PRÓRROGA E MODIFICACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN POLA COVID-19

ORDE DO 10 DE XUÑO DE 2021, POLA QUE SE PRORROGA E SE MODIFICA A ORDE DO 28 DE MAIO DE 2021, E MODIFICACIÓN DA ORDE DO 25 DE FEBREIRO DE 2021.

A prórroga da eficacia das medidas previstas na Orde do 28 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, coas modificacións que a seguir se indican.

Prorrógase ata as 00.00 horas do día 26 de xuño de 2021 a eficacia das medidas previstas na Orde do 28 de maio de 2021.

 

A modificación da Orde do 28 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Engádese un novo punto terceiro bis na Orde do 28 de maio de 2021, coa seguinte redacción:


Recomendacións relativas á permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados:

No territorio dos concellos indicados nas letras B, C e D do anexo II recoméndase que os grupos non superen as 6 persoas coma máximo en espazos pechados e as 15 persoas coma máximo en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes.

Así mesmo, recoméndase que, entre a 1.00 e as 6.00 horas, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados coma abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado se limite aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

 

Modifícase o parágrafo 1 do punto 3.8 do anexo I da Orde do 28 de maio de 2021, que queda redactado como segue:

Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública. […]

 

Modifícase o punto 3.10 do anexo I da Orde do 28 de maio de 2021, que queda redactado como segue:

Hoteis, albergues, aloxamentos turísticos:

Os hoteis, albergues e establecementos turísticos permanecerán abertos.

Os albergues poderán manter a ocupación máxima das prazas dos espazos de aloxamento de uso compartido sempre que os peregrinos realicen o Camiño en todas as súas etapas no territorio galego nun mesmo grupo «burbulla» ou de convivencia estable. Para estes efectos, fomentarase a constitución destes grupos de convivencia estable para a realización do Camiño e o aloxamento compartido na rede pública e privada de albergues de Galicia. Para a acreditación da constitución dos grupos de convivencia estable para o aloxamento compartido admitirase a declaración responsable por parte dos membros do grupo, sen que unha vez feita poidan admitirse novos membros.

Cando o aloxamento compartido non sexa dun grupo de convivencia estable, a ocupación máxima das prazas nos espazos de aloxamento compartido será do 30 %.

A ocupación das zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos non poderá superar o 50% da súa capacidade

 

Modifícase o parágrafo 1 do punto 3.15 do anexo I da Orde do 28 de maio de 2021, que queda redactado como segue:

Actividade deportiva. […]

 

Modifícase o punto 3.22 do anexo I da Orde do 28 de maio de 2021 , que queda redactado como segue:

Hostalaría e restauración.

A prestación de servizos de hostalaría e restauración en bares, cafetarías e restaurantes axustarase ás seguintes regras:

 

a)Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, os establecementos permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de recollida no local e de consumo a domicilio ata as 22.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.

 

b) Nos concellos enumerados na letra B do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar unicamente servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e, así mesmo, de terraza co cincuenta por cento (50 %) da capacidade máxima permitida.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas.
Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata a 1.00 horas.

 

c) Nos concellos enumerados na letra C do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co cincuenta por centro (50 %) da capacidade máxima permitida, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do 30 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

A ocupación máxima será de 6 persoas no interior e 15 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas.
Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata a 1.00 horas.

 

d) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co setenta e cinco por cento (75 %) da capacidade máxima permitida, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do 50 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

A ocupación máxima será de 6 persoas no interior e 15 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas. 

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas. Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata a 1.00 horas.

 

Para poder utilizar a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas, deberán usar dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.

 

Modifícase o punto 3.25 do anexo I da Orde do 28 de maio de 2021, que queda redactado como segue:
Centros de lecer infantil.[…]

 

Modifícase o punto 3.26 do anexo I da Orde do 28 de maio de 2021, que
queda redactado como segue:

Actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil e albergues e campamentos xuvenís.[…]

 

 

Modifícase o punto 3.27 do anexo I da Orde do 28 de maio de 2021, que queda redactado como segue:
Uso das praias. […]

 

Modifícase o anexo II da Orde do 28 de maio de 2021 , que queda redactado
segundo o anexo desta orde.

 

Modificación da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Suprímese o punto sétimo bis da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 12 de xuño de 2021 ata as 00.00 horas do 26 de xuño de 2021.

 

ANEXO II

A) Concellos con nivel de restrición máxima.
…….


B) Concellos con nivel de restrición alta.
……..


C) Concellos con nivel de restrición media.
Mos
Oroso
Soutomaior
Viveiro
Xove


D) Concellos con nivel de restrición media-baixa.
Abadín
Abegondo
Agolada
Alfoz
Allariz
Ames

Amoeiro
Antas de Ulla
Aranga
Arbo
Ares
Arnoia (A)
Arteixo
Arzúa
Avión
Baiona
Baleira
Baltar
Bande
Baña (A)
Baños de Molgas
Baralla
Barbadás
Barco de Valdeorras (O)
Barreiros
Barro
Beade
Beariz
Becerreá
Begonte
Bergondo
Betanzos
Blancos (Os)
Boborás
Boiro
Bola (A)
Bolo (O)
Bóveda
Boimorto
Boqueixón
Brión
Bueu
Burela

Cabana de Bergantiños
Cabanas
Caldas de Reis
Calvos de Randín
Camariñas
Cambados
Cambre
Campo Lameiro
Cangas
Cañiza (A)
Capela (A)
Carballeda de Avia
Carballeda de Valdeorras
Carballedo
Carballiño (O)
Carballo
Cariño
Carnota
Carral
Cartelle
Castrelo de Miño
Castrelo do Val
Castro Caldelas
Castro de Rei
Castroverde
Catoira
Cedeira
Cee
Celanova
Cenlle
Cerceda
Cerdedo-Cotobade
Cerdido
Cervantes
Cervo
Chandrexa de Queixa
Chantada

Coirós
Coles
Corcubión
Corgo (O)
Coristanco
Cortegada
Coruña (A)
Cospeito
Covelo
Crecente
Cualedro
Culleredo
Cuntis
Curtis
Dodro
Dozón
Dumbría
Entrimo
Esgos
Estrada (A)
Fene
Ferrol
Fisterra
Folgoso do Courel
Fonsagrada (A)
Forcarei
Fornelos de Montes
Foz
Frades
Friol
Gondomar
Gomesende
Grove (O)
Guarda (A)
Gudiña (A)
Guitiriz
Guntín

Illa de Arousa (A)
Incio (O)
Irixo (O)
Irixoa
Lalín
Lama (A)
Láncara
Laracha (A)
Larouco
Laxe
Laza
Leiro
Lobeira
Lobios
Lourenzá
Lousame
Lugo
Maceda
Malpica de Bergantiños
Manzaneda
Mañón
Marín
Maside
Mazaricos
Meaño
Meira
Meis
Melide
Melón
Merca (A)
Mesía
Mezquita (A)
Miño
Moaña
Moeche
Mondariz-Balneario
Mondariz

Mondoñedo
Monfero
Monforte de Lemos
Montederramo
Monterrei
Monterroso
Moraña
Mugardos
Muíños
Muras
Muros
Muxía
Narón
Navia de Suarna
Neda
Negreira
Negueira de Muñiz
Neves (As)
Nigrán
Noia
Nogais (As)
Nogueira de Ramuín
Oia
Oímbra
Oleiros
Ordes
Ortigueira
Ourense
Ourol
Outeiro de Rei
Outes
Oza-Cesuras
Paderne de Allariz
Paderne
Padrenda
Padrón
Palas de Rei

Pantón
Parada de Sil
Paradela
Páramo (O)
Pastoriza (A)
Pazos de Borbén
Pedrafita do Cebreiro
Pereiro de Aguiar (O)
Peroxa (A)
Petín
Pino (O)
Piñor
Pobra de Trives (A)
Pobra do Brollón (A)
Pobra do Caramiñal (A)
Poio
Pol
Ponteareas
Ponte Caldelas
Pontecesures
Ponteceso
Pontedeume
Pontedeva
Pontenova (A)
Pontes de García Rodríguez (As)
Pontevedra
Porqueira
Porriño (O)
Portas
Porto do Son
Portomarín
Punxín
Quintela de Leirado
Quiroga
Rábade
Rairiz de Veiga
Ramirás

Redondela
Rianxo
Ribadavia
Ribadeo
Ribadumia
Ribas de Sil
Ribeira
Ribeira de Piquín
Riós
Riotorto
Rodeiro
Rois
Rosal (O)
Rúa (A)
Rubiá
Sada
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Samos
San Amaro
San Cibrao das Viñas
San Cristovo de Cea
San Sadurniño
Santiso
Sanxenxo
San Xoán de Río
Sandiás
Santa Comba
Santiago de Compostela
Sarreaus
Sarria
Saviñao (O)
Silleda
Sober
Sobrado
Somozas (As)
Taboada

Teixeira (A)
Teo
Toén
Tomiño
Toques
Tordoia
Touro
Trabada
Trasmiras
Trazo
Triacastela
Tui
Val do Dubra
Valadouro (O)
Valdoviño
Valga
Vedra
Veiga (A)
Verea
Verín
Viana do Bolo
Vicedo (O)
Vigo
Vilaboa
Vila de Cruces
Vilagarcía de Arousa
Vilalba
Vilamarín
Vilamartín de Valdeorras
Vilanova de Arousa
Vilar de Barrio
Vilar de Santos
Vilardevós
Vilariño de Conso
Vilarmaior
Vilasantar

Vimianzo
Xermade
Xinzo de Limia
Xunqueira de Ambía
Xunqueira de Espadanedo
Zas

CORRECCIÓN DE ERROS NA ORDE DO 10 DE XUÑO DE 2021

 

Advertidos erros na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 109-bis, do 10 de xuño de 2021, cómpre facer a seguinte corrección: 


Na páxina 28920, onde di:
«1. As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 12 de xuño de 2021 ata as 00.00 horas do 26 de xuño de 2021».

Debe dicir:
«1. As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 12 de xuño de 2021 ata as 00.00 horas do 26 de xuño de 2021. Non obstante, a opción de ampliación de horario ata as 1.00 horas prevista no ordinal quinto do punto segundo terá efectos desde as 23.00 horas do día 11 de xuño de 2021».

 

 

TUI

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Nivel-Restricion-Media-Baixa