitos aplicables nos establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario de peche para o servizo de ceas máis alá do horario estipulado para os restantes establecementos de hostalaría:

Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario de peche, exclusivamente para o servizo de ceas, máis alá do horario estipulado para os restantes establecementos de hostalaría, de acordo co establecido na Orde do 7 de maio de 2021 , deberán cumprir os seguintes requisitos:

 

1. A xestión da ocupación das mesas para o servizo de ceas deberá levarse a cabo mediante a reserva ou citación previa.

 

2. Co obxectivo de facilitar o seguimento de contactos ante casos positivos de COVID-19, levarase un rexistro dos clientes do servizo de ceas que inclúa nome, apelidos e número de teléfono; a persoa responsable do establecemento terá a obriga de custodialo durante polo menos un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

 

3. Garantirase a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.

A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación. No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas. Tanto nos casos de ventilación natural coma nos de mecánica ou mixta non se deberán superar no interior as 800 p.p.m. de concentración de CO2, será responsabilidade do local adoptar as medidas precisas de renovación do aire para que non se supere a cifra indicada.

 

Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 22 de maio de 2021. Non obstante, a ampliación do horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas previsto no número tres do punto segundo desta orde terá efectos desde as 23.00 horas do 21 de maio de 2021 para os establecementos que non dispoñan desta opción actualmente.

 

ANEXO II

A) Concellos con nivel de restrición máxima.
Lobios


B) Concellos con nivel de restrición alta.
Cambados
Moraña
Mos
Oleiros
Pobra do Caramiñal (A)
Ponte Caldelas
Ribeira
Vilanova de Arousa


C) Concellos con nivel de restrición media.
Ames
Barbadás
Barco de Valdeorras (O)

Boiro
Bueu
Cangas
Carral
Cee
Cerdedo-Cotobade
Cervo
Chantada
Cuntis
Fisterra
Moaña
Ordes
Padrón
Rianxo
Salceda de Caselas
Santiso
Valga
Viveiro


D) Concellos con nivel de restrición media-baixa.
Abadín
Abegondo
Agolada
Alfoz
Allariz
Amoeiro
Antas de Ulla
Aranga
Arbo
Ares
Arnoia (A)
Arteixo
Arzúa
Avión
Baiona
Baleira

Baltar
Bande
Baña (A)
Baños de Molgas
Baralla
Barreiros
Barro
Beade
Beariz
Becerreá
Begonte
Bergondo
Betanzos
Blancos (Os)
Boborás
Bola (A)
Bolo (O)
Bóveda
Boimorto
Boqueixón
Brión
Burela
Cabana de Bergantiños
Cabanas
Caldas de Reis
Calvos de Randín
Camariñas
Cambre
Campo Lameiro
Cañiza (A)
Capela (A)
Carballeda de Avia
Carballeda de Valdeorras
Carballedo
Carballiño (O)
Carballo
Cariño

Carnota
Cartelle
Castrelo de Miño
Castrelo do Val
Castro Caldelas
Castro de Rei
Castroverde
Catoira
Cedeira
Celanova
Cenlle
Cerceda
Cerdido
Cervantes
Chandrexa de Queixa
Coirós
Coles
Corcubión
Corgo (O)
Coristanco
Cortegada
Coruña (A)
Cospeito
Covelo
Crecente
Cualedro
Culleredo
Curtis
Dodro
Dozón
Dumbría
Entrimo
Esgos
Estrada (A)
Fene
Ferrol
Folgoso do Courel

Fonsagrada (A)
Forcarei
Fornelos de Montes
Foz
Frades
Friol
Gondomar
Gomesende
Grove (O)
Guarda (A)
Gudiña (A)
Guitiriz
Guntín
Illa de Arousa (A)
Incio (O)
Irixo (O)
Irixoa
Lalín
Lama (A)
Láncara
Laracha (A)
Larouco
Laxe
Laza
Leiro
Lobeira
Lourenzá
Lousame
Lugo
Maceda
Malpica de Bergantiños
Manzaneda
Mañón
Marín
Maside
Mazaricos
Meaño

Meira
Meis
Melide
Melón
Merca (A)
Mesía
Mezquita (A)
Miño
Moeche
Mondariz-Balneario
Mondariz
Mondoñedo
Monfero
Monforte de Lemos
Montederramo
Monterrei
Monterroso
Mugardos
Muíños
Muras
Muros
Muxía
Narón
Navia de Suarna
Neda
Negreira
Negueira de Muñiz
Neves (As)
Nigrán
Noia
Nogais (As)
Nogueira de Ramuín
Oia
Oímbra
Oroso
Ortigueira
Ourense

Outeiro de Rei
Outes
Oza-Cesuras
Paderne de Allariz
Paderne
Padrenda
Palas de Rei
Pantón
Parada de Sil
Paradela
Páramo (O)
Pastoriza (A)
Pazos de Borbén
Pedrafita do Cebreiro
Pereiro de Aguiar (O)
Peroxa (A)
Petín
Pino (O)
Piñor
Pobra de Trives (A)
Pobra do Brollón (A)
Poio
Pol
Ponteareas
Pontecesures
Ponteceso
Pontedeume
Pontedeva
Pontenova (A)
Pontes de García Rodríguez (As)
Pontevedra
Porqueira
Porriño (O)
Portas
Porto do Son
Portomarín

Punxín
Quintela de Leirado
Quiroga
Rábade
Rairiz de Veiga
Ramirás
Redondela
Ribadavia
Ribadeo
Ribadumia
Ribas de Sil
Ribeira de Piquín
Riós
Riotorto
Rodeiro
Rois
Rosal (O)
Rúa (A)
Rubiá
Sada
Salvaterra de Miño
Samos
San Amaro
San Cibrao das Viñas
San Cristovo de Cea
San Sadurniño
Sanxenxo
San Xoán de Río
Sandiás
Santa Comba
Santiago de Compostela
Sarreaus
Sarria
Saviñao (O)
Silleda
Sober
Sobrado

Somozas (As)
Soutomaior
Taboada
Taboadela
Teixeira (A)
Teo
Toén
Tomiño
Toques
Tordoia
Touro
Trabada
Trasmiras
Trazo
Triacastela
Tui
Val do Dubra
Valadouro (O)
Valdoviño
Vedra
Veiga (A)
Verea
Verín
Viana do Bolo
Vicedo (O)
Vigo
Vilaboa
Vila de Cruces
Vilagarcía de Arousa
Vilalba
Vilamarín
Vilamartín de Valdeorras
Vilar de Barrio
Vilar de Santos
Vilardevós
Vilariño de Conso
Vilarmaior

Vilasantar
Vimianzo
Xermade
Xinzo de Limia
Xove
Xunqueira de Ambía
Xunqueira de Espadanedo
Zas

 

 

TUI

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Nivel-Restricion-Media-Baixa