MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS TENDO EN CONTA A FINALIZACIÓN DA PRÓRROGA DO ESTADO DE ALARMA.

ORDE DO 7 DE MAIO DE 2021

 

Obxecto e alcance

Constitúe o obxecto desta orde establecer medidas de prevención específicas, tendo en conta a finalización do estado de alarma.

En todo o non previsto nesta orde, e no que sexa compatible con ela, aplicarase o disposto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020.

 

Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais

Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, considerados individualmente, que se relacionan na letra A do anexo II.

 

Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:
a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
j) Coidado de hortas e animais.
k) Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.
l) Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.
m) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
n) Adestramentos ou competicións de ámbito federado profesional ou non profesional permitidos nesta orde. 

ñ) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

Limitación da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados

No territorio dos concellos que se relacionan na letra A do anexo II, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes. 

 

No territorio dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia non incluídos no punto anterior limitarase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de 4 en espazos pechados, e de 6 en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de 4 ou 6 persoas en función de se se reúnen en espazos pechados ou abertos. No obstante, nestes concellos entre a 1.00 e as 6.00 horas a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

 

As limitacións establecidas nos puntos anteriores exceptúanse nos seguintes supostos e situacións:
a) As persoas que viven soas, que poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada. Cada unidade de convivencia pode integrar soamente unha única persoa que viva soa.
b) A reunión de persoas menores de idade cos seus proxenitores, no caso de que estes non convivan no mesmo domicilio.

c) A reunión de persoas con vínculo matrimonial ou de parella cando estes vivan en domicilios diferentes.
d) A reunión para o coidado, a atención, a asistencia ou o acompañamento a persoas menores de idade, persoas maiores ou dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables.
e) No caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
f) As actividades previstas no anexo da Orde da Consellería de Sanidade, do 17 de marzo de 2021, respecto das cales se prevexa a posibilidade de grupos de persoas que non sexan conviventes.
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

 

Limitación da mobilidade nocturna
No territorio dos concellos que se relacionan na letra A do anexo II, durante o período comprendido entre as 23.00 e as 6.00 horas as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para realizaren as seguintes actividades:
a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
d) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
e) Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.

f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
i) Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

Nos restantes concellos da Comunidade Autónoma de Galicia non resultará aplicable a dita limitación.

 

Outras medidas de prevención específicas

Así mesmo, serán de aplicación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia as medidas de prevención específicas recollidas no anexo I.
As medidas específicas aplicables recollidas no anexo I virán condicionadas pola situación epidemiolóxica dos distintos concellos, de conformidade co indicado no anexo II.

 

Plan de hostalaría segura

A Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia sanitaria continuará desenvolvendo o «Plan de hostalaría segura» posto en marcha a través da Orde do 25 de febreiro de 2021.

 

Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 9 de maio de 2021 ata as 00.00 horas do 22 de maio.

No obstante, as medidas de prevención especificas recollidas no punto 3.22 do anexo I da presente Orde terán efectos desde as 6.00 horas do día 8 de maio de 2021 ata as 00.00 horas do 22 de maio.
As medidas previstas nesta orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua. Como consecuencia, as medidas poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

 

Derrogación
Queda derrogada a Orde do 17 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto na presente orde.

 

ANEXO I
Medidas de prevención específicas aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Obrigas xerais.
1.1. Obrigas de cautela e protección.

1.2. Persoas con sintomatoloxía.

1.3. Distancia de seguridade interpersoal.

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

1.5. Medidas específicas para casos e contactos estreitos.

2. Medidas xerais de hixiene e prevención.

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.
3.1. Medidas en materia de control de capacidade.

3.2. Control de capacidade en centros e parques comerciais e grandes superficies.

3.3. Velorios e enterros.

3.4. Lugares de culto.

3.5. Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís.

3.6. Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

3.7. Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

3.8. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

3.9. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

3.10. Hoteis, albergues e aloxamentos turísticos.

Permanecerán abertos, sen prexuízo das limitacións vixentes de entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais, que deberán respectarse en todo caso. 

Os albergues poderán manter unha ocupación máxima do 30 % das prazas nos espazos de aloxamento compartido.

A ocupación das zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos non poderá superar o 50% da súa capacidade.

3.11. Actividade cinexética.

3.12. Pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa.

3.13. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

3.14. Realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais.

3.15. Actividade deportiva.

3.16. Centros, servizos e establecementos sanitarios.

3.17. Lonxas.

3.18. Transportes.

3.19. Áreas de servizo para profesionais do transporte.

3.20. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais.

3.21. Celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecemento destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

3.22. Hostalaría e restauración.

Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, os citados establecementos permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 22.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.

 

Nos concellos enumerados na letra B do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar unicamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio e, así mesmo, de terraza co cincuenta por cento (50 %) da capacidade máxima permitida. O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que teñan licencia de restaurante disporán da opción de ampliar o seu horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas, sempre que cumpra o Plan de hostalaría segura e sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas. Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 1.00 horas.

 

Nos concellos enumerados na letra C do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co cincuenta por centro (50 %) da capacidade máxima, e tamén servizo no interior cunha ocupación do 30 %. Non se poderá prestar servizo na barra.O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que teñan licencia de restaurante disporán da opción de ampliar o seu horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas, sempre que cumpra o Plan de hostalaría segura e sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas. Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 1.00 horas.

 

Nos concellos enumerados na letra D do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co setenta e cinco por cento (75 %) da capacidade máxima, e tamén servizo no interior cunha
ocupación do 50 %. Non se poderá prestar servizo na barra.O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que teñan licencia de restaurante disporán da opción de ampliar o seu horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas, sempre que cumpra o Plan de hostalaría segura e sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas. Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 1.00 horas.

 

3.23. Realización de procesos selectivos polas administracións públicas e entidades do sector publico.

3.24. Especificidades para determinadas actividades turísticas, centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información.

3.25. Centros de lecer infantil.

3.26. Actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

3.27. Uso das praias.

3.28. Acuarios, establecementos e actividades zoolóxicas, botánicas ou xeolóxicas.

3.29. Atraccións de feira.

4. Medidas especiais para determinadas actividades.

4.1. Adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto decimo primeiro da orde, das seguintes actividades.

4.2. Manterán o seu funcionamento con actividade lectiva presencial os seguintes centros educativos de réxime especial.

4.3. A actividade ao público dos centros de interpretación e visitantes, das aulas da natureza, casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos levarase a cabo nas condicións establecidas no apartado 3.24.

4.4. Centros sociocomunitarios, centros cívicos, centros de convivencia, centros sociais e demais de natureza análoga.

4.5. Centros de atención á infancia.

4.6. Peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares.

 

ANEXO II
A) Concellos con nivel de restrición máxima.
Cambados
Cualedro
Laza
Padrón
Vilanova de Arousa


B) Concellos con nivel de restrición alta.
Coristanco
Gondomar
A Laracha
Marín
A Merca
Mesía
A Pastoriza
Ribeira
Salceda de Caselas


C) Concellos con nivel de restrición media.
Allariz
Ames
Betanzos
Cambre
Cangas
Carballeda de Valdeorras
Carballo
Cerdedo-Cotobade
Chantada
Fornelos de Montes
Lalín

Meira
Melide
Muíños
Noia
Nigrán
O Porriño
Ordes
Silleda
Soutomaior
Toén
Tomiño
Tui
Verea
Verín
Vigo
Vilagarcía de Arousa
Xinzo de Limia

 

D) Concellos con nivel de restrición media-baixa.
Abadín
Abegondo
Agolada
Alfoz
Amoeiro
Antas de Ulla
Aranga
Arbo
Ares
Arnoia (A)
Arteixo
Arzúa
Avión
Baiona
Baleira
Baltar
Bande

Baña (A)
Baños de Molgas
Baralla
Barbadás
Barco de Valdeorras (O)
Barreiros
Barro
Beade
Beariz
Becerreá
Begonte
Bergondo
Blancos (Os)
Boborás
Boiro
Bola (A)
Bolo (O)
Boqueixón
Bóveda
Boimorto
Brión
Bueu
Burela
Cabana de Bergantiños
Cabanas
Caldas de Reis
Calvos de Randín
Camariñas
Campo Lameiro
Cañiza (A)
Capela (A)
Carballeda de Avia
Carballedo
Carballiño (O)
Cariño
Carnota
Carral

Cartelle
Castrelo de Miño
Castrelo do Val
Castro Caldelas
Castro de Rei
Castroverde
Catoira
Cedeira
Cee
Celanova
Cenlle
Cerceda
Cerdido
Cervantes
Cervo
Chandrexa de Queixa
Coirós
Coles
Corcubión
Corgo (O)
Cortegada
Coruña (A)
Cospeito
Covelo
Crecente
Culleredo
Cuntis
Curtis
Dodro
Dozón
Dumbría
Entrimo
Esgos
Estrada (A)
Fene
Ferrol
Fisterra

Folgoso do Courel
Fonsagrada (A)
Forcarei
Foz
Frades
Friol
Gomesende
Grove (O)
Guarda (A)
Gudiña (A)
Guitiriz
Guntín
Illa de Arousa (A)
Incio (O)
Irixo (O)
Irixoa
Lama (A)
Láncara
Larouco
Laxe
Leiro
Lobeira
Lobios
Lourenzá
Lousame
Lugo
Maceda
Malpica de Bergantiños
Manzaneda
Mañón
Maside
Mazaricos
Meaño
Meis
Melón
Mezquita (A)
Miño

Moaña
Moeche
Mondariz-Balneario
Mondariz
Mondoñedo
Monfero
Monforte de Lemos
Montederramo
Monterrei
Monterroso
Moraña
Mos
Mugardos
Muras
Muros
Muxía
Narón
Navia de Suarna
Neda
Negreira
Negueira de Muñiz
Neves (As)
Nogais (As)
Nogueira de Ramuín
Oia
Oímbra
Oleiros
Oroso
Ortigueira
Ourense
Ourol
Outeiro de Rei
Outes
Oza-Cesuras
Paderne de Allariz
Paderne
Padrenda

Palas de Rei
Pantón
Parada de Sil
Paradela
Páramo (O)
Pazos de Borbén
Pedrafita do Cebreiro
Pereiro de Aguiar (O)
Peroxa (A)
Petín
Pino (O)
Piñor
Pobra de Trives (A)
Pobra do Brollón (A)
Pobra do Caramiñal (A)
Poio
Pol
Ponteareas
Ponte Caldelas
Pontecesures
Ponteceso
Pontedeume
Pontedeva
Pontenova (A)
Pontes de García Rodríguez (As)
Pontevedra
Porqueira
Portas
Porto do Son
Portomarín
Punxín
Quintela de Leirado
Quiroga
Rábade
Rairiz de Veiga
Ramirás
Redondela

Rianxo
Ribadavia
Ribadeo
Ribadumia
Ribas de Sil
Ribeira de Piquín
Riós
Riotorto
Rodeiro
Rois
Rosal (O)
Rúa (A)
Rubiá
Sada
Salvaterra de Miño
Samos
San Amaro
San Cibrao das Viñas
San Cristovo de Cea
San Sadurniño
Sanxenxo
San Xoán de Río
Sandiás
Santa Comba
Santiago de Compostela
Santiso
Sarreaus
Sarria
Saviñao (O)
Sober
Sobrado
Somozas (As)
Taboada
Taboadela
Teixeira (A)
Teo
Toques

Tordoia
Touro
Trabada
Trasmiras
Trazo
Triacastela
Val do Dubra
Valadouro (O)
Valdoviño
Valga
Vedra
Veiga (A)
Viana do Bolo
Vicedo (O)
Vilaboa
Vila de Cruces
Vilalba
Vilamarín
Vilamartín de Valdeorras
Vilar de Barrio
Vilar de Santos
Vilardevós
Vilariño de Conso
Vilarmaior
Vilasantar
Vimianzo
Viveiro
Xermade
Xove
Xunqueira de Ambía
Xunqueira de Espadanedo
Zas