MODIFICACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN POLA COVID-19
ORDE DO 17 DE XUÑO DE 2021, POLA QUE SE MODIFICA A ORDE DO 28 DE MAIO DE 2021.
Modificación da Orde do 28 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia
Modifícase o punto III.2.1 do número 4.1 do anexo I da Orde do 28 de maio de 2021, que queda redactado como segue:
III.2.1. Establecementos de xogo.
III.2.1.1. Casinos.
III.2.1.2. Salas de bingo.
III.2.1.3. Salóns de xogo.
III.2.1.4. Tendas de apostas.
Nos concellos enumerados na letra C do anexo II, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o 30% da súa capacidade permitida e ata a 1.00 horas.
Nos concellos enumerados na letra D do anexo II, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o 50% da súa capacidade permitida e ata a 1.00 horas.
A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
No caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, o réxime e horario de prestación deste servizo axustarase ao disposto para os establecementos de hostalaría neste anexo. Nese sentido, o horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos que se determinan no Plan de hostalaría segura.
Modifícase o punto III.2.3 do número 4.1 do anexo I da Orde do 28 de maio de 2021, que queda redactado como segue:
III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
Nos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II os parques acuáticos poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade do 50 % respecto da súa capacidade máxima. Estableceranse mecanismos de control de accesos, tanto nas entradas e saídas do recinto coma nos accesos ás distintas atraccións, de xeito que se eviten aglomeracións e se manteña obrigatoriamente a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
O emprego de flotadores ou outros elementos nas atraccións farase de xeito individual, agás no caso de menores ou persoas que precisen de asistencia. Intensificarase a limpeza e a desinfección respecto destes elementos de uso compartido. A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares nas zonas de estadía e espazos comúns levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios. Recoméndase que os grupos non superen as quince persoas, excepto no caso de persoas conviventes.
Aqueles establecementos que ofrezan servizos de hostalaría ou restauración nas súas instalacións observarán as regras establecidas no punto 3.22 do anexo I para este tipo de servizos.
Exceptúase unicamente o uso da máscara durante o baño ou no uso das atraccións acuáticas, e tamén mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso da máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas zonas comúns de tránsito.
O uso das duchas e lavapés ao aire libre limitarase a 1 persoa por dispositivo, agás no caso de persoas que precisen asistencia. No caso de zonas de ducha en instalacións pechadas, poderase usar o 50 % delas, teñan ou non cabina.
Respecto do uso de vestiarios e aseos en todas as instalacións, poderase utilizar o 100 % naqueles que dispoñan de cabinas, ou o 50 % se non dispoñen delas.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multiocio.
Modifícase o anexo II da Orde do 28 de maio de 2021, que queda redactado segundo o anexo desta orde.
Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 19 de xuño. Non obstante, a opción de ampliación de horario ata as 1.00 horas prevista no punto un do ordinal primeiro terá efectos desde as 23.00 horas do día 18 de xuño de 2021.
ANEXO II
A) Concellos con nivel de restrición máxima.
……..
B) Concellos con nivel de restrición alta.
……..
C) Concellos con nivel de restrición media.
Camariñas
Malpica de Bergantiños
Soutomaior
D) Concellos con nivel de restrición media-baixa.
Abadín
Abegondo
Agolada
Alfoz
Allariz
Ames
Amoeiro
Antas de Ulla
Aranga
Arbo
Ares
Arnoia (A)
Arteixo
Arzúa
Avión
Baiona
Baleira
Baltar
Bande
Baña (A)
Baños de Molgas
Baralla
Barbadás
Barco de Valdeorras (O)
Barreiros
Barro
Beade
Beariz
Becerreá
Begonte
Bergondo
Betanzos
Blancos (Os)
Boborás
Boiro
Bola (A)
Bolo (O)
Bóveda
Boimorto
Boqueixón
Brión
Bueu
Burela
Cabana de Bergantiños
Cabanas
Caldas de Reis
Calvos de Randín
Cambados
Cambre
Campo Lameiro
Cangas
Cañiza (A)
Capela (A)
Carballeda de Avia
Carballeda de Valdeorras
Carballedo
Carballiño (O)
Carballo
Cariño
Carnota
Carral
Cartelle
Castrelo de Miño
Castrelo do Val
Castro Caldelas
Castro de Rei
Castroverde
Catoira
Cedeira
Cee
Celanova
Cenlle
Cerceda
Cerdedo-Cotobade
Cerdido
Cervantes
Cervo
Chandrexa de Queixa
Chantada
Coirós
Coles
Corcubión
Corgo (O)
Coristanco
Cortegada
Coruña (A)
Cospeito
Covelo
Crecente
Cualedro
Culleredo
Cuntis
Curtis
Dodro
Dozón
Dumbría
Entrimo
Esgos
Estrada (A)
Fene
Ferrol
Fisterra
Folgoso do Courel
Fonsagrada (A)
Forcarei
Fornelos de Montes
Foz
Frades
Friol
Gondomar
Gomesende
Grove (O)
Guarda (A)
Gudiña (A)
Guitiriz
Guntín
Illa de Arousa (A)
Incio (O)
Irixo (O)
Irixoa
Lalín
Lama (A)
Láncara
Laracha (A)
Larouco
Laxe
Laza
Leiro
Lobeira
Lobios
Lourenzá
Lousame
Lugo
Maceda
Manzaneda
Mañón
Marín
Maside
Mazaricos
Meaño
Meira
Meis
Melide
Melón
Merca (A)
Mesía
Mezquita (A)
Miño
Moaña
Moeche
Mondariz-Balneario
Mondariz
Mondoñedo
Monfero
Monforte de Lemos
Montederramo
Monterrei
Monterroso
Moraña
Mos
Mugardos
Muíños
Muras
Muros
Muxía
Narón
Navia de Suarna
Neda
Negreira
Negueira de Muñiz
Neves (As)
Nigrán
Noia
Nogais (As)
Nogueira de Ramuín
Oia
Oímbra
Oleiros
Ordes
Oroso
Ortigueira
Ourense
Ourol
Outeiro de Rei
Outes
Oza-Cesuras
Paderne de Allariz
Paderne
Padrenda
Padrón
Palas de Rei
Pantón
Parada de Sil
Paradela
Páramo (O)
Pastoriza (A)
Pazos de Borbén
Pedrafita do Cebreiro
Pereiro de Aguiar (O)
Peroxa (A)
Petín
Pino (O)
Piñor
Pobra de Trives (A)
Pobra do Brollón (A)
Pobra do Caramiñal (A)
Poio
Pol
Ponteareas
Ponte Caldelas
Pontecesures
Ponteceso
Pontedeume
Pontedeva
Pontenova (A)
Pontes de García Rodríguez (As)
Pontevedra
Porqueira
Porriño (O)
Portas
Porto do Son
Portomarín
Punxín
Quintela de Leirado
Quiroga
Rábade
Rairiz de Veiga
Ramirás
Redondela
Rianxo
Ribadavia
Ribadeo
Ribadumia
Ribas de Sil
Ribeira
Ribeira de Piquín
Riós
Riotorto
Rodeiro
Rois
Rosal (O)
Rúa (A)
Rubiá
Sada
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Samos
San Amaro
San Cibrao das Viñas
San Cristovo de Cea
San Sadurniño
Santiso
Sanxenxo
San Xoán de Río
Sandiás
Santa Comba
Santiago de Compostela
Sarreaus
Sarria
Saviñao (O)
Silleda
Sober
Sobrado
Somozas (As)
Taboada
Taboadela
Teixeira (A)
Teo
Toén
Tomiño
Toques
Tordoia
Touro
Trabada
Trasmiras
Trazo
Triacastela
Tui
Val do Dubra
Valadouro (O)
Valdoviño
Valga
Vedra
Veiga (A)
Verea
Verín
Viana do Bolo
Vicedo (O)
Vigo
Vilaboa
Vila de Cruces
Vilagarcía de Arousa
Vilalba
Vilamarín
Vilamartín de Valdeorras
Vilanova de Arousa
Vilar de Barrio
Vilar de Santos
Vilardevós
Vilariño de Conso
Vilarmaior
Vilasantar
Vimianzo
Viveiro
Xermade
Xinzo de Limia
Xove
Xunqueira de Ambía
Xunqueira de Espadanedo
Zas
TUI
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Nivel-Restricion-Media-Baixa