MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19.

DECRETO 51/2021, DO 26 DE MARZO

 

Modificación do anexo do Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2


Modifícase o anexo do Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, que queda redactado nos termos previstos no anexo deste decreto.

 

Eficacia, seguimento e avaliación
A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 29 de marzo de 2021.
Non obstante o anterior, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento.

 

ANEXO
Concellos en que son aplicables limitacións específicas de entrada e saída de persoas, de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados e de permanencia en lugares de culto
1. Beade.

 

ORDE DO 26 DE MARZO DE 2021

 

Modificación da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactada segundo o anexo da presente orde

 

Modifícase o número 4.1 do punto 4 do anexo I da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

 

4.1. Adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto quinto da orde, das seguintes actividades, conforme as definicións contidas no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia:

 

I. Espectáculos públicos:
I.3. Espectáculos taurinos.
I.4. Espectáculos circenses.
I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
I.7. Espectáculos pirotécnicos.

 

II. Actividades recreativas:
II.3. Actividades de lecer e entretemento.
II.4. Atraccións recreativas.

 

III. Establecementos abertos ao público:
III.1. Establecementos de espectáculos públicos.
III.1.4. Circos.
III.1.5. Prazas de touros.
III.2. Establecementos de actividades recreativas.
III.2.1. Establecementos de xogo.
III.2.1.1. Casinos.
III.2.1.2. Salas de bingo.
III.2.1.3. Salóns de xogo.
III.2.1.4. Tendas de apostas.

 

Nos concellos enumerados nas letras C do anexo II, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o trinta por cento da súa capacidade permitida e ata as 21.00 horas.

 

Nos concellos enumerados nas letras D do anexo II, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da súa capacidade permitida e ata as 21.00 horas.

 

Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, o réxime e horario de prestación deste servizo axustarase ao disposto para os establecementos de hostalaría.

 

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multiocio.


III.2.7. Establecementos de lecer e entretemento.
III.2.7.1. Salas de festas.
III.2.7.2. Discotecas.
III.2.7.3. Pubs.
III.2.7.4. Cafés espectáculo.
III.2.7.5. Furanchos. A estes establecementos resultaranlles de aplicación as regras previstas no punto 3.22 do presente anexo.

 

Engádese un punto 3.28 ao anexo I da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte redacción.

 

3.28. Acuarios, establecementos e actividades zoolóxicas, botánicas ou xeolóxicas.

Os acuarios, establecementos e actividades zoolóxicas, botánicas ou xeolóxicas, soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 30 % de ocupación nos concellos enumerados na letra B do anexo I da presente orde, e dun 50 % nos concellos enumerados nas letras C e D do citado anexo I. Nos concellos enumerados na letra A do anexo I permanecerán pechados.

 

Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a dita prestación deste axustarase ao previsto no punto 3.22

 

Modifícase o anexo II da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado segundo o anexo da presente orde.

 

ANEXO II
A) Concellos con nivel de restrición máxima.
Beade


B) Concellos con nivel de restrición alta.
Abegondo
Baiona
Cortegada
Maside
Ortigueira

Padrenda
Pazos de Borbén
Sanxenxo
Saviñao (O)
Vilardevós

 

C) Concellos con nivel de restrición media.
Arteixo
Coruña (A)
Bergondo
Betanzos
Boimorto
Camariñas
Cangas
Carballiño (O)
Carral
Celanova
Culleredo
Laracha (A)
Laxe
Neda
Pantón
Ribadavia
Sober
Xinzo de Limia

 

D) Concellos con nivel de restrición media-baixa.
Abadín
Agolada
Alfoz
Allariz
Ames
Amoeiro
Antas de Ulla
Aranga
Arbo

Ares
Arnoia (A)
Arzúa
Avión
Baleira
Baltar
Bande
Baña (A)
Baños de Molgas
Baralla
Barbadás
Barco de Valdeorras (O)
Barreiros
Barro
Beariz
Becerreá
Begonte
Blancos (Os)
Boborás
Boiro
Bola (A)
Bolo (O)
Boqueixón
Bóveda
Brión
Bueu
Burela
Cabana de Bergantiños
Cabanas
Caldas de Reis
Calvos de Randín
Cambados
Cambre
Campo Lameiro
Cañiza (A)
Capela (A)
Carballeda de Avia

Carballeda de Valdeorras
Carballedo
Carballo
Cariño
Carnota
Cartelle
Castrelo de Miño
Castrelo do Val
Castro Caldelas
Castro de Rei
Castroverde
Catoira
Cedeira
Cee
Cenlle
Cerceda
Cerdedo-Cotobade
Cerdido
Cervantes
Cervo
Chandrexa de Queixa
Chantada
Coirós
Coles
Corcubión
Corgo (O)
Coristanco
Cospeito
Covelo
Crecente
Cualedro
Cuntis
Curtis
Dodro
Dozón
Dumbría
Entrimo

Esgos
Estrada (A)
Fene
Ferrol
Fisterra
Folgoso do Courel
Fonsagrada (A)
Forcarei
Fornelos de Montes
Foz
Frades
Friol
Gomesende
Gondomar
Grove (O)
Guarda (A)
Gudiña (A)
Guitiriz
Guntín
Illa de Arousa (A)
Incio (O)
Irixo (O)
Irixoa
Lalín
Lama (A)
Láncara
Larouco
Laza
Leiro
Lobeira
Lobios
Lourenzá
Lousame
Lugo
Maceda
Malpica de Bergantiños
Manzaneda

Mañón
Marín
Mazaricos
Meaño
Meira
Meis
Melide
Melón
Merca (A)
Mesía
Mezquita (A)
Miño
Moaña
Moeche
Mondariz-Balneario
Mondariz
Mondoñedo
Monfero
Monforte de Lemos
Montederramo
Monterrei
Monterroso
Moraña
Mos
Mugardos
Muíños
Muras
Muros
Muxía
Narón
Navia de Suarna
Negreira
Negueira de Muñiz
Neves (As)
Nigrán
Nogais (As)
Nogueira de Ramuín

Noia
Oia
Oímbra
Oleiros
Ordes
Oroso
Ourense
Ourol
Outeiro de Rei
Outes
Oza-Cesuras
Paderne de Allariz
Paderne
Padrón
Palas de Rei
Parada de Sil
Paradela
Páramo (O)
Pastoriza (A)
Pedrafita do Cebreiro
Pereiro de Aguiar (O)
Peroxa (A)
Petín
Pino (O)
Piñor
Pobra de Trives (A)
Pobra do Brollón (A)
Pobra do Caramiñal (A)
Poio
Pol
Ponte Caldelas
Pontecesures
Ponteareas
Ponteceso
Pontedeume
Pontedeva
Pontenova (A)

Pontes de García Rodríguez (As)
Pontevedra
Porqueira
Porriño (O)
Portas
Porto do Son
Portomarín
Punxín
Quintela de Leirado
Quiroga
Rábade
Rairiz de Veiga
Ramirás
Redondela
Rianxo
Ribadeo
Ribadumia
Ribas de Sil
Ribeira de Piquín
Ribeira
Riós
Riotorto
Rodeiro
Rois
Rosal (O)
Rúa (A)
Rubiá
Sada
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Samos
San Amaro
San Cibrao das Viñas
San Cristovo de Cea
San Sadurniño
San Xoán de Río
Sandiás

Santa Comba
Santiago de Compostela
Santiso
Sarreaus
Sarria
Silleda
Sobrado
Somozas (As)
Soutomaior
Taboada
Taboadela
Teixeira (A)
Teo
Toén
Tomiño
Toques
Tordoia
Touro
Trabada
Trasmiras
Trazo
Triacastela
Tui
Val do Dubra
Valadouro (O)
Valdoviño
Valga
Vedra
Veiga (A)
Verea
Verín
Viana do Bolo
Vicedo (O)
Vigo
Vila de Cruces
Vilaboa
Vilagarcía de Arousa

Vilalba
Vilamarín
Vilamartín de Valdeorras
Vilanova de Arousa
Vilar de Barrio
Vilar de Santos
Vilariño de Conso
Vilarmaior
Vilasantar
Vimianzo
Viveiro
Xermade
Xove
Xunqueira de Ambía
Xunqueira de Espadanedo
Zas

 

Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 29 de marzo de 2021.

Non obstante o anterior, serán obxecto de seguimento e avaliación continua. As medidas poderán ser modificadas ou levantadas mediante
orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.