ORDE INT/262/2020, XESTIÓN DO TRÁFICO E CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS


 

PECHE OU RESTRINCIÓN A CIRCULACIÓN POR ESTRADA

O Ministerio de Interior poderá acordar o peche a circulación de estradas ou tramos por razóns de saúde pública, seguridade ou fluidez do trafico ou a restrición nelas de acceso de determinados vehículos polos mesmos motivos.

 

No caso de peche de vías ou restrición a circulación a determinados vehículos, quedaran exceptuados os seguintes vehículos ou servizos:

 

a) Os vehículos de auxilio en estradas.
b) Os vehículos e servizos de conservación e mantenimiento de estradas.
c) Os vehículos de distribución de medicamentos e material sanitario.
d) Os vehículos de recollida de residuos sólidos urbanos.
e) Os vehículos destinados a distribución de alimentos.
f) O transporte de materiais fundentes.
g) Os vehículos destinados ao transporte de combustibles.
h) Os vehículos de transporte de ganado vivo.

i) Transporte de mercadorías perecedoiras, froitas e verduras frescas, en vehículos que satisfagan as definición e normas. En todo caso, a mercadoría perecedoira deberá supor o menos a metade da capacidade de carga útil do vehículo ou ocupar a metade do volume de carga útil do vehículo.

h) Os vehículos da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.

k) Os coches fúnebres.

l) Outros vehículos que, non estando incluídos entre os anteriores, os axentes encargados do control e disciplina do tráfico consideren, en cada caso concreto que contribúen a garantir o subministro de bens e prestacións de servizos esenciais para a poboación.

 

As petición do peche das vías ou restricións a circulación, serán canalizados polo organismo autónomo Xefatura Central de Tráfico, sendo o Director Xeral de Tráfico o encargado da coordinación coas autoridades competentes, autonómicas e locais.

 

Cando as medidas referidas o primeiro apartado sexan adoptadas por iniciativa do Ministerio de Interior, o Director Xeral de Tráfico informará aos responsables de tráfico das Comunidades autónomas, ou entidades locais, que teñas asumidas as competencias en materia de tráfico, co obxecto de que exista plena coordinación na súa execución.

 

O Ministro e Interior, a través do organismo autónomo Xefatura Central de Tráfico, poderá inmobilizar vehículos necesarios para garantir a circulación.


 

DIVULGACIÓN DAS MEDIDAS RELATIVAS A CIRCULACIÓN

As autoridades estatais, autonómicas e locais competentes en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade vial garantiran que se levan a cabo as medidas proactivas de divulgación entre a poboación das medidas adoptados polo Ministerio de Interior que afecten a circulación dos cidadáns, para o axeitado cumprimento.


 

SUSPENSIÓN DE MEDIDAS ESPECIAIS DE REGULACIÓN DE TRÁFICO ACORDADAS POLA DIRECIÓN XERAL DE TRÁFICO E DO MINISTERIO DE INTERIOR.

Suspendese as seguintes restricións a circulación, contempladas na Resolución do 14 de Xaneiro de 2020 da DXT, pola que se establecían medidas especiais de regulación do tráfico durante o ano 2020, publicadas no BOE do 21/01/20, co obxecto de garantir o subministro de bens esenciais e o abastecemento:

a) Transporte de mercancías en xeral.

b) Mercancías perigosas.

c) Vehículos especiais e vehículos que precisan de autorización complementaria de circulación o superar, os valores das masas e dimensións máximas permitidas.


 

PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS MEDIDAS ESPECIAIS DE REGULACIÓN

A suspensión das medidas especiais de regulación, manteranse durante a vixencia do estado de alarma e as súas sucesivas prórrogas.


 

SUSPENSIÓN DE CAMPAÑAS ESPECIAIS DE CONTROL E VIXILANCIA

Suspéndense as campañas especiais de control e vixilancia programadas no período de vixencia do estado de alarma.


 

AXENTES DA AUTORIDADE ENCARGADOS DO CUMPRIMENTO DO REAL DECRETO 463/2020, DO 14 DE MARZO.

Todos os axentes da autoridade encargados do cumprimento do real decreto 463/2020, quedan obrigados a facer cumprir o establecido nesta orde.


 

AUTORIZACIÓNS ADMINISTRATIVAS PARA CONDUCIR

Os permisos e licenzas de condución, así como outras autorizacións administrativas para conducir, cuxo período de vixencia venza durante o estado de alarma e as súas respectivas prórrogas, quedarán automaticamente prorrogadas mentres dure o mesmo e ata sesenta días despois da súa finalización.


 

INTERRUPCIÓN DO PRAZO PARA CONDUCIR POR ESPAÑA CON PERMISO ESTRANXEIRO VÁLIDO E EN VIGOR.

Durante a vixencia do estado de alarma e as súas respectivas prórrogas queda interrompido o prazo de seis meses. O computo do prazo reanudarase tan pronto como perda vixencia o estado de alarma e as súas sucesivas prórrogas.


 

AUTORIZACIÓNS ADMINISTRATIVAS EN MATERIA DE VEHÍCULOS

Prorrógase a vixencia das autorizacións administrativas temporais, que ampararan a circulación de vehículos, durante a vixencia do estado de alarma e as súas sucesivas prórrogas ata sesenta dias despois da súa finalización.


 

DENUNCIAS POR INFRACCIÓNS RELACIONADAS CO CUMPRIMENTO DESTES PRAZOS.

Durante a vixencia do estado de alarma e as súas respectivas prórrogas non se formularán denuncias por infraccións, relacionados co cumprimento dos términos e prazos aos que se refire esta instrucción.


Esta orde entrará en vigor no momento da súa publicación no BOE.