ORDEN TMA/259/2020, INSTRUCCIÓNS SOBRE TRANSPORTE POR ESTRADA.
En virtude do disposto nos artigos 4 e 14 do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, disponse:
.
NÚMERO MÁXIMO DE PERSOAS EN CABINA NOS TRANSPORTES PÚBLICOS DE MERCANCÍAS POR ESTRADAS.
- Nos transportes de mercancías por estradas estará permitido que vaian dúas persoas na cabina do vehículo, cando sexa necesario por razón do tipo de transporte a realizar.
- En todo caso, terán que observarse as medidas e instrucións de protección indicadas polo Ministerio de Sanidade tendentes a evitar o contaxio do COVID-19.
.
APERTURA DE TALLERES DE REPARACIÓN E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS.
- Co fin de garantir o adecuado funcionamento das operacións de transporte de mercancías e asegurar o necesario abastecemento de produtos a poboación, así como dos transportes permitidos no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, permítese a apertura de talleres de reparación e mantemento de vehículos de motor, así como os establecementos de actividades conexas de venta de pezas e accesorios con venda directa aos talleres de reparación, pero sen apertura ao público xeral.
- En todo caso, terán que observarse as medidas e instrucións de protección indicadas polo Ministerio de Sanidade tendentes a evitar o contaxio do COVID-19.
Esta orde será de aplicación dende a súa publicación no Boletín Oficial do Estado, ata a finalización da declaración do período do estado de alarma ou prórrogas do mesmo.