O GOBERNO CENTRAL APROBA MEDIDAS PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS DA HOSTALERÍA, COMERCIO E TURISMO

O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto-Lei de medidas urxentes de apoio ao sector turístico, a hostalería e o comercio, encamiñadas a reforzar a actividade económica e apoiar as empresas e persoas traballadoras autónomas máis afectadas pola crise sanitaria do Covid-19.


Debido á evolución da pandemia e os seus efectos nestes sectores tan castigados polas medidas sanitarias que se tiveron que tomar, o Goberno central cre necesario estender a aplicación de algunhas das axudas aprobadas en meses anteriores, así como aprobar medidas novas, polo que elaborou cinco liñas de actuacións para aliviar a situación de empresas e autónomos, especialmente os relacionados coa actividade turística, hostaleira e comercial.

Entre as medidas estan:

 

1) GASTOS PARA REDUCIR GASTOS POR ARRENDAMENTO DE LOCAIS

Capítulo I (Dende a páxina 12 ata a páxina 15)

 

2) MEDIDAS NO ÁMBITO LABORAL E DA SEGURIDADE SOCIAL

Capítulo II (Dende a páxina 15 ata a páxina 16)

 

3) MEDIDAS EN MATERIA TRIBUTARIA

Capítulo III (Dende a páxina 16 ata a páxina 23)

 

4) MEDIDAS REGULATORIAS

Capítulo IV (Dende a páxina 23 ata a páxina 29)

 

Para ampliar a información, descargade o seguiente documento: