MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19.
DECRETO 54/2021, DO 7 DE ABRIL
Modificación do Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2
Modifícase o apartado 2 do punto segundo do Decreto 45/2021, do 17 de marzo, que queda redactado como segue:
No territorio dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia non incluídos no punto anterior limitarase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados, e de seis en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de si se reúnen en espazos pechados ou abertos.
Modifícase o anexo do Decreto 45/2021, do 17 de marzo, que queda redactado nos termos previstos no anexo deste decreto.
Eficacia, seguimento e avaliación
A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 8 de abril de 2021, agás no que atinxe á modificación prevista no apartado un do punto primeiro, que producirá efectos a partires das 00.00 horas do día 10 de abril de 2021.
Non obstante o anterior, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento.
ANEXO
Concellos en que son aplicables limitacións específicas de entrada e saída de persoas, de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados e de permanencia en lugares de culto.
– Grove (O).
– Pobra do Caramiñal (A).
ORDE DO 7 DE ABRIL DE 2021
Modificación da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen
medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Modifícanse os puntos 3 do punto 3.18 do anexo I da Orde do 17 de marzo de 2021, que quedan redactados como segue.
Nos desprazamentos en vehículo particular respectaranse as limitacións que se establezan mediante decreto pola autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.
Para tal efecto, serán de aplicación as seguintes regras:
a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II poderán desprazarse nun mesmo vehículo só as persoas conviventes, ben que estará permitido o desprazamento nun vehículo particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan acudir a centros de ensino. Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por fila de asentos e deberán usar todas máscara.
b) No resto dos concellos enumerados no anexo II, respectaranse as limitacións para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial e deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.
Modifícase o anexo II da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado segundo o anexo da presente orde.
Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 8 de abril de 2021, agás no que atinxe á modificación prevista no punto un do punto primeiro, que producirá efectos a partir das 00:00 horas do día 10 de abril de 2021.
Non obstante o anterior, en cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, serán obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser modificadas ou levantadas mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.
ANEXO II
A) Concellos con nivel de restrición máxima.
Grove (O)
Pobra do Caramiñal (A)
B) Concellos con nivel de restrición alta.
Carral
Illa de Arousa (A)
Irixo (O)
Monterrei
Pobra do Brollón (A)
Rábade
C) Concellos con nivel de restrición media.
Baiona
Beade
Boimorto
Cangas
Carballiño (O)
Cortegada
Gondomar
Meis
Moaña
Padrenda
Sanxenxo
D) Concellos con nivel de restrición media-baixa.
Abadín
Abegondo
Agolada
Alfoz
Allariz
Ames
Amoeiro
Antas de Ulla
Aranga
Arbo
Ares
Arnoia (A)
Arteixo
Arzúa
Avión
Baleira
Baltar
Bande
Baña (A)
Baños de Molgas
Baralla
Barbadás
Barco de Valdeorras (O)
Barreiros
Barro
Beariz
Becerreá
Begonte
Bergondo
Betanzos
Blancos (Os)
Boborás
Boiro
Bola (A)
Bolo (O)
Boqueixón
Bóveda
Brión
Bueu
Burela
Cabana de Bergantiños
Cabanas
Caldas de Reis
Calvos de Randín
Camariñas
Cambados
Cambre
Campo Lameiro
Cañiza (A)
Capela (A)
Carballeda de Avia
Carballeda de Valdeorras
Carballedo
Carballo
Cariño
Carnota
Cartelle
Castrelo de Miño
Castrelo do Val
Castro Caldelas
Castro de Rei
Castroverde
Catoira
Cedeira
Cee
Celanova
Cenlle
Cerceda
Cerdedo-Cotobade
Cerdido
Cervantes
Cervo
Chandrexa de Queixa
Chantada
Coirós
Coles
Corcubión
Corgo (O)
Coristanco
Coruña (A)
Cospeito
Covelo
Crecente
Cualedro
Culleredo
Cuntis
Curtis
Dodro
Dozón
Dumbría
Entrimo
Esgos
Estrada (A)
Fene
Ferrol
Fisterra
Folgoso do Courel
Fonsagrada (A)
Forcarei
Fornelos de Montes
Foz
Frades
Friol
Gomesende
Guarda (A)
Gudiña (A)
Guitiriz
Guntín
Incio (O)
Irixoa
Lalín
Lama (A)
Láncara
Laracha (A)
Larouco
Laxe
Laza
Leiro
Lobeira
Lobios
Lourenzá
Lousame
Lugo
Maceda
Malpica de Bergantiños
Manzaneda
Mañón
Marín
Maside
Mazaricos
Meaño
Meira
Melide
Melón
Merca (A)
Mesía
Mezquita (A)
Miño
Moeche
Mondariz-Balneario
Mondariz
Mondoñedo
Monfero
Monforte de Lemos
Montederramo
Monterroso
Moraña
Mos
Mugardos
Muíños
Muras
Muros
Muxía
Narón
Navia de Suarna
Neda
Negreira
Negueira de Muñiz
Neves (As)
Nigrán
Nogais (As)
Nogueira de Ramuín
Noia
Oia
Oímbra
Oleiros
Ordes
Oroso
Ortigueira
Ourense
Ourol
Outeiro de Rei
Outes
Oza-Cesuras
Paderne de Allariz
Paderne
Padrón
Palas de Rei
Pantón
Parada de Sil
Paradela
Páramo (O)
Pastoriza (A)
Pazos de Borbén
Pedrafita do Cebreiro
Pereiro de Aguiar (O)
Peroxa (A)
Petín
Pino (O)
Piñor
Pobra de Trives (A)
Poio
Pol
Ponte Caldelas
Pontecesures
Ponteareas
Ponteceso
Pontedeume
Pontedeva
Pontenova (A)
Pontes de García Rodríguez (As)
Pontevedra
Porqueira
Porriño (O)
Portas
Porto do Son
Portomarín
Punxín
Quintela de Leirado
Quiroga
Rairiz de Veiga
Ramirás
Redondela
Rianxo
Ribadavia
Ribadeo
Ribadumia
Ribas de Sil
Ribeira de Piquín
Ribeira
Riós
Riotorto
Rodeiro
Rois
Rosal (O)
Rúa (A)
Rubiá
Sada
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Samos
San Amaro
San Cibrao das Viñas
San Cristovo de Cea
San Sadurniño
San Xoán de Río
Sandiás
Santa Comba
Santiago de Compostela
Santiso
Sarreaus
Sarria
Saviñao (O)
Silleda
Sober
Sobrado
Somozas (As)
Soutomaior
Taboada
Taboadela
Teixeira (A)
Teo
Toén
Tomiño
Toques
Tordoia
Touro
Trabada
Trasmiras
Trazo
Triacastela
Tui
Val do Dubra
Valadouro (O)
Valdoviño
Valga
Vedra
Veiga (A)
Verea
Verín
Viana do Bolo
Vicedo (O)
Vigo
Vila de Cruces
Vilaboa
Vilagarcía de Arousa
Vilalba
Vilamarín
Vilamartín de Valdeorras
Vilanova de Arousa
Vilar de Barrio
Vilar de Santos
Vilardevós
Vilariño de Conso
Vilarmaior
Vilasantar
Vimianzo
Viveiro
Xermade
Xinzo de Limia
Xove
Xunqueira de Ambía
Xunqueira de Espadanedo
Zas